Terceiro capítulo da serie Aquí medra a lingua
No IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto de Dinamización Lingüística non é unha simple axenda de actividades senón o corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así, que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado? Ademais dun maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exerce de activista da lingua.Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Rianxo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rianxo b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 7 de abril de 2022
sábado, 23 de xuño de 2018
Rianxo Fala na radio
Alumnado do proxecto de radio RIANXO FALA do IES Félix Muriel (Rianxo) durante a visita ás instalacións da RTVG e a entrevista improvisada que Kiko Novoa e Carlos Jiménez, lles fixeron en directo durante a emisión do programa Galicia por diante.
martes, 19 de xuño de 2018
A unión fai a forza
Non poucas veces penso que me chegaría con seguir o traballo que fan no Equipo de Normalización do IES Félix Muriel (Rianxo). Hoxe, cando prendín o computador vin que se me enchía con 45 vídeos publicados por estes rianxeiros. Este de aquí é un deles, o resto pódense procurar na canle de You Tube do ENDL.
Parece increíble, pero esta excelente reportaxe foi elaborada por alumnado de 1º da ESO, rapaces de 12 anos. No vídeo sentiremos a forza cargada de razón destas rianxeiras que se pecharon no edificio municipal para reivindicar un centro de día para o concello. A súa unión tivo éxito, e a casa do cacique Viturro, do que nos falaba Castelao, será o edificio destinado para atender aos maiores de Rianxo.
Mil parabéns a este rapaces de 1º e a todo o ENDL
venres, 18 de maio de 2018
Novos finais para contos vellos
Encantoume esta idea que recollín do IES Félix Muriel (Rianxo). Os rapaces de 1º e 2º da ESO traballaron os prexuízos machistas sobre os contos clásicos, pegáronlle unha volta, e devolvéronos unhas creacións dunha rapazada que traballou os prexuízos de xénero dunha forma orixinal e da que saeu un poduto agradecido.
http://www.bicodaria.com/2018/05/novos-finais-para-vellos-contos/
mércores, 21 de febreiro de 2018
O Día da Lingua Materna explicado desde Rianxo
O ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo) elaborou este vídeo para explicar en que consiste a celebración do Día Internacional da Lingua Materna que ten lugar todos os 21 de febreiro.
venres, 10 de novembro de 2017
X. Matemáticas en galego
X. Matemáticas en galego from Cibrán Arxibai Queiruga
O primeiro que teño que dicir é que uedei encantado co trato que recibín no centro. Grazas.
O pasado 03/11/17 fun ao famoso IES Félix Muriel (Rianxo) a falar sobre algo que non existe, as matemáticas en galego. Explícome a seguir.
O de famoso é polo seu ENDL, cargado de premios, sempre na fura de diante, un fervello de actividades, sempre con contido normalizador. Un exemplo para os que traballan na normalización lingüística desde as aulas.
O de que as matemáticas en galego non existen pode ser o preludio de que o galego deixe de existir. Quen está empeñado niso é a Xunta co seu funesto decreto mal chamado do plurilingüismo, que prohibe impartir aulas de matemáticas en galego en todo o ensino obrigatorio e que levou a que se aniquilaran todos os materiais didácticos da materia na nosa lingua, incluso para o bacharelato (aínda que non está prohibido nesta etapa, non hai editorial que publique nada de matemáticas en galego, ata este punto chega este Atila).
Ben, para ser exactos, si que hai recursos en galego. Temos o material EDAD e unha boa colección de aplicacións de geogebra (buscar e escoller idioma>galego). Disto, pero sobre todo da discriminación que sofre a nosa lingua, especialmente no ensino, e aínda máis especialmente no das matemáticas, foi do que tratei o pasado venres co alumnado de 1º da ESO do Félix Muriel.
Para suavizar o tema, propúxenlles un xogo, que volvo a propoñer agora aquí: na 3ª diapositiva están marcados varios "x" (léase "xes"), pódese comprobar que tamén aparecen nas dúas primeiras. A cuestión é, en cantas, aparece ese símbolo?
O máis importante
Sobre o que lle contei a aqueles rapaces, quizais o máis importante é o da identificación de dúas formar de impartir clase, dous modelos didácticos. Un está representado polos os profesores que transmiten o saber do poder e que, por iso mesmo, non poden facer outra cousa que desprezar dalgunha maneira ao alumnado e á sociedade galega que o son de seu. No paradigma deste profesor está a transmisión do castelán e a exclusión do galego. O outro modelo é o que vive apegado á terra, aquel do que sabe que o principal non é a reprodución de toda unha restra de contidos, senón desmontar as capas de auto-odio e prexuízos. O ideal deste grupo represéntao un profesor que transmite a lingua e a cultura galegas.
Un texto de Vidal Abascal
Na preparación da presentación levei unha sorpresa moi agradable. Foi a recuperación dun texto que Enrique Vidal Abascal escribira nos anos 70 en La Voz de Galicia. Vidal Abascal adicou toda a súa vida a promover os estudos de matemáticas na universidade. Primeiro, no 1940, chamou a atención do rector para que contrataran a Ramón Mª Aller e revitalizara a docencia das matemáticas despois dunha guerra que levara por diante ás persoas máis preparadas que tiñamos en Galicia. No ano 1957 convence ao Ministerio de Educación para crear a licenciatura de matemáticas en Compostela. Despois será un pioneiro na organización de congresos de ámbito internacional. Velaquí un retallo do mencionado artigo:

A situación do idioma galego é a seguinte: Durante preto de catrocentos anos ó galego obrigábaselle a falar castelán, na escola, na igrexa, no xulgado, na notaría... Durante catrocentos anos a alta burguesía avergoñábase de falar galego, e o idioma divide ós galegos en dúas clases sosciais, a dos señoritos que falan castelán e a dos proletarios e campesiños e pequenos burgueses que falan galego. Sábese ben cal foi a orixe disto, o obriga-los Reises Católicos a ir vivir a Madrid á aristocracia galega. De todos é ben coñecida a anécdota do Conde de Altamira [ver conferencia de Cunqueiro]. O volver a Galicia os aristócratas falando castelán, as clases superiores quixeron imitalos. Despois de catrocentos anos desta situación a maioría do pobo galego segue falando galego. Menos matalos, fíxose todo o que se puido por desterra-lo galego. Obrigouse a fala-lo castelán en tódalas institucións docentes e colgaronslle o sambenito de lerdos e torpes ós que falaban galego, castigábanse na escola e nos seminarios os que se lle escapaba algo de galego, pasaron catro centos anos e o 70 por cento da poboación de Galicia segue falando galego; esta é a realidade que non se pode ocultar. O idioma de Galicia neste ano de 1979, segue sendo o galego. [...]Vexamos outras situacións similares as de Galicia. Dinamarca é un pequeno país de menos extensión que Galicia, e con unha poboación pouco maior, catro millóns de habitantes, o idioma danés só o falan no mundo eses catro millóns de persoas, pero Dinamarca cultiva ó danés por que é o soporte da súa personalidade, se alguén propuxese que se abandonase ó danés polo inglés, que estudian as clases cultas, ou polo alemán dos seus veciños, sería considerado un traidor ó se pobo.
luns, 7 de novembro de 2016
Arrolos de Rianxo vs. chirimbolos da Xunta
Na parte positiva
Ao ver que o IES Félix Muriel (Rianxo) vai colaborar cun proxecto iniciado polo concello chamado Arrolos de Rianxo, tiven un flash de memoria que me lembrou que lera algo sobre o asunto no Sermos. Trátase de identificar a aqueles veciños que teñan coñecemento destas cancións de berce para gravalos e divulgalos polas redes sociais. Con esta finalidade Arrolos de Rianxo abriu unha conta de facebook e outra de twitter.
O vindeiro ano preténdes publicar un CD co material recollido. Polo momento podemos acceder a un listado de gravacións na plataforma soundcloud.
Arrolos de Rianxo ten un precedente nunha das iniciativas de Apego, un programa colectivo parido pola CTNL, para formentar a transmisión interxeneracional do galego.
Na parte negativa
![]() |
| Sacada de aquí |
martes, 12 de abril de 2016
Fáloche porque me entendes
"Fáloche porque me entendes" é un dos lemas cos que o alumnado do IES Félix Muriel (Rianxo) se retratou para este vídeo. Fixeron uns paneis e uns carteis de man con lemas ben gopos (gopos é como se di na miña terra guapos). O obxectivo, polo que podo enxergar, do que se ve no vídeo, é o de concienciar a un alumnado galegofalante da importancia de que non abandonen a súa lingua.
É incrible a cantidade de propostas e actividades que parten desde o ENDL do IES Félix Muriel. Esta que se presenta aquí só é unha delas. Pódense seguir no seu portal Bico da Ría, así como no blogue de aportacións dos alumnos, O castelo da lúa.
domingo, 13 de marzo de 2016
Coruña imposible
Cando fun mirar no blogue Son de noso, do ENDL do IES de Curtis (blogue que recomendo vivamente que o sigades) non esperaba atopar esta sorpresa da que gosto especialmente pois permíteme facer unha entrada tanto neste blogue como no que teño de matemáticas.
Precisamente entre a curiosa comunidade do profesorado de matemáticas é moi coñecida a figura do artista neerlandés Maurits Cornelis Escher, autor de gravados que se usaron mil e unha veces para ilustrar conceptos como o da recursividade. Exemplo destacado disto é o libro de Douglas R. Hofstadter, Gödel, Escher, Bach: An Eternal Golden Braid, libro galardoado co Púlitzer no 1980.
A obra de Escher é o eixo arredor do que xira esta curta multipremiada, que, entre outros, recibiu o premio da IGAPI á mellor curtametraxe no 1995-96 e no ano 2000 foi considerada polo CGAI como a mellor curta de ficción dos anos 90.
Decontado pensei que esta peza audiovisual podería formar parte dun proxecto que veño seguindo durante todo este curso. Trátase de Curtas.gal, Os xoves, na biblioteca do IES Félix Muriel (Rianxo) proxentan unha curga galega. Unha iniciativa que debería ter imitadores en moitos outros centros e que conta xa cunha boa escolma que podemos consultar aquí.
"Coruña imposible", dirixida por Paco Rañal, era unha das pezas que formaba parte de Flocos e que desapareceu no exiguo catálogo da esquecida e inútil substituta, Canle.tv. Ante este panorama o propio director decidu subila ao You Tube

luns, 10 de novembro de 2014
Rianxo fala, falou e falará
Se accedemos ao portal Rianxo fala, non teremos que dar moitas voltas para saber de que se trata. Eles mesmos nolo explican na páxina principal do web:
No primeiro dos monográficos recóllense prezas da herdanza histórica, cultural, artística e natural. No titulado en presente podemos achegarnos a creadores das letras e da música actuais e tamén hai un espazo para a posta en valor da paisaxe lingüística do concello e o labor de mantemento da tranmisión interxeneracional da lingua e e cultura. O apartado de futuro está reservado aos traballos normalizadores dos centros que suscriben o proxecto: o CEP "Brea Segade"de Taragoña e o IES "Félix Muriel" e o C.R.A. de Rianxo.
Un breve repaso por este portal pode darnos unha idea do enorme traballo que están a realizar os Equipos de Normalización destes centros. Un traballo do que agora todos podemos aprender e recoller froitos para espallar polos centros escolares de toda Galicia. Todo un exemplo.
Nesta páxina recóllese información das diferentes accións que configuran o Proxecto plurianual RianxoFala, algunhas rematadas, outras en proceso, outras só pensadas.Está estruturada en tres apatados básicos: falaron, falamos,e falaremos.
No primeiro dos monográficos recóllense prezas da herdanza histórica, cultural, artística e natural. No titulado en presente podemos achegarnos a creadores das letras e da música actuais e tamén hai un espazo para a posta en valor da paisaxe lingüística do concello e o labor de mantemento da tranmisión interxeneracional da lingua e e cultura. O apartado de futuro está reservado aos traballos normalizadores dos centros que suscriben o proxecto: o CEP "Brea Segade"de Taragoña e o IES "Félix Muriel" e o C.R.A. de Rianxo.
Un breve repaso por este portal pode darnos unha idea do enorme traballo que están a realizar os Equipos de Normalización destes centros. Un traballo do que agora todos podemos aprender e recoller froitos para espallar polos centros escolares de toda Galicia. Todo un exemplo.
domingo, 17 de agosto de 2014
SUP: tres pedras contra o galego
Para quen non o saiba, o SUP (Stand up paddle) é unha nova modalidade deportiva da práctica do surf. Concretamente consiste en navegar nunha táboa de surf axudados por un remo.
Os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira organizan un evento desta modalidade deportiva que se celebrará o vindeiro mes de setembro. O primeiro problema xurde, como é habitual, da negativa do Concello de Ribeira a respectar a súa propia toponimia, empeñados unha e outra vez en deturpar o seu nome substituíndo o oficial e rexo B por un V de raíces españolizantes.
O segundo problema é que lle negan ao galego a súa presencia tanto no cartel como no documento informativo para a inscrición. Finalmente unha nota curiosa: neste documento,por increíble que pareza, aparece correctamente o topónimo Ribeira, porén tamén podemos atopar un fantasmagórico *Puebla do caramiñal. Velaquí a terceira pedrada contra o galego.

sábado, 5 de xullo de 2014
#sempreenGZ
O Consello da Cultura Galega tivo a acertada idea de poñer en funcionamento un novo espazo para recordarnos os 70 anos da publicación do Sempre en Galiza, e sobre todo para promover accións de visibilización desta obra, fundamental na historia e no espírito dos galegos.
Desde o web habilidado polo CCG podemos descargar unha edición dixital aumentada do Sempre en Galiza e podemos escoitar a persoas desde distintos lugares de Galicia como do mundo facendo lecturas da obra de Castelao.Ah!, e tamén podemos ver este vídeo que acompaña esta entrada, no que colaboraron os rapaces do IES Félix Muriel (Rianxo).
Desde hai varias semanas a conta de twitter do CCG tamén nos ofrece chíos con retallos desta obra que se poden seguir co hashtag #sempreengz
martes, 24 de xuño de 2014
Sés, Leixaprén 14
"Para min ser galega é o orgullo máis grande que teño nesta vida [...] a miña lingua é que máis me gusta porque é a miña". Así se expresaba Sés na entrega do premio Leixaprén no IES Félix Muriel (Rianxo)
mércores, 19 de febreiro de 2014
Taller de memoria con reflexións sobre a lingua
No concello de Rianxo, a concellería de Servizos Sociais, organizou un taller de memoria do que obtiveron algunhas reflexións sobre a situación social da lingua.
Recollido da canle de You Tube do ENDL do IES Félix Muriel
luns, 3 de febreiro de 2014
A paz lingüística
A paz lingüística é falar en galego sen problemas, desprezos nin prohibicións. Ésta e a mensaxe que toda a comunidade rianxeira transmite neste vídeo no que aparecen pais, administrativos, hosteleiros, alumnos, e incluso profesores de matemáticas reivindicando o uso normal da nosa lingua.
Unha acertada aportación desa fonte de auga limpa que é o ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo)
luns, 7 de outubro de 2013
Ti tes lingua
No IES Félix Muriel de Rianxo realizaron este vídeo dentro dunha campaña que levaron a cabo o curso pasado baixo o lema "Esta é a miña lingua e non a vou perder". O traballo ten o mérito engadido de conter unha pequena canción orixinal e unha escolla das tomas falsas que se obtiveron durante a súa gravación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)