Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta emigración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emigración. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de maio de 2021

As meniñas da diáspora tamén falan galego

 


por Sonia Villapor en Praza Pública

As meniñas e meniños galegofalantes que non foron criados en Galicia tamén festexan o día das letras galegas. O galego é a lingua que se desfruta non só no territorio que limita as 4 provincias, tamén fóra destes límites. A comunidade galega no exterior leva a terra, a patria, e a fala nas maletas cando emigra. As raíces da árbore da lingua esténdense máis alá da copa que se divisa dende arriba, pero esta perspectiva normalmente non se alcanza a ver dende Galicia. 

domingo, 1 de marzo de 2020

Exposición "Ambos errantes polo mundo andamos" en Ares


Este póster é o primeiro dunha exposición organizada polo CPI As Mirandas (Ares) que se expón nos corredores do centro. Nela o texto de Rosalía de Castro vai acompañado das fotos do avó de Jéssica, emigrante en Alemaña. Invito a quen pase por aquí a que percorra o resto da exposición no blogue Tes moita lingua.
A proposta deste CPI segue as directrices marcadas pola AELG para a celebración do Día de Rosalía 2020.

luns, 14 de abril de 2014

A lingua que nos define

por Xosé Neira Vilas no Correo Gallego:

CASTELAO dixo que se aínda somos galegos é "por obra e gracia do noso idioma". Certo. Se perdésemos a lingua que nos define, perderiamos un dos nosos maiores atributos como pobo. Non digo que para amar e defender este noso vehículo de comunicación haxa que residir necesariamente fóra da Galicia. Pero case o afirmo tras vivir corenta anos máis alá das nosas fronteiras.

venres, 24 de maio de 2013

17 de maio nunha lavandaría



Cada 17 de maio volve, xunto co Día das Letras, a polémica sobre se debería seguir sendo festivo. Unha das cuestións máis debatidas consiste en que se desvirtúa a conmemoración da data por ser aproveitada por moita xente para ir de vacacións, ou pasar o día na praia no canto de participar nos múltiples actos que se organizan para esa data.
Moitas veces, como é o caso, é mellor ver o asunto desde certa distancia. Este ano un grupo moi numeroso da comunidade galega en Londres acudiu á xuntanza proposta polo grupo facebook Galegos morriñentos en Londres para celebrar as Letras Galegas. E unha das iniciativas que se levou a cabo foi este recital poético na Portobello Launderette.
No vídeo temosunha pequena mostra dun recital que se celebrou nunha lavandería, todo un exemplo de sentimento identitario, perdido en máis ocasións das que quixéramos,  na propia terra.

Vía Fala Londres