Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Curtis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curtis. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de febreiro de 2017

RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe, RosalíaTe

Na orde pola que se aprobou o calendario escolar do presente curso 16-17, a Consellería de Educación recomenda celebrar as seguintes conmemoracións (artigo 8):
  • 20 de novembro de 2016: Día Universal da Infancia.
  • 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
  • Do 1 ao 11 de decembro de 2016: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
  • 10 de decembro de 2016: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • 30 de xaneiro de 2017: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
  • 8 de marzo de 2017: Día Internacional da Muller.
  • 15 de marzo de 2017: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
  • Do 6 ao 10 de marzo de 2017: Semana da Prensa. 
  • 7 de abril de 2017: Día Mundial da Saúde.
  • Entre o 17 e o 21 de abril de 2017: Semana do Libro.
  • 9 de maio de 2017: Día de Europa.
  • Do 9 ao 17 de maio de 2017: Semana das Letras Galegas.
  • 5 de xuño de 2017: Día Mundial do Medio Ambiente.
Un total de 13 conmemoracións. Entre elas non aparece o Día de Rosalía a pesar de que, a instancias da CIG-Ensino, se solicitara a inclusión desta data nese listado. Razóns para esta exclusión non parece haber ningunha máis que o intento de poñerlle freo ao orgullo pola lingua que nos identifica. Agora ben, despois de visto o tremendo éxito que está a ter a celebración do Día de Rosalía, vai ser mellor que os responsables da Consellería de Educación busquen un agocho onde ocultar as súas vergonzas, se é que as teñen.
Como mostra da enorme repercusión do Día de Rosalía, vai esta escolma de mannequin challenges realizados ao abeiro da convocatoria da AELG. Os que están aquí son só unha pequena mostra, para máis información consultar na páxina da AELG ou no seu blogue.


Ten moitísimo mérito que estes cativiños da EEI (Escola de Educaición Infantil) Monte da Guía de Teis (Vigo) ficaran tan inmóbiles como estatuas para este Mannequin Rosalía



O seguinte mannequin ten a particularidade da súa enorme duración, percorreron todo o CPI As Mirandas (Ares) para levalo a cabo



No terceiro, do IES de Curtis, descúbrennos unha biblioteca moi ben coidada. Canto traballo silencioso hai en moitos centros de ensino! Ademais cunha música e realización envexables



A rapazada o IES de Salvaterra de Miño tivo a orixinal idea de facer o seu mannequin na Casa da Matanza (e non foi o único que fixeron)



No IES Campo de San Alberto (Noia) xogaron coa velocidade das imaxes polo que conseguiron, nun vídeo de curta duración, percorrer todos os corredores do centro



Pódese aplicar a técnica do mannequin challenge para realizar unha curta, contar unha historia, recitar un poema e pegalle unha volta a uns versos do XIX tales que resulten plenamente actuais? Se pensar que non pode ser, mira este vídeo do IES Laxeiro (Lalín)



No IES Aquis Celenis (Caldas de Reis) teceron xuntas o nobelo de Rosalía



Do IES Xelmirez II (Santiago) recoollín este vídeo de 1ºB, aínda que alí nos abriron as portas a todas as aulas de 1º da ESO.




Finalmente, no meu centro, o ENDL compuxo este inquietante vídeo con referencias á emigración e reivindicando o nome de Rosalía de Castro para o aeroporto de Santiago:




P.S.:BNG pide á Xunta a inclusión do Día de Rosalía no calendario escolar, 24/02/14, Sermos Galiza

domingo, 22 de xaneiro de 2017

Beatbox Manuel María



Do blogroll de normalización que teño aquí á dereita hai un elemento do que teño ganas de roubarlle todas as entradas. Se non o fago quedo coa imperiosa necesidade de recomentado vivamente, trátase de Son de noso, o blogue do ENDL do IES de Curtis. Desta vez recollo esta intervención de Marcelo e Delvin Familia Peña co poema A fala, de Manuel María, como base.
Estratosférico.

domingo, 13 de marzo de 2016

Coruña imposible



Cando fun mirar no blogue Son de noso, do ENDL do IES de Curtis (blogue que recomendo vivamente que o sigades) non esperaba atopar esta sorpresa da que gosto especialmente pois permíteme facer unha entrada tanto neste blogue como no que teño de matemáticas.
Precisamente entre a curiosa comunidade do profesorado de matemáticas é moi coñecida a figura do artista neerlandés Maurits Cornelis Escher, autor de gravados que se usaron mil e unha veces para ilustrar conceptos como o da recursividade. Exemplo destacado disto é o libro de Douglas R. Hofstadter, Gödel, Escher, Bach: An Eternal Golden Braid, libro galardoado co Púlitzer no 1980.
A obra de Escher é o eixo arredor do que xira esta curta multipremiada, que, entre outros, recibiu o premio da IGAPI á mellor curtametraxe no 1995-96 e no ano 2000 foi considerada polo CGAI como a mellor curta de ficción dos anos 90.
Decontado pensei que esta peza audiovisual podería formar parte dun proxecto que veño seguindo durante todo este curso. Trátase de Curtas.gal, Os xoves, na biblioteca do IES Félix Muriel (Rianxo) proxentan unha curga galega. Unha iniciativa que debería ter imitadores en moitos outros centros e que conta xa cunha boa escolma que podemos consultar aquí.
"Coruña imposible", dirixida por Paco Rañal, era unha das pezas que formaba parte de Flocos e que desapareceu no exiguo catálogo da esquecida e inútil substituta, Canle.tv. Ante este panorama o propio director decidu subila ao You Tube 

venres, 5 de febreiro de 2016

Entrevista a Xurxo Souto



É unha entrevista, pero tamén é moito máis. Os autores do vídeo, argallado na Biblioteca do IES de Curtis, seguiron gravando despois da toma oficial e o vídeo resultante é unha festa, con música e baile incluídos.
Xurxo Souto transmítenos unha mensaxe postiva da lingua galega. É algo do que estamos moi necesitados. Ademáis faino moi ben, pois é un pozo de contos e historias. Entre outras cousas, explica moi ben unha idea que di recoller de Luísa Villalta, que a poesía galega é música.
A entrevista comenza conversando sobre ese magnífico programa radiofónico que era Aberto por reformas. Sabemos que o pecharon e que agora na Radio Galega non se emite música en galego. Cousas da cruzada contra a lingua dos gobernos do PP. Pregúntome que é o que gañamos con iso. Continúa Xurxo Souto contando como a poesía galega pode contarse desde a música

mércores, 2 de decembro de 2015

Eu son...



Algunhas veces aparece por algún dos blogroll que teño por aquí á dereita algunha cousa fóra do común. Este é hoxe o caso.
Nestes días non foron poucas as referencias que, con motivo do seu pasamento, houbo a Neira Vilas así que non sería de estrañar que esta do IES de Curtis, unha máis, se me pasara. E sería unha enorme perda.
A publicación comenza así:

A exposición Eu son… naceu cun dobre obxectivo: por unha banda pretendía render homenaxe a Memorias dun neno labrego, obra singular na historia das nosas letras e, por outra, ofrecer un tributo aos nosos antergos, a todas aquelas persoas que teceron coas súas vidas os nosos presentes.
As súas 118 páxinas son unha restra de perlas nas que se recupera a memoria e o orgullo dos nosos antepasados, das súas aldeas, dos seus soños, da emigración, da dictadura,.... Un exemplo a imitar.