Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta mapa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mapa. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de decembro de 2021

Mapa das cruces de pedra en Tabeirós-Terra de Montes

Velaquí a recollida de cruceiros feita ata o momento pola Asociación Cultural Vagalumes, da Estrada. A día de hoxe hai uns 80 xeoreferenciados. 

Este mapa forma parte do Proxecto Ouzamerxe, de recollida e posta en valor dos cruceiros da comarca. Dese a A. C. Vagalumes piden colaboración na verificación e ampliación dos datos

luns, 13 de decembro de 2021

Mapa da mitoloxía de Trasdeza

Xa había moito tempo que non engadía ningunha entrada que puidese estar etiquetada ente os mapas. Aquí un enorme traballo do ENDL do IES Pintor Colmeiro (Silleda) no que se recollen unha farta de relatos mitolóxicos: lendas de mouros e de mouras, lendas relixiosas, contos relacionados co alén ou historias máxias protagonizadas por animais, todas na comarca de Trasdeza. 

venres, 29 de xaneiro de 2016

Escritores de Tabeirós-Terra de Montes

No blogue dos ENDL da Estrada atopei este mapa que nos pode servir como exemplo do aproveitamento conxunto de diversas ferramentas tecnolóxicas.
Preséntase o recurso como un percorrido polos autores da comarca de Tabeirós-Terra de Montes. Así atopamos referencias de Manuel García Barros, Marcial Valladares,  pero tamén de autores como Daniel Varela Buxán, quen volvera no 1950 á súa terra natal despois dunha longa estancia na Arxentina. Tamén atopamos a persoas como Xosé Neira Vilas ou Roberto Blanco Torres, que aínda non sendo da comarca, stricto sensu, tampouco son alleos.  Fermín Bouza Brei, por exemplo é natural de Ponteareas, pero fora xuiz na Estrada, onde realizou un labor moi importante salvándolle a vida a moitos represaliados da Guerra Civil. Caso semellante é o de Castelao, quen sendo de Rianxo veu casar á Estrada. Tamén hai unha refencia ao agrarismo na Estrada.
O recurso ofrécenos unha breve nota de cada un dos escritores, pero ademais faise uso do dropbox onde se almancenan relatos biográficos de todos os personaxes. Unha forma orixinal de combinar os recursos tecnolóxicos para crear unha ferramenta didáctica, dinámica e orixinal.





xoves, 28 de agosto de 2014

Segundas linguas

Dun chío de Manuel Bragado saquei esta infografía das segundas linguas dos estados do mundo. Era obrigatorio deixar constancia aquí.



Please include attribution to movehub.com with this graphic.

Global Second Languages

sábado, 25 de xaneiro de 2014

Palabras sobre Europa

Grazas a unha anotación de Xano Cebreiro sei deste mapa interactivo que, introducindo unha palabra en inglés nos ofrece a tradución a diversas linguas europeas sobre un mapa.
Tal e como se pode comprobar eu fixen unha proba coa primeira palabra que me pasou pola cabeza.
Segundo o portal Vilaweb a ferramenta móstranos é un bo recurso para detectar as diferencias léxicas e as familias lingüísticas do continente.
Cómpre ter en conta que as traducións realízanse mediante Google Translate, polo que hai moitas linguas que non aparecen na aplicación.

mércores, 10 de abril de 2013

The Word Atlas of Language Structures


Por medio dun chío de Xurxo Mariño temos a noticia da existencia dunha nova ferramenta de estudo e coñecemento das linguas. Trátase do WALS (The World Atlas of Language Structures), unha gran base de datos fundamentada no estudo da fonoloxía, a gramática e o léxico das linguas realizado por un grupo de 55 especialistas nestas materias.
Ademáis da información técnica, o web permítenos facer búsquedas de linguas polo seu nome, pero tamén as temos clasificadas ao estilo de Linneo en familias ou xéneros. Así podemos xenerar unha gran variedade de mapas, en función do grupo de linguas ou das características das mesmas que nos interesen.
 No mapa que presentamos aquí como exemplo aparecen as linguas de Europa da familia indoeuropea. Dentro desta familia atopamos varios xéneros: albanesas, bálticas , célticas, xermánicas, eslavas,....e por suposto, romances.

venres, 5 de outubro de 2012

Mapa peninsular da poboación castelán-falante


No web iberolingua podemos atopar este e outrs moitos mapas sobre a distribución de linguas na península.En Galicia podemos observar algunhas manchas escuras correspondentes cun maior uso do castelán precisamente nas áreas arredor das cidades. A maior parte de Galicia está marcada coa cor correspondente a un uso do castelán inferior ao 30% segundo o código de cores:

Tamén se evidencian as diferenzas entre os territorios das comunidades autónomas e os correspondentes ao predominio dunha lingua distinta do castelán.

mércores, 27 de xuño de 2012

Mapas de linguas e dialectos. A península ibérica


Neste web dispoñemos de diversos mapas lingüísticos do mundo. Un pequeno recorte dun deles móstranos as linguas e variedades dialectais da península ibérica. Pero tamén podemos consultar mapas de todos os continentes.
Vía cousas d'opaco

domingo, 27 de maio de 2012

A fractura social xenerada pola lingua. O caso ucraíno.



Un  feo espectáculo, cos deputados batendo uns noutros,  produciuse no parlamento ucraíno o pasado xoves. O xérmolo deste suceso é a tramitación dun proxecto de lei que establecería a oficialidade do ruso en varias rexións de Ucrania. Os opositores, que iniciaron a pelexa parlamentar, acusan ao presidente Yanukovic de querer fracturar a sociedade ucraína. Argumentan que queren preservar a independencia cultural e política da Ucrania a respecto dos veciños rusos. Os deputados do partido opositor levaban unha bandeira na que se podía ler o lema "Destruir a lingua é destruir a patria"
 Ao día seguinte producíase unha manifestación ás portas do parlamento contra a proposta presidencial de oficialización do ruso en Ucraína. O argumento dos manifestantes, segundo  euronews, é que no caso de prosperar deixarase de considerar ao ucraíno como lingua útil, non terán que estudalo, non o precisarán en ningún momento e desaparecerá de todas as esferas.
A lingua ucraína estivo sometida ao ruso durante os dous últimos séculos, ata a independencia de Ucraína no 1991. Durante a era soviética os falantes de ucraíno diminuíron significativamente.
Segundo o censo do 2001 o 67,5% declarou que a súa lingua era o ucraíno frente a un 29,6% que o fixeron co ruso.
Podemos ver nestes mapas, tirados da wikipedia, que a poboación que usa o ucraíno é maioría no norte, leste e centro do país. O ruso é lingua marioritaria franxa surleste do país. O conflito está servido e de certo que non terá unha solución simple.
Velaí un caso dunha nación de seu desde hai 20 anos, que parece que tomou medidas de dignificación da lingua propia neste tempo, pero que acubilla un enfrentamento moi enquistado e ao que aparentemente non se enxerga unha solución para o futuro.
Non podo deixar de pensar no caso galego. Aquí ensínasenos a desprezar a lingua propia, invítasenos de mil formas a abandonala, aprendemos social e insititucionalmente toda unha restra de prexuízos lingüísticos. O galego foi obxecto de continuadas persecucións e prohibicións  durante o último século. Actualmente fica pechado por mil cancelas e obstáculos.
Cómpre reverter a situación actual, de ataque e restricción sistemática o antes posible. E aínda así, aínda que de súpeto o ambiente se volvera favorable á normalización do galego, eu pregúntome: canto nos queda aínda por avanzar para chegar a unha situación comparable á de Ucraína?