Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Xano Cebreiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xano Cebreiro. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de febreiro de 2018

Prexuízos lingüísticos



Ao facerse un ano da publicación deste vídeo de Xano Cebreiro quixen colgalo neste blogue. Trata sobre algúns tipos de prexuízos lingüísticos : as súas causas, o que son, e a súa transmisión.
Un excelente recurso educativo para introducir nas aulas a reflexión sobre o tema dos prexuízos.

Vía Moradías do vento

luns, 17 de outubro de 2016

As linguas do mundo


Cunha ferramenta que crea vídeos moi vistosos, Xano Cebreiro argallou este audiovisual ecolingüista.

venres, 24 de outubro de 2014

Normalización lingüística




Grazas a un anuncio de Pilar Ponte chegoume esta ultramodernidade argallada por Xano Cebreiro, unha fonte de recursos innovadores impresionante que nos trae unha clara introdución ao escurecido concepto da normalización lingüística.
Falo de escurecido porque o concepto está prohibido por obra e gracia do funesto decreto malchamado do plurilingüismo, que o substituiu pola descafeinada idea de dinamización lingüística. As razóns deste cambio poden enxergarse vendo o vídeo.

martes, 6 de marzo de 2012

O plurilingüismo contra a lingua propia


Español from Fernando Tiberini on Vimeo.

A memoria mecánica, o uso dunha lingua que non é a da comunidade como no caso do español en Guatemala, unha escola desvinculada da comunidade, afastada da cultura do lugar, unha escola que non conta coa implicación familiar. Todos estes son factores que levan ao fracaso nas escolas que aparecen no documental. Isto é así tanto en Burkina Faso como en Pontevedra.
Este vídeo, que me chegou vía Xano Cebreiro, ten moitos máis valores que o que vou comentar sobre el; por iso recomendo velo enteiriño. Polo minuto 6 fálase do coñecemento endóxeno, o creado pola propia comunidade, en contraposición do coñecemento esóxeno, o que provén de fóra. Na escola tradicional priviléxiase o coñecemento esóxeno e isto resulta negativo porque xenera prexuízos. O desenvolvemento do individuo pasa por un fortalecemento do coñecemento propio; entón, sobre esa base, pódese acceder ao coñecemento esóxeno.
Este discurso implica, no caso da cuestión do plurilingüismo, que para acceder a outras linguas, debemos facelo desde a propia, cando ésta estea ben asentada. Eis que se o coñecemento doutras linguas pode ser importante, máis o terá que ser o da nosa. Isto significa que o actual discurso que nos chove (decreto, ordes centros plurilingües 1 e 2) desde a Consellería de Educación vai en contra do desenvolvemento do alumnado, contra a correcta aprendizaxe doutras linguas e mesmo é o principal alicerce sobre o que se contrúe todo o edificio de minusvaloración e desprezo da lingua e cultura galegas.
Cómpre, pois, cambiar de discurso.