Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Alfonso Cabaleiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alfonso Cabaleiro. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de marzo de 2011

Aspaña eforra

Ao ver o disparate polo blogue d´O demo me leve, fun dereitiño á web do Ministerio de Industria, e alí estaba, fachendoso ese EFORRAR.
Isto nunca lle pasaría a Carlos Negreira pois nunca intentaría escribilo en galego. De todas formas vai para a foto-denuncia.

mércores, 24 de marzo de 2010

Un bodegueiro sería mellor secretario xeral de medios


Antonio Cajide, o dono de bodegas Sameirás, nunha entrevista á Nosa Terra, declara que 'Non ten sentido presentar un viño galego en castelán', e ben estaría que o secretario xeral de medios, Alfonso Cabaleiro, escoitara os argumentos deste bodegueiro que demostra ter máis sentidiño ca el.
O bodegueiro, no caso de ser el o secretario xeral de medios, diría: "non ten sentido presentar un anuncio galego en castelán". Mais tamén pode ser que o actual secretario xeral, Alfonso Cabaleiro abusara do ribeiro Sameirás, e por iso declare que "A Xunta ten que velar polo uso das dúas linguas", ao 50% non? Pois de acordo, que a Cope, a Ser e Onda Cero, emitan un 50% da súa programación en galego.
A argumentación do Goberno do PP é que a TDT da TVG tamén se ve nas comarcas veciñas da autonomía, polo que podería resultar útil tirar do castelán para chegar a esa poboación.
Cómpre ter en conta que, en todo caso, nesas comarcas (Bierzo, Sanabria, Eo-Navia, etc.) gran parte da poboación fala galego e, en todo caso non tería problema algún en enteder as cuñas neste idioma. Cómpre ter en conta, en todo caso, que a presenza do galego na radio é ínfima. A radio do meu cohe colle 40 cadeas, delas só dúas emiten en galego (Radio galega, e Radio galega música), un 5%. Insisto, un 5%, que moi distinto a un 50%.

martes, 23 de marzo de 2010

Antonte, hoxe, mañán.

Hoxe A Xunta comeza a publicitarse en Galiza en español
Antonte, na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que forma parte do goberno galego, reproducían as palabras de Anxo Lorenzo :“Eu creo que estamos todos nesta liña –reafirmou o responsable de Política Lingüística–; na liña de que é necesario instar á utilización da lingua oral, con calidade, para que poida servir de modelo de referencia"
Hoxe o Goberno defende o seu 'dereito' a non usar o galego nos anuncios que paga na autonomía, unha aposta polo español inédita mesmo na era Fraga. "A Xunta ten que velar polo uso das dúas linguas", e ás veces incluso das tres. O importante é reducir, acoutar, minimizar o galego.
Hoxe íomos pola radio:"La Xunta informa ...". Así comezan moitas das cuñas sobre o apagamento analóxico que está a emitir a Xunta de Galiza a través de, polo menos, unha das cadeas privadas de radio máis importantes de Galiza. Deben ter razón, como non podemos oir ningunha cadea de radio en español, convén que, cos nosos cartos, cos destinados ao goberno galego, paguemos todos para que a lingua omnipresente o sexa un pouco máis, e a reducida, a minorizada, tamén o sexa un pouquiño máis.
O Goberno ten a obriga legal de usar o galego como lingua de traballo e de promocionar o seu uso a novos eidos. De feito, até hoxe e mesmo na era Fraga, a Xunta sempre se publicitou exclusivamente no idioma propio dentro de Galiza.
E mañán? Isto?: