Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta video b>. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de abril de 2012
'Galego, todo o que buscas' vídeo premiado do Correlingua 2012
Excelente, magnífico, impresionante,... ata o último segundo, así é o vídeo 'Galego, todo o que buscas', o merecedor do premio Correlingua da edición deste ano. É outro traballo máis de Édelingua, o Equipo de Normalización do IES Mosteirón (Sada).
O vídeo ten referecias a outros (tamén excelentes vídeos) realizados anteriomente polo mesmo Equipo. Trátase de 'Na oficina de obxectos perdidos' e 'As mazás casamenteiras' argallados encol de contos do libro Made in Galiza de Séchu Sende.
O xurado valorou especialmente a súa emotividade e contido orixnal.
Parabéns mil veces merecidos.
Vía As Gabarras
http://edelingua.blogspot.com.es/2012/04/edelingua-gana-o-concurso-de-videos-do.html
venres, 23 de marzo de 2012
En folga de fame pola lingua. O caso de Jaume Bonet
Jaume Bonet, docente xubilado de 64 anos, leva 23 días en folga de fame para protestar contra a política lingüística do goberno das Illas que nos últimos tempos está cometendo un ataque radical contra o catalán nas Baleares. De requerise o seu coñecemento para o acceso a un emprego público, a lingua propia pasa a ser só un aspecto máis de puntuación meritocrática. Ademais de establecerse a alternancia lingüística na toponimia, IB3, a compañía de radio e televisión pública mallorquina, padece un continuado e sistemático proceso de castelanización.
Tal e como di o propio Jaume Bonet, os medios de comunicación responden a determinados intereses, por esta razón, unha noticia coa que os galegos estamos especialmente sensibilizados, está completamente oculta.Claro que, como sinala o lingüista Enric Serra, se o caso fose sobre os abusos cometidos en Papúa Nova Guinea ou na Patagonia, tanto medios como cidadáns ben pensantes comentarían o caso con cara de finxida preocupación. Isto é o que fixo a deputada balear do PP Ana María Aguilo, quen ante a pregunta de se se interesara polo estado de Jaume Bonet respondeu 'prefiero ir a visitar a personas que de verdad no pueden comer'. Sobran os comentarios a tanto desprecio e insensibilidade frente a unha postura de infinita dignidade, pois Jaume Bonet insiste en que non está a xogar e que o seu desafío vai moi en serio.
A acción de Jaume Bonet conta co apoio da organización á que pertence, Jubilats per Mallorca, que entregou un escrito a pasada semana aos 59 diputados autonómicos no que se reafirman na defensa do coñecemento e o uso da lingua propia.
No seguinte vídeo recibe as mostras de solidariedade dun recoñecido loitador polos dereitos humanos, candidato ao premio Nobel da paz, Juan Carrero.
Para máis información: #vagadefamperlallengua e Jubilats per Mallorca

luns, 19 de marzo de 2012
O tren lip dub
Outra máis do IES As Barxas de Moaña. Desta volta coa versión que Eladio y los seres queridos fixeron do clásico 'O tren' de Andrés do Barro.
Vía CGENDL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)