Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Manuel M. Barreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel M. Barreiro. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de novembro de 2012

Non volverá a primavera a Cromarty

por Manuel M. Barreiro, unha das voces de Prolingua:

A comezos de outubro finou Bobby Hogg. Tiña 92 anos. Morreu Bobby e perdemos un tesouro. A BBC dedicoulle voces abaixadas e letras miúdas porque canda Hogg desapareceu tamén o derradeiro falante dun vello dialecto escocés. Con el deixou de emitir sinais unha modesta lingua de pescadores que, noutrora, foi dona de todas as falas da península de Black Isle. Fora bautizada co nome dunha cativa aldea da ribeira do mar do Norte que foi o seu berce e fogar. Dicíanlle Cromarty.

martes, 18 de setembro de 2012

Lingua, ben común

por Manuel M. Barreiro en Prolingua:

Manuel Rivas agasallounos a imaxe do remador que, deitando os ollos no pasado, voga cara ao futuro. Os tuváns veno doutro xeito. Son 235.000 almas. Viven nunha estrema siberiana da Federación Rusa. Din “songgaar” para retroceder ou sinalar o futuro. Din “burungaar” para avanzar ou indicar o pasado. Cren que o pasado está diante das persoas e que o futuro queda ás costas.