A TVG pode gabarse de ter un dos mellores portais web do mundo da televisión. Buscar novas, programas ou recursos é doado e hai unha gran cantidade de material que pode usarse como recurso educativo. Agora a CRTVG está a probar o que pode ser o seu novo escaparate na rede e todo indica que o van mellorar áinda máis. Como exemplo do que nos aporta a renovada face da radio e a televisión galegas, presento deixo por estes lugares o vídeo dunha entrevista que Xosé Ramón Gayoso lle fixo a Lois Pereiro para o programa "Corazonada" no ano 1989, extraído dunha longa escolma de programas sobre o poeta que se pode consultar aquí.
E moito máis:
"Conversa ultramarina", libro recomendado de Lois Pereiro
Homenaxe a Lois Pereiro, no programa Esto é noticia
Iniciativa para recuperar a figura do poeta Lois Pereiro, do programa Miraxes
Lois Pereiro entrevistado por Gayoso, no programa Corazonada (1989)
Lois Pereiro no programa Cousas da lingua
Entrevista a Marcos Calveiro, presentando "Lois Pereiro, náufrago do paraíso"
Recital a Lois Pereiro no día da poesía, no programa Zigzag
Semblanza de Lois Pereiro, no programa Eirado
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Marcos Calveiro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marcos Calveiro b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 19 de maio de 2011
sábado, 3 de xullo de 2010
Fóra as vosas sucias mans de Lois Pereiro!
Velaí vai o segundo post de Alfaias, por Marcos Calveiro:
Seica hai moitos que seguen a pensar que un país se pode construír dende a cómoda cadeira dun departamento universitario e que a esperanza se agocha baixo unha mesa-camilla. ESES, que se autocualifican como os verdadeiros gardiáns das nosas esencias, os únicos expendedores de pedigree galego, pontifican que o futuro dunha lingua reside no mofo que cubre a pedra vedraña dun panteón de ilustres ósos. ESES que cren que só eles teñen o dereito a escoller o cadáver que ano tras anos exhumamos e paseamos en santo cortexo por todo país. ESES que só nos deixarán como herdo o canón intocable dos ortodoxos, o dogma de fe dos puros de sangue, xa que serán soterrados coas súas miserias e os seus prexuízos.
Pois ben, ESES, seica andan moi indignados coa escolla de Lois Pereiro. Que NÓS, os neofalantes, non temos dereito a apropiarnos do seu día, dun dos seus poeirentos símbolos. Por que NÓS, os que escribimos arreo en galego, os que aprendemos o galego nas escolas, os que cantamos e recitamos nos bares en galego, os que facemos filmes en galego e os paseamos polo mundo, os que tuitemaos e nos socializamos en galego nunha infinda arañeira, somos uns conversos, o noso sangue é impuro. Porque NÓS, que non mamamos dos tetos do seu ideario reseso construído cos refugos do seu fracaso, estamos infectado polo virus da heterodoxia, da marxinación e da mestizaxe.
Así que escoitade ben, só o vou dicir unha vez, fóra as vosas sucias mans de Lois Pereiro. É noso, perténcenos, gañámolo día a día, coa nosa escolla, coa nosa loita e coa nosa suor. E non é unha ameaza, é a realidade. Abride paso e facédevos a un lado, o voso tempo rematou xa. Noso é o futuro. Dos neofalantes, dos heterodoxos, dos marxinados, dos mestizos.
(O debuxo de Lois é obra doutro heterodoxo, Chichi Campos, e foi publicado o 10 de outubro de 1984, ANT nº 255)
O galego é sexy e punki
mediante Imos Indo atopamos un par de post do blogue Alfaias, de Marcos Calveiro:
Supoño que a presenza de Rivas como académico e de Ferrín como presidente da RAG, así como a situación de emerxencia da nosa lingua, foi a determinante na escolla de Lois Pereiro para a homenaxe do Día das Letras do 2011 (aquí xa reivindicada de vello). Despois do belixerante informe da RAG contra o decreto do galego non había outra. O camiño xa fora marcado por Uxío Novoneyra este ano e había que seguir nesa andaina. Aqueles que nos negan e que nos atacan teríano moi sinxelo se unha vez máis se lle dedicaba o día grande da nosa lingua a outro deses cadáveres decimonónicos que adoitamos rescatar ano a ano. A nosa lingua viva aínda, malia os desexos suíños de moitos, presentaríase de novo perante a sociedade como unha lingua morta. Rivas e Ferrín sabíano.
Lois é un poeta centroeuropeo, desa Europa que soñou Thomas Bernhard, autor ao que el tanto citou coa devoción dos convertidos. As veces os seus versos son crípticos e mestos, pero coa cativadora beleza que ten una arcano indescifrable, no que, malia resultarnos inalcanzable, sabemos que reside a VERDADE, así en maiúsculas. Un poeta, como non, con luces e tebras, como calquera de nós, do que agardo se fale con claridade nos institutos sen ter que recorrer ao mediocre e mentirán verniz do politicamente correcto.
Lois é unha lenda para moitos dos que coma min somos uns neofalantes. Lembro cando con vinte anos quería ser poeta e escribía e falaba aínda en castelán. Lía en galego, si, pero para min non era sexy nin punki —prexuízos da mocidade, síntoo—. O que lía en galego estaba ben si, pero non atopaba o que encontraba noutras literaturas, e músicas, especialmente na anglosaxona. Non atopaba unha voz que me falase de ti, que me bisbase na orella. Unha voz coa que identificarme. Unha voz que soltase verdades coma puños. Unha voz como a de Ian Curtis en Joy Division. Non tardei moito en atopala e resultou que foron dúas e non unha. A primeira foi a de Rivas en Ningún Cisne ( Sotelo Blanco 1989) e a outra foi a de Lois en Poemas 1981/1991 ( Postivas 1992). Con eles caeron os meus prexuízos, descubrín o sexy e punki nas nosas letras e comecei a escribir na miña lingua. Sei que no camiño da escrita que eu seguín non hai nada deles, xa me gustaría. Mais non deixo de pensar de que eles foron os responsables de que, ante aquela afastada encrucillada onde unha vez estiven, escollese o camiño correcto, o único camiño. E estoulles moi agradecido.
(Agora mesmo, mentres escribo isto no portátil, no corcho que teño na parede fica cravada unha postal cun extraordinario retrato seu obra de Manuel Vilariño. Hai quince anos que me acompaña, resistiu mudanzas, fracasos e éxitos. É o meu particular santiño, laico, punki e galego, por suposto)
(Amais, que por vez primeira eu e moitos outros da miña quinta teñamos nos nosos andeis todos os libros dun homenaxeado no día das letras ten que significar algo, ou non?)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

