O 21 de xaneiro foi declarado como Día internacional das linguas maternas. No Bierzo ocidental hai unha comunidade galegofalante. A orixe deste idioma está na Idade Media. Non sen dificultades ten chegado o galego até hoxe coa fala popular, toponimia, literatura oral, etc.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Lingua Materna b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Lingua Materna b>. Amosar todas as publicacións
venres, 28 de febreiro de 2020
Día internacional da lingua materna
por Xabier Lago Mestre en Praza Pública:
luns, 25 de febreiro de 2019
Lingua molona
No CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) argallaron esta pasada semana unha impresionante xornada na que celebraron conxuntamente o Día Internacional da Lingua Materna e o Día de Rosalía. O alumnado de 4º da ESO elaborou un panel cunha xanela que garda a silueta de Rosalía de Castro. Con este fondo foron colgando camisetas elaboradas polos distintos grupos e o punto culminante foi a proxección deste esplendoroso vídeo.
Eu non dou enxergado como se poden enxeñar marabillas coma esta.
sábado, 23 de febreiro de 2019
7 linguas e máis o galego, as do IES nº 1 de Ribeira
Estes 7 rapaces que explican cal é a súa lingua materna, pero que tamén falan en galego son do IES nº 1 de Ribeira. Eles deben saber que viven nun concello que insulta acotío á nosa lingua españolizando por todas partes o nome do concello, en contra de toda lei e do mínimo respecto á nosa tradición e ao coñecemento filolóxico.
Tamén é moi triste o papel que xoga a Consellería de Educación en todo este tema. Hai algún plan para o acollemento de estranxeiros? Ou quizais o único plan sexa o que prevé a exención da lingua galega, a única materia para a que se considera incapacitados aos que veñen de fóra. Teño visto en primeira persoa rapaces chegados de Portugal, e que fican dispensados na materia que está en mellor disposición de contribuir á súa integración.
No vídeo comprobamos que temos o alumnado estranxeiro, que tamén está o profesorado implicado no acollemento na nosa lingua, e os compañeiros deses rapaces que, de certo, serán o mellor acompañamento lingüístico. Porén o que non temos é a Administración que se una a este labor. Máis ben está do outro lado, do da exclusión e da negación da lingua de noso. Alguén dubidará aínda que estamos gobernados por un grupo de radicais?
Vía ProLingua
venres, 22 de febreiro de 2019
Día Internacional da Lingua Materna
A Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial (MHOUK) da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), co apoio da Fundación AZKUE, creou esta animación dixital para o Dia Internacional da Lingua materna e para lemvrar que o 2019 é o Ano Mundial das Linguas Indíxenas.
xoves, 21 de febreiro de 2019
Comunicado Internacional polo Día da Lingua Materna 2019
Declaración da ONU polo Día da Lingua Materna 2019, por primeira vez, en galego:
Día Internacional da Lingua Materna
A lingua, para moitas persoas, é un dos principais marcadores do centro da súa identidade, e a súa dimensión é un trazo humano único que se debe asumir e celebrar, de acordo cun experto en dereitos humanos da ONU.
«É unha ligazón esencial co noso pasado, o vínculo principal das nosas culturas, e a ferramenta básica para comunicármonos e compartir coñecementos, lembranzas e historia», dixo Fernand de Varennes, un experto en dereitos humanos da ONU a respecto dos dereitos humanos das minorías, nunha declaración para marcar o Día Internacional da Lingua Materna do 21 de febreiro tamén en 2019 como Día Internacional das Linguas Indíxenas da ONU.
O Relator Especial indicou que os «problemas lingüísticos, con frecuencia, implican importantes dereitos humanos que afectan tanto a minorías como a pobos indíxenas alén dos temas puramente lingüísticos e culturais». Indicou que o idioma tamén é poder, e a ausencia de formación nas linguas minoritarias e indíxenas ou o seu uso por parte das autoridades estatais ten sido un factor activo na súa exclusión e incluso no seu menosprezo.
«Como parte da celebración da riqueza e beleza do tecido lingüístico mundial, é imprescindíbel apartármonos da ideoloxía de que as sociedades e estados deben ter só unha lingua e excluíren todas as demais, cando isto entra en conflito cos dereitos lingüísticos das minorías e dos pobos indíxenas. Polo tanto, o Día Internacional da Lingua Materna é unha oportunidade para promover e celebrar a diversidade lingüística e cultural, e para recoñecer e protexer os dereitos humanos das minorías e pobos indíxenas en relación coas linguas».
A lingua e a educación tamén centrarán o Foro das Nacións Unidas sobre Cuestións das Minorías de 2019, e próximos foros locais organizados baixo o mandato do Relator Especial da ONU Fernand de Varennes.
FIN
O Dr. Fernand de Varennes, Relator Especial da ONU para cuestións das minorías, é Profesor Extraordinario na Facultade de Dereito da Universidade de Pretoria, en Suráfrica, Profesor Visitante Cheng Yu Tung da Facultade de Dereito da Universidade de Hong Kong e Profesor Visitante do Centro Irlandés dos Dereitos Humanos na Universidade Nacional de Irlanda-Galway. É un dos principais expertos mundiais sobre os dereitos das minorías no dereito internacional, con máis de 200 publicacións nunhas 30 linguas.
Os Relatores Especiais forman parte do que se coñecen como Procedementos Especiais do Consello de Dereitos Humanos. Os Procedementos Especiais, o maior organismo de expertos independentes do sistema de Dereitos Humanos da ONU, e o nome xeral dos mecanismos independentes do Consello sobre investigación e seguimento que atenden a situacións específicas de países ou problemas temáticos en calquera parte do mundo. Os expertos de Procedementos Especiais traballan de xeito voluntario; non son persoal da ONU nin cobran un soldo polo seu traballo. Son independentes de calquera goberno ou organización e traballan a título individual.
Para obter máis información ou para solicitudes da prensa, póñase en contacto con: Mr. Damianos Serefidis (+41 79 500 0032; dserefidis@ohchr.org). Para obter máis información sobre as súas competencias, por favor consulte www.ohchr.org/en/issues/minorities/srminorities/
mércores, 21 de febreiro de 2018
O Día da Lingua Materna explicado desde Rianxo
O ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo) elaborou este vídeo para explicar en que consiste a celebración do Día Internacional da Lingua Materna que ten lugar todos os 21 de febreiro.
sábado, 5 de setembro de 2015
Galicia do outro lado do espello (I)
Esta é a primeira parte dun artigo no Sermos Galiza:
-Cando eu emprego unha palabra -declarou Humpty Dumpty cun ton de voz máis ben desdeñoso- quere dicir exactamente o que eu quero dicir..., nin máis nin menos.
- A cuestión -insistiu Alicia- é se podes facer que as palabras signifiquen tantas cousas diferentes.
- A cuestión - concluíu Humpty Dumpty - é saber quen é o que manda..., iso é todo.
Alicia do outro lado do espello, Lewis Carroll
A política lingüística do PP, que é practicamente toda a desenvolvida polo goberno galego desde a súa constitución, pasa por negar a existencia dun conflito lingüístico. Isto implica inmediatamente a aceptación dun diferente status para as dúas linguas. Asúmese acríticamente que a lingua A é a que debe ter todos os dereitos, proteccións e privilexios. Será ademais a lingua que estea presente en todas partes. Pola contra acéptase que sobre lingua B caian toda clase de limitacións e reducións. De se visibilizar esta lingua minorizada publicamente terá que facelo, en todo caso, acompañada da súa irmá maior, a lingua A. As institucións non presentan a negación do conflito tal e como se explica no parágrafo anterior. O normal é que se faga mediante relatos que, como espellos deformantes, manipulan a verdade. Estes relatos gardan sempre como ensinanza un prexuízo e ben sabemos que os prexuízos só serven para xustificar o cambio de lingua.Un relato típico podería ser pouco máis ou menos como o seguinte:
venres, 21 de febreiro de 2014
A lingua materna segundo a Unesco
Hoxe, 21 de febreiro, celébrase por iniciativa da Unesco o Día da Lingua Materna. Van de seguido algunhas aclaracións extraídas da fonte limpa: directamente de notas da Unesco. Nelas poderemos comprobar que esta institución invita a que as linguas minorizadas como a nosa sexan e referentes nos libros de texto, na transmisión do saber científico, na educación infantil ou nas novas tecnoloxías. Non sería mal exercicio repasar a política lingüística da Xunta e comprobar, punto por punto, como o galego está sendo atacado en todos e cada un destes aspectos.
A SXPL na súa habitual volveu a sacar o santo da confusión en procesión. Botou na rede unha páxina con catro ligazóns e sen arrubiarse nin o máis mínimo declara que
No meu centro fixemos un tríptico para aclarar un pouco todas estas ideas que desde as oficinas da Xunta pretenden escurecer. Copio e pego o contido do tríptico:
O concepto de lingua materna
Todos temos a idea de que a lingua materna é a das primeiras palabras ou a da expresión do pensamento. Pero nunha situación como a nosa, na que hai varias linguas en contacto o concepto lingua materna pode levar a confusión. Moitas veces úsase interesadamente como sinónimo da lingua de cada individuo en particular, no canto de facer referencia a un fenómeno da comunidade. Teñamos en conta que as linguas son construcións sociais.
O Día da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco e celébrase o 21 de febreiro desde o ano 2000. Cando falamos de lingua materna, segundo a Unesco, estámonos a referir a unha lingua minorizada, normalmente con dificultades para a súa implantación social, e con desventaxas respecto doutra lingua estatal. En Galicia sería o galego quen podería cualificarse como lingua materna.
Cada ano a Unesco fai unha declaración co fin de poñer o foco nos problemas que padecen moitas linguas e promover a aplicación de políticas e estratexias que favorezan a diversidade lingüística. Así, cada 21 de febreiro chéganos unha mensaxe de Irina Bokova Directora Xeral da Unesco, destacando cada ano un tema que fai referencia a unha cuestión na que incidir na protección e o fomento das linguas maternas ou linguas con risco de exclusión. Na edición deste ano o tema a tratar é o das "linguas locais para a cidadanía
mundial: a ciencia en primeiro plano". Velaquí un extracto da declaración asinada por Irina Bokova:
Declaracións de anos anteriores:
No ano 2013 a xornada centrouse especialmente no tema do libro escolar:
No 2011 o tema central referíase ao uso das tecnoloxías para a promoción das linguas minorizadas
Ano 2012: A Unesco recomenda o ensino infantil nas linguas locais
“O galego, "varrido" do 95% do ensino infantil nas cidades” (10/10/2012) en Praza Pública
Ano 2013: A Unesco promove o libro escolar nas linguas locais
“Substituír os libros en galego custará seis millóns de euros” (25/08/2010) no Xornal
Ano 2014: A Unesco recomenda o ensino das ciencias nas linguas propias
“Matemáticas, sólo en castellano durantePrimaria y Secundaria” (26/05/2010) en El Correo Gallego
A SXPL na súa habitual volveu a sacar o santo da confusión en procesión. Botou na rede unha páxina con catro ligazóns e sen arrubiarse nin o máis mínimo declara que
todas as linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica.Nótese o coidado da redacción: o galego serve para a investigación e a divulgación, pero non para a escola, non para a transmisión. Precisamente o punto no que ten realmente importancia a política lingüística é o que se desbota. A razón?: a petición da Directora Xeral da Unesco, de antepoñerse ao prexuízo de non usar a lingua propia na transmisión do saber científico vai contra o corazón do decreto para o plurilingüismo que defende a Xunta.
No meu centro fixemos un tríptico para aclarar un pouco todas estas ideas que desde as oficinas da Xunta pretenden escurecer. Copio e pego o contido do tríptico:
O concepto de lingua materna
Todos temos a idea de que a lingua materna é a das primeiras palabras ou a da expresión do pensamento. Pero nunha situación como a nosa, na que hai varias linguas en contacto o concepto lingua materna pode levar a confusión. Moitas veces úsase interesadamente como sinónimo da lingua de cada individuo en particular, no canto de facer referencia a un fenómeno da comunidade. Teñamos en conta que as linguas son construcións sociais.
O Día da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco e celébrase o 21 de febreiro desde o ano 2000. Cando falamos de lingua materna, segundo a Unesco, estámonos a referir a unha lingua minorizada, normalmente con dificultades para a súa implantación social, e con desventaxas respecto doutra lingua estatal. En Galicia sería o galego quen podería cualificarse como lingua materna.
Cada ano a Unesco fai unha declaración co fin de poñer o foco nos problemas que padecen moitas linguas e promover a aplicación de políticas e estratexias que favorezan a diversidade lingüística. Así, cada 21 de febreiro chéganos unha mensaxe de Irina Bokova Directora Xeral da Unesco, destacando cada ano un tema que fai referencia a unha cuestión na que incidir na protección e o fomento das linguas maternas ou linguas con risco de exclusión. Na edición deste ano o tema a tratar é o das "linguas locais para a cidadanía
mundial: a ciencia en primeiro plano". Velaquí un extracto da declaración asinada por Irina Bokova:
Contrariamente á crenza común, as linguas locais son totalmente capaces de transmitir asmaterias científicas máis modernas, as matemáticas, a física e a tecnoloxía. Recoñecer esas linguas supón tamén abrir a porta a múltiples saberes tradicionais científicos a miúdo ignorados e enriquecer os nosos coñecementos.As linguas locais constitúen a maior parte das linguas que se falan no noso planeta no ámbito científico. Son tamén as máis ameazadas. Coa exclusión das linguas, os seus falantes vense privados do seu dereito humano fundamental ao coñecemento científico.
Declaracións de anos anteriores:
No ano 2013 a xornada centrouse especialmente no tema do libro escolar:
Nalgúns países, a falta de libros e manuais escolares escritos nas linguas locais constitúe un obstáculo para o desenvolvemento e a inclusión social. É tamén de feito unha privación elemental do dereito á liberdade de expresión. As ferramentas dixitais permiten en ocasións suplir esta carencia, pero non bastan, e debemos facer todo o posible para garantir unha difusión máis equitativa dos materiais e os libros que todas as persoas, sobre todo os nenos, poderán ler na lingua que elixan, incluída a súa lingua materna.O ano 2012 estivo adicado ao emprego das linguas locais na educación infantil:
As linguas maternas das poboacións excluídas, como os pobos indíxenas, quedan a miúdo ignoradas polos sistemas educativos. Permitíndolles aprender, desde a máis tenra idade, na súa lingua materna e logo noutros idiomas, nacionais, oficiais ou outros, promóvese a igualdade e a inclusión social.
No 2011 o tema central referíase ao uso das tecnoloxías para a promoción das linguas minorizadas
As tecnoloxías da información e a comunicación poden resultar especialmente útiles para fomentar as linguas maternas. Debemos aproveitar o poder do progreso para protexer as distintas visións do mundo e promover todas as fontes de coñecemento e as formas de expresión. Estes son as fíos con que se tece a historia da humanidade. A innovación, a flexibilidade e a interacción social que constitúen a cerna das novas tecnoloxías da información e a comunicación poden contribuír ao logro destas metas. Neste Día Internacional da Lingua Materna comprometámonos a obrar consonte este sentido.
Ano 2012: A Unesco recomenda o ensino infantil nas linguas locais
“O galego, "varrido" do 95% do ensino infantil nas cidades” (10/10/2012) en Praza Pública
Ano 2013: A Unesco promove o libro escolar nas linguas locais
“Substituír os libros en galego custará seis millóns de euros” (25/08/2010) no Xornal
Ano 2014: A Unesco recomenda o ensino das ciencias nas linguas propias
“Matemáticas, sólo en castellano durantePrimaria y Secundaria” (26/05/2010) en El Correo Gallego
xoves, 20 de febreiro de 2014
Unha lingua para a crianza: o mellor que temos para quen máis queremos
Fun adiando o de facer referencia a esta fiestra audiovisual cargada de cariño polo noso. Pero despois de botarlle un ollo á manipulación con que nos agrede, unha vez máis, a Secretaría Xeral de Política Lingüística intentando lavar unhas mans manchadas co sangue da lingua galega, queréndonos facer ver que recolle as recomendacións da Unesco para que os estados non maltraten as linguas minorizadas. No ano 2012 Irina Bokova, a directora xeral da Unesco, recomendaba que as linguas locais fosen preferentes no ensino infantil. A política lingüística aplicada pola Xunta destas últimas dúas lexislaturas eliminou precisamente o galego das aulas de infantil.
E logo, é que non pode haber outra política? Este vídeo é a resposta. Foi gravado no Obradoiro de nanas, en novembro de 2013, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Carballo:
Transmitírmoslles o mellor que temos a quen máis queremos...
...o noso afecto, o noso cariño, o noso idioma, o noso...
Que mellor vínculo se pode ir creando?
Canción do vídeo: "A bicos", do disco Arrolos de Salitre, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, na voz de Fani Otero
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

