Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Uxía Senlle. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Uxía Senlle. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de febreiro de 2023

A ponte

Uxía (Galiza), Chico César (Brasil), Celina da Piedade (Portugal), Cheny Wa Gune (Moçambique) con letra e música de Uxía, Sérgio Tannus protagonizan esta peza musical, "A ponte", para celebrar o recoñecemento de Ponte... nas ondas pola UNESCO

sábado, 16 de maio de 2020

A fala



Queremos Galego pon nas redes este vídeo para animar de cara a este domingo, 17 de maio, Día das letras galegas .Vía Nós Diario

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Nun mar azul



Presentouse hai un mes no Culturgal, un fermoso vídeo musical no que participan Uxía, Magín Blanco, Gustavo Domínguez, Isaac Palacín e mais Pablo Ces. Foi elaborado para visibilizar e apoiar as persoas con TEA (trastorno do espectro autista).
O vídeo é froito da colaboración entre a asociación Familias Azuis e a SXPL

luns, 12 de decembro de 2016

A cidade



Vídeo de Luz Beloso que acompaña a Magín Blanco e Uxía Senlle nunha canción dunha poesía de Manuel María.

venres, 9 de abril de 2010

Só nos faltaba dicirllo cantando

'Música contra o Decretazo'. Este é o slogan do concerto que a plataforma Queremos Galego organiza en Pontevedra o próximo sábado 17 de abril. Uxía Senlle e Carlos Callón presentaron o evento en Santiago.
"Só nos faltaba dicir non ao decreto cantando", foi o comentario destacado na presentación do concerto.
Uxía Senlle é unha labrega que vive nunha casiña branca e que coa súa voz coida os campos verdes. O vindeiro sábado estará en Pontevedra.