Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Kathleen March. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kathleen March. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de xaneiro de 2013

Pola porta do portugués

por Kathleen March Catedrática de Linguas Modernas da Universidade de Maine (EUA). Autora de "De musa a literata: o feminismo na obra de Rosalía de Castro" (1991). No Sermos Galiza:

Alguén perguntou: "Como fixeches túa a lingua galega? Non comprendín a pergunta, que ninguén ma fixera encol de outras linguas. Mais tentarei dar unha resposta, en dúas partes:
Primeira parte. Entrei pola porta do portugués. Nin máis nin menos. Que non me digan que non son linguas irmás. Axiña puiden ler textos de Manoel-Antonio, Otero Pedrayo, Herrera Garrida, Pozo Garza, Rosalía. Abriu-se a porta, entón, e na casa galega abondaban persoas dispostas a deixaren-me escoitar a conversa, que non me traducían ao castelán o que dicían, como hoxe fan persoas adultas cos nenos. Entre os primeiros mestres: Ramón Martínez López, X.M. Alvarez Blázquez, X.R. Fandiño Veiga, María do Carmo Kruckenberg, Albina e Ovidio de Santabaia, José Luis Rodríguez, Francisco Rodríguez, Pilar García Negro, Lois Tobío e outros.