O título é provocador. Máis se pensamos que a disxunción "ou" é excluínte. Miguel López Pueyo é rioxano e leva vivindo con nós 10 anos.
Cales son os problemas da sanidade? Política lingüística vs. política sanitaria.
Nova xornada sobre a normalización lingüística organizada polo Consello da Cultura.
A utilización do idioma galego é esencial para a prestación dunha atención sanitaria e social de calidade. Esta mesa centrarase en propoñer accións para garantir a súa presenza na sanidade, nos servizos sociais e na investigación científica. Ademais, promoverase a busca de solucións para mellorar a atención na lingua propia, aumentar os materiais e recursos dispoñibles e favorecer a formación do persoal sanitario e asistencial. Tamén se formularán propostas para fortalecer o uso do galego na divulgación e na produción científica, co obxectivo fundamental de obter medidas concretas que aseguren o galego como lingua de comunicación nos ámbitos da saúde e da ciencia.
Teñan presente, señores farmacéuticos, que cando se dialoga coa sociedade, faise moito máis que falar do bo ou mal uso das receitas pois, queírano ou non o queiran, tamén se dá exemplo do uso ou do desprezo da lingua da xente. Os farmacéuticos da Coruña apostaron por este segundo camiño, compría que algún médico lles receitase un pouco de respecto, e coidados da lingua que parecen descoñecer.
Vimos de saber do caso gravísimo dunha usuaria que se viu obrigada a cambiar de lingua, do galego para o castelán, ao ser atendida no servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro. Particularmente flagrante é esta vulneración de dereitos por haber un menor implicado, tamén galegofalante, que foi ignorado pola pediatra ao expresarse na súa lingua habitual. Este caso concreto chegou á prensa, pero non é de ningún xeito único. Os dereitos lingüísticos das usuarias son constantemente vulnerados na asistencia sanitaria, se ben non de xeito tan explícito. A relación médico-doente (ou persoal sanitario-usuario) é necesariamente unha relación xerárquica, na que a parte máis feble é sempre a do doente, que é quen demanda axuda e ademais, quen se atopa nunha situación de especial vulnerabilidade. A dor, o malestar físico ou o medo fan que os nosos recursos persoais estean minguados, por moito que sexamos coñecedores dos nosos dereitos. Vista a situación, o feito de que un profesional sanitario se dirixa en castelán a un usuario galegofalante xa limita de entrada o exercicio do seus dereitos lingüísticos, dado que este último sentirase naturalmente impelido a empregar coa persoa que ocupa a posición xerarquicamente superior a lingua que esta emprega, que ademais resulta ser a de maior prestixio social. Por suposto que a maior parte dos profesionais que empregan o español como lingua habitual non son conscientes desta situación nin pretenden exercer presión algunha sobre o usuario, pero isto pode darse igualmente. Tampouco é frecuente que un profesional requira de malos modos a un doente que cambie de lingua, pero dubido que se trate dun caso illado.
No Plan Xeral de Normalización Lingüística, sección 5 (Sanidade), de 2004, establécese claramente que é o usuario o que ten o dereito a ser atendido na súa lingua, e para protexer o exercicio de tal dereito, os empregados públicos sanitarios deben coñecer ese idioma. Porén, na práctica non se esixe coñecemento de galego para exercer na sanidade pública galega, e nin sequera os documentos oficiais, como consentimentos informados, están dispoñibles na nosa lingua. Polo tanto, dáse un desleixo por parte da Administración para cumprir e facer cumprir un plan que ela mesma promulgou, e que por outra banda ten o deber de promover, dentro da obriga das administracións de favorecer e protexer as linguas minorizadas e o seu uso.
O ser humano, desde que hai 140.000 anos comezou a desenvolver a linguaxe articulada, leva opinando sobre temáticas lingüísticas en situacións e en auditorios moito diferentes. Posibelmente, unha das primeiras reflexións que fixo o obrigase a reparar en que algunhas comunidades humanas xeograficamente próximas empregaban un linguaxar non exactamente coincidente co propio, o que, nalgúns casos mesmo implicaría que a intercomprensión nin sempre se caracterizase por se facer efectiva. É tamén probábel que, co andar do tempo, a figura dunha persoa que puidese servir como intérprete se fixese imprescindíbel en determinados casos, de forma que, talvez, o primeiro oficio de verdadeiras dimensións sociais e comerciais que existiu, en vez dos dous tan reiteramente citados e coñecidos, fose o de tradutor ou tradutora. Naqueles tempos tan lonxincuos, o ser humano quizais tamén puido cavilar en que había linguas que as empregaban as clases dominantes para exerceren o poder e que existían outras, contrastivamente, que eran as utilizadas por persoas que vivían na escravatura ou que pertencían ás camadas sociais más desfavorecidas. En fin… Estas son suposicións que facemos, apelando á comprensión do público lector, non verificábeis cientificamente, mais si, a noso ver, cando menos suxestivas.
por Iria Veiga, co artigo gañador do XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2017 no Sermos Galiza, na Praza Pública,...:Un enorme círculo vermello e un H maiúsculo, seguido dun signo de exclamación. Esa foi a maneira na que contestaron a miña primeira solicitude dunha proba diagnóstica, o meu primeiro día como médica residente. A petición poñía: “Inchazón en membro inferior esquerdo, sen evidencia de traumatismo previo. Solicito descartar fractura”. Á radióloga debeulle parecer tan mal aquela falta de H, que nin se molestou en comprobar un coñecemento que, por outra banda, debeu acreditar para ocupar a súa praza.
En caso de erro tipográfico ou de transcrición do texto editado en galego e o editado en castelán, do cuestionario bilingüe, prevalece este último aos únicos efectos da súa comprensión lóxica, sen prexuízo das aclaracións vinculantes que de viva voz poida advertir o tribunal durante a realización da proba.Aclaro unha cousa. Este texto non aparecía na convocatoria publicada no DOG.Entregábaselle aos opositores no momento de realizar a proba porque ben saben os responsables do Sergas que este atropelo é ademais ilegal. Pois ben, non é a primeira vez que o fan.
Semella que foi onte e xa van aló dez anos. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), no que tiven a honra de participar, foi aprobado por unanimidade no Parlamento galego en setembro de 2004. É, con certeza, un dos feitos máis positivos dos sucesivos mandatos de Manuel Fraga á fronte da Xunta de Galicia. Houbo quen prognosticou, xa na década dos setenta do pasado século, que o galego morrería antes de que pasasen trinta anos. Trabucouse, por fortuna, e o galego, malferido e atacado nos últimos tempos, resiste en moitas capas da sociedade. Segue a ser unha lingua viva e aínda maioritaria, que usamos a diario miles de persoas. Pero hai un serio problema: o seu uso é cada vez menor nas novas xeracións urbanas. Debemos traballar todos para evitar o lingüicidio, e nesa tarefa os sanitarios temos un papel importante para mellorar a saúde do noso idioma.
“As linguas son a primeira e máis importante das manifestacións culturais, e o seu exterminio é un atentado contra o patrimonio cultural da Humanidade. (..) Cada ano que pasa perdemos varias ducias de linguas. Este ritmo vertixinoso ten sido comparado á devastación ecolóxica: o ser humano é o principal axente da perda da diversidade biolóxica e cultural. Iso significa que as culturas e as linguas, como as especies en perigo de extinción, non morren: son asasinadas”.(Teresa Moure. Outro idioma é posible. Galaxia, 2005).
O primeiro artigo médico escrito en galego durante o franquismo foi publicado polo oftalmólogo Antón Beiras no ano 1957. No limiar defendía o idioma como vehículo adecuado para a ciencia e a práctica médica.
O galego está enfermo, pero aínda non morreu, como se prognosticou hai anos. Ainda hoxe é a língua maioritaria en Galicia. A grande maioría da poboación entende o idioma e tamén sabe falalo. Pero hai un dato preocupante: a poboación máis nova e cun nivel educativo máis alto –e que tamén saben ler e escribir en galego-, son os que máis desertaron do seu uso na vida cotiá. Tamén preocupa a escasa presenza da lingua nos medios de comunicación (e a desaparición daqueles que a usaban) así como a pouca penetración no espazo virtual. A maior porcentaxe de galegofalantes dase no medio rural e na Galicia interior. En moitas cidades non é doado facer vida en galego da mañá á noite, e mesmo son frecuentes as “conversas bilingües”.
Así pois, a desafección polo noso idioma non está condicionada polo descoñecemento do mesmo: aqueles que máis formación teñen son os que menos o usan. En certos ambientes hai unha visión estigmatizada do galegofalante. Podemos lembrar aquela moza de Gran Hermano que decía: “Es que a mí me cuesta un montón hablar en gallego... Un día conocí a un chico pero ¡¡hablaba en gallego, y me dio un bajón!!”. Esta connotación pexorativa é, por desgraza, moi frecuente, e hai quen asocia o uso do galego coa ruralidade e a ignorancia.
Non utilizo neste título o masculino singular para me referir ao conxunto prototípico de persoas galegas, uso que con certeza debemos condenar por sexista e por tanto discriminatorio para as mulleres. Refírome á lingua galega, que, como idioma natural e propio deste país, tamén está presente na vida hospitalaria, como non podía ser menos, aínda que tal presenza teña certas peculiaridades que a seguir se comentarán. Tamén podería suxerir este título que a lingua galega está hospitalizada porque sofre algunha doenza que require un tratamento e uns coidados especiais nun centro sanitario. No entanto, ben sabemos que non é así. E non de certo porque non precisase esa atención especializada que lle devolvese a plena saúde de que gozou en tempos pretéritos. Máis ben porque os gardiáns oficiais dela –a Xunta e o conxunto das institucións públicas– lle están a aplicar un severo plano de austeridade que só dá para un que outro coidado paliativo na propia morada, cal se dun doente terminal se tratar. E aínda temos a sospeita de que alguén lle estea a subministrar subrepticiamente medicación daniña co obxectivo de acelerar a súa morte.
por Pablo Vaamonde, no Galicia Hoxe: