Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ignacio López-Chaves. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ignacio López-Chaves. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de abril de 2010

O mundo ao revés

Ignacio López-Cháves distínguese por ser un dos maiores zunantes do reino. Nunca emprega o galego, e arma unhas leas tremendas cando alguén pon isto en evidencia.
Como a a súa actitude non ten xustificación non lle queda outra que revirar o mundo e poñer o dereito do revés. Sempre intenta identificar galego con imposición e castelán con libertade. Curioso.

Do Xornal de Galicia:

Ignacio López-Chaves acusou eno día de onte (27/4/2010) ao BNG de "coaccionar" e "impedir dereitos lingüísticos" aos galegos durante a súa etapa no Goberno da Xunta. No marco dunha intervención na que o conservador empregou en todo momento a lingua castelá para posicionar ao seu grupo a respecto dunha proposta nacionalista de Lei de Bibliotecas, López-Chaves asegurou que dende o cambio de Goberno "en Galicia hai máis luz" porque agora "hai máis PP".

Neste contexto, López-Chaves rexeitou apoiar a proposición de lei dos nacionalistas xustificándose no feito de que as bibliotecas "implican liberdade para pensar ou para falar nunha ou noutra lingua". "Por iso -afirmou- sería unha contradición que a lei viñese de mans do BNG, porque as bibliotecas implican liberdade".

Curioso que o único parlamento do mundo no que se pode empregar o galego sexa precisamente no que López-Chaves ten o seu escano. Curioso que el empregue exclusivamente o castelán, cando sabe que hai moitos outros parlamentos nos que se pode facer, como no de Cantabria ou no de Arxentina. Curioso que el mesmo votara hai un par de meses unha resolución na que se instaba a que os cargos da Xunta, no desenvolvemento das súas funcións públicas, empregaran o galego.

Curioso que López-Chaves sexa o responsable de cultura do PP.

mércores, 24 de febreiro de 2010

5 dias falando galego

Nin tan siquera Deus dou feito o mundo en tan pouco tempo.
5 dias, iso foi o que durou a iniciativa do BNG sobre o uso (non a promoción) oral e escrito do idioma galego por parte dos cargos públicos da Xunta. Polo menos ata que nos enteráramos tan claramente como hoxe: López-Chaves incumpre o acordo dos grupos e volve falar castelán no Parlamento.

López-Chaves foi concelleiro de Vigo, cidade no que foi responsable da área de Normalización Lingüística (!) do PP. É moi coñecido polas súas polémica petición nese concello da anulación da ordenanza municipal na que se establece que o galego é a lingua da administración local de Vigo. Tamé foi protagonista de varias polémicas no Parlamento con Bieito Lobeira, ao non aceptar a denominación "Galiza" (por certo, perfectamente válida segundo a RAG)

Pero a cousa non remata aquí, aberta a veda...
O BNG sae do pleno da Cámara ante a intervención en castelán de Pedro Arias
O BNG abandona o hemiciclo durante a intervención de Pedro Arias en castelán
Quen é Pedro Arias? Pois o número dous do PP pola provincia da Coruña, un economista que escribe habitualmente nese medio chamado La Voz de Galicia. Estivo afiliado no Partido Comunista, foi concelleiro do PSOE na Coruña... e tamén é o señor moreno que está en porranchos na foto do lado, cando pertencía ao grupo nudista "Tetiñas Free". Xa daquela se lle daba polo plurilingüismo.

Mirando a foto xa comenzo a entender todo isto. O do plurilingüismo, digo.

Foto: diario Público