Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Marga Romero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marga Romero. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de novembro de 2015

"Memorias dun neno labrego" Entrevista a Xosé Neira Vilas



No  Diario Cultural da Radio Galega montaron un monográfico de urxencia que pon en evidencia a necesidade de medios de comunicación públicos que ofrezan programas de calidade. A TVG estivo espilida creando unha canle temática sobre Neira Vilas ao pouco de enterármonos do seu facecemento. Pero non todo son parabéns. Desafortunadamente os contidos desta canle non están á altura da figura do escritor falecido. Non vemos máis que as novas dos últimos días e algunha que outra aparición de Neira Vilas nos informativos por cuestións realmente prescindibles. Porén, programas monográficos adicados á súa obra ou a unha biografía reveladora da opresión e o exilio sofrido pola lingua e a cultura galegas, ulos? Nos últimos 21 anos, os que pasaron desde a súa volta desde Cuba, tivo que haber unha boa mostra de programas e entrevistas centrados no autor do gran best seller galego. Non entendo a razón de que nesa canle no recolleran, por exemplo, este capítulo do programa Galegos.
Ao consultarmos o portal da Fundación Neira Vilas, o panorama non pode ser máis pesimista. Pregúntome en que mans está xa que a impresión é de completo abandono: nin tan siquera ten habilidada unha mínima biografía do escritor.
Mágoa que para facermos referencia a un audiovisual de calidade centrado en Neira Vilas, nun recurso que poida ser utilizado nas aulas, teñamos que botar man dun vídeo dunha entrevista realizada sen máis infraestrutura que unha cámara de vídeo e un editor de vídeo baixado da rede. O peso da entrevista, realizada no 2011, é obra der Marga do Val e a realización Xoán Carlos Garrido. Paga a pena velo. Ademais está cheo de momentos moi aproveitables nas aulas de lingua e literatura galega.

sábado, 22 de novembro de 2014

A Esmorga

por Marga do Val no Sermos Galiza:

Non podo ver aínda o filme e desexos non me falta. A novela é unha desas marabillas da escrita que vai medrando connosco. Xa pasara a metade da década dos oitenta, xa estabamos preparándonos para nos botar ao mundo como profesores e profesoras de lingua e literatura galega, cando o compañeiro Millán Otero nos descubriu a historia da navalla e mudou para sempre a nosa lectura sobre A Esmorga. Aquel artigo de Millán Otero publicado no semanario A Nosa Terra, leuse moito, pegouse nas paredes da vella facultade en Mazarelos. Unha lectura inteleixente que nos mudou a obra. Non sei que vai acontecer coa navalla na fita(?) Non sei como se tratarán as personaxes femininas (?) Esas personaxes con tanta fondura detrás das imaxes que Blanco Amor constrúe. Para min as mulleres na Esmorga son fundamentais, descobren e encobren a violencia do patriarcado, descobren e encobren a violencia de xénero. Sobreviven ou morren. Son vítimas do sistema e Blanco Amor logrou facer esa denuncia.

xoves, 13 de outubro de 2011

'Memorias dun neno labrego'. Entrevista a Neira Vilas no 50 aniversario

Pode parecervos un vídeo moi longo, pero segundo me comentan,  non é máis que unha escolma das innumerables horas de conversas que os autores do mesmo mantiveron con Xosé Neira Vilas na súa casa de Gres, no concello de Vila de Cruces. Neste caso trátase das reflexións que o autor realiza arredor dese best-seller da literatura galega: 'Memorias dun neno labrego.


"Memorias dun neno labrego". Entrevista a Xosé Neira Vilas no 50 cabodano da súa obra from cig-ensino on Vimeo.

luns, 4 de xullo de 2011

Presentación de Sermos Galiza


Os promotores do Grupo de Comunicación Sermos Galicia, unha iniciativa con vocación de se converter no referente da información en galego, son: Francisco Carballo, historiador, Manuel Mera, sindicalista e presidente da Fundación Fesga, Manuel Vilar, investigador na Historia da Arte e o Patrimonio, , María Reimondez, escritora e presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, Marica Campo, profesora e escritora, Nemesio Barxa, avogado, Néstor Rego, profesor e presidente da Asociación Cultural O Galo, Olalla Rodil, estudante da Universidade de Vigo, Xurxo Souto, músico,  Xosé Lois 'O Carrabouxo', humorista gráfico, Teresa Moure, escritora e Profesora da Universidade de Santiago, Xosé Ramón Freixeiro Mato,  profesor da Universidade da Coruña, e Marga Romero, escritora e profesora . Falan os tres últimos sobre o proxecto:

venres, 9 de xullo de 2010

Rigor e lucidez. Contra os prexuízos do autoodio.

Vía: O blog do Carlos Callón, enterámonos da reseña que fai Marga Romero do libro En castellano no hay problema
por Marga Romero, escritora, no suplemento de cultura do  Faro de Vigo:
Produto do combate cívico en defensa da normalización da lingua, a escrita volve exercer de transmisora de argumentos razoados contra os prexuízos do autoodio. Mostras de tal loita vén ser o volume que hoxe lles recomendo, asinado por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. O título En castellano no hay problema é o nome escollido por votación no blog persoal do autor e reúne unha selección de artigos publicados en diferentes medios que abranguen as datas de setembro de 1997 a xaneiro de 2010. Entre ambas, ofrece o autor unha radiografía “descarnada mais non catastrofista”, unha crónica da situación lingüístistica de Galicia, da desacertada e negativa política lingüística e da contestación da cidadanía. Entre unha e outra data, reflexións das dúas últimas lexistalturas de Manuel Fraga, como a importancia de exhibicións de filmes en lingua galega ou sobre o abandono do galego polo Centro Dramático Galego, a necesidade de chegarmos a “Un Acordo Nacional sobre a Lingua” ou as cartas abertas a Emilio Pérez Touriño e a Francisco Vázquez, que nos refresacan a memoria da política lingüística exercida desde o PSOE; análises máis demoradas da época do bipartito dedícanselle ao galego no ensino, á edición, á falacia da imposición lingüística, á razón desde o Consello de Europa e á ignorancia de G. Steiner, tan ben concretizados en “Adiantos, continuísmos e algúns retrocesos. Repaso a uña de cabalo á política lingüística nesta lexislatura”.
Desde a razón e o rigor, con ironía, sen dramatismos, recóllense os mellores argumentos para desbotar a “demagoxia” e o “disparate” que caracterizan a lexislatura de Feijóo, argumentos para ir en contra do novo “decretazo” que atenta contra o Estatuto de Autonomía ou a Carta Europea das Linguas Rexionais, a demostración das dificultades do galego na xustiza ou na administración e achégase a análise real dos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (2009) que se enfronta interpretación da “narcosociolingüística” (H. Monteagudo). As solucións son as legais e están no Plan Xeral de Normalización do Galego de 2004. Unha aposta pola mellora cuantitativa e culitativa da lingua que nos descobre a lúcidez de Carlos Callón.

martes, 23 de marzo de 2010

O Anxo Exterminador e o Xan das Bolas

por Marga Romero, escritora, na Nosa Terra

Un meu amigo alemán deses que dominan varias linguas, entre elas o galego, a primeira da Península que aprendeu e que lle abriu as portas do portugués, do español e do catalán, que lle axudaron co italiano. Pois este amigo, que segue os vieiros que sobre Galiza chegan pola rede, dime perplexo, diante das manobras dun sociolingüista aducido e dos, por moito que lle pesen, disques dun experto diplomático: isto semella unha historia de Monty Python. Algo diso hai. Os dous un pouquiño coma Brian, merliños brancos, que reciben os presentes dos Reis Magos, nunha simple confusión ou nunha falsa ilusión. Quen pensaba que podía ser peor? O certo é que mentres agardamos a súa crucifixión, os xerentes da empresa privatizada “Galicia, buey de paja”, rematan coa lingua, coa cultura, coa sanidade pública con todo. Porque o Anxo Exterminador pasou de profesor de sociolingüística, coma proban os seus apuntamentos que se poden conseguir na Universidade de Vigo, a eliminador da palabra “normalización” e colaborador dos extraterrestres. Non aprendeu nada en Catalunya. Porque o diplomático demostra que hai xente que vai polo mundo para usar maleta e di e non sabe o que di, porque non sabe onde está Sobrado dos Monxes nin escoller colaboradores que atinen nos discursos, porque no fondo non é máis ca un personaxe de Xan das Bolas. O Exterminador mente con premeditación e gustaríalle queimar os seus apuntamentos. O novo Xan das Bolas mente coma un neno cachado nas patacas na Quinta Avenida e pide perdón por mentir sen intención. Hai que botalos.