Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Xustiza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xustiza. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de xaneiro de 2026

Atenea: xustiza e sabedoría


 por Xosé-Henrique Costas no Nós Diario:

A situación calamitosa da lingua galega no eido da Xustiza podería comezar a mellorar significativamente nos vindeiros meses. Algúns datos din que apenas 3% das sentenzas se redactan en galego. Que lle pregunten aos servizos xurídicos da CIG, no eido laboral, ou aos do Concello de Vigo, no administrativo, de cantos dos miles de preitos nos que interveñen lles chegan as sentenzas en galego (e en non poucos casos nun castelán incumpridor das leis autonómicas, por exemplo incorrendo na vulneración do artigo 10 da Lei de Normalización referida ao uso das formas oficiais dos topónimos).

venres, 12 de decembro de 2025

 


por Xosé-Henrique Costas no Nós Diario:

Debido ao falecemento dun familiar, este ano vinme obrigado a lidar con varias notarías e rexistros para facer trámites de herdanzas, aceptacións de herdanzas, mercas e vendas de propiedades etc. Había case trinta anos que non me vía envolveito en cousa semellante e a experiencia anterior con estas instancias non fora moi positiva: daquela un banco non me quixera dar o escrito da hipoteca en galego e recomendárame, ademais, que non teimase moito coa "lideira" do galego porque do contrario a escritura de propiedade da casa podería demorar meses. Naquel momento traguei, tiña présa por pechar a operación. Logo cambiei de banco e, despois de moitas voltas, conseguín galeguizar a escritura.

domingo, 30 de novembro de 2025

A lingua do outro como acto de xustiza

por Sandra Mª Piñeiro Vilas, presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, en La Voz de Galicia:


O pasado luns, 17 de novembro de 2025, Carmen Eiró tomou posesión como fiscala superior de Galicia. Podería ter sido un acto institucional máis, se non fose porque o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, nado en Salamanca, decidiu pronunciar parte do seu discurso en galego. Non o fixo por obriga nin por xesto folclórico: fíxoo por respecto. Cada vez que o poder fala a lingua do outro, está facendo xustiza.

sábado, 17 de maio de 2025

O dereito do galego, o galego no dereito

 


por Marga do Val no Nós Diario:

Difícil falar do mundo do dereito, dos dereitos no mundo, cando Palestina con todos os seus dereitos está sendo aniquilada. Gaza convértese nun cemiterio de vivas e mortas, nunha fosa común a ceo aberto, nunha paisaxe onde apodrece a dignidade humana, cunetas cheas de feridas, de fome, de sede. Como podemos falar de dereitos cando se bombardean todos os dereitos humanos? Hai quen me escribe e di: a humanidade colapsa e non estamos na rúa parando isto. Hai quen preocupada ante a pasividade se sente culpábel por atender asuntos que, sen seren banais, son menos importantes. Hai quen, consciente do que ocorre, pode sinalar que ocupa o seu tempo, que sempre foxe e non abonda, en sobrevivir, en inventarse ou en reinventarse en situacións precarias, falta de emprego, falta de vivenda, falta de... humanidade. Estas mesmas persoas que comparten esas respostas, poden engadir  que senten non ter nin forza, nin dereito a ter tempo, para saír á rúa a berrar por Palestina, sumando ao seu estado de impotencia, máis culpabilidade. A humanidade ten que sentirse así, impotente, incapaz. Tamén a que agardaba pola fumata branca no Vaticano, polo nome do novo Papa, a mesma que espera que faga algo, coma quen cre nos milagres... A realidade é ben terríbel, ninguén detén Netanyahu na palabra conquista. Todo en vivo e en directo, xa se sabía, víase vir. É difícil de aceptar que nas mans de Europa trafican as armas de Israel, as mesmas armas que non deteñen Netanyahu, que son as súas.

luns, 31 de marzo de 2025

Regular a planificación lingüística galega: unha tarefa necesaria e inaprazable


 por Carlos Amoedo no Praza Pública:

Con algunhas engádegas, o presente artigo recolle a intervención do autor na Mesa Administración, Xustiza e Servizos Públicos, do Foro Participativo Un País coa súa lingua, organizado o 20 de marzo polo Consello da Cultura Galega. Agradezo ás coordenadoras desta mesa, as doutoras Dolores Vilavedra e Alba Nogueira, o convite a falar sobre a situación do galego no ámbito da Administración Pública; e a todas as participantes, o seu estimulante debate. 

sábado, 19 de outubro de 2024

Emerxencia lingüística extrema. O idioma galego á luz dos datos do IGE


Marcos Maceira e Elsa Quintas (Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística) estudan a grave situación da lingua galega despois da publicación dos últimos datos do IGE e antes da presentación en Betanzos do seu libro Liberdade para o galego. Entrevista Daniel Seixo.
Unha entrevista que debería facerse na TVG, mais...

luns, 7 de outubro de 2024

Europa esixe máis galego


por Xosé Antón Pérez Lema, en Nós Diario: 

En 1992 a meirande parte dos Estados do Consello de Europa (que definen un perímetro ben máis alargado ca o da Unión Europea) asinaron a "Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias". A definición convencional considera "lingua minoritaria" toda lingua que non fale a meirande parte da poboación dun Estado asinante. Velaí que o galego ou o catalán, que non son linguas minoritarias en Galicia e Catalunya, senón ilexitimamente minorizadas, si fiquen inseridos neste concepto.

 

mércores, 5 de xuño de 2024

Que suporía que o galego fose lingua oficial na Unión Europea?


por Elisa Quintas Alborés, no Nós Diario:Nós Diario:

A sociedade galega demanda o recoñecemento da oficialidade plena do galego na UE, pois non é lingua oficial e de traballo. O 13 de decembro de 2004 o Goberno español solicitou ao Consello da Unión Europea (UE) que concedese a incorporación do galego, catalán e vasco á lista de linguas oficiais europeas prevista no Regulamento 1/1958 que fixa o réxime lingüístico da Comunidade Económica Europea. Emporiso a institución competente -o Consello da Unión- non concedeu a oficialidade. Polo de agora só existe un cativo uso destas linguas en tres ámbitos, segundo as “Conclusións do Consello relativas ao uso oficial doutras linguas no Consello, e no seu caso, noutras institucións e órganos da UE”, do 13 de xuño de 2005, o que en realidade impide comunicarse directamente cos órganos da UE ao ter que pasar sempre por un organismo español que realiza a tradución.

 

luns, 29 de xaneiro de 2024

Máis mentiras sobre o galego

 


Elsa Quinta Alborés en Nós Diario:

Hai uns días nun Colexio de Procuradores nunha conversa informal estaban a criticar un xuíz por emitir sentenzas en galego. A uns procuradores déuselles por asegurar que o maxistrado percibía un incentivo económico por emitir resolucións na nosa lingua, como se non tivésemos problemas máis importantes na Administración de Xustiza, v. g. a falta de recursos humanos nos Xulgados que provoca a lentitude nos procedementos. Que conste que hai procuradoras, excelentes profesionais, que realizan o seu traballo en galego.

 

luns, 20 de marzo de 2023

O galego é a lingua propia e (co)oficial


 por Xoán Antón Pérez-Lema en Nós Diario:

O profesor de Dº Constitucional Blanco Valdés ven de rexeitar nun outro xornal galego o dereito dos territorios autónomos do Estado para esixir determinados coñecementos das línguas oficiais distintas do castelán para o seu acceso ao emprego público. O profesor da USC mesmo afirma que calquera persoa que só coñeza o castelán habería poder traballar en calquera emprego e lugar do Estado sen que se lle requira coñecemento ningún dunha outra língua oficial.

 

domingo, 12 de marzo de 2023

A política lingüística, baixo a toga


 por Marcelo Otamendi, en Nós Diario:

Algún día, e tal como imos non teremos que esperar moito, os cruzados que a xustiza española ten na maxistratura en Hego Euskal Herria decidirán, como no seu día decidiron en Catalunya, que nas escolas do modelo D, 25% das materias deberán impartirse en castelán. E entón será tarde, xa que non aprobamos os exames que nos impuxeron anteriormente eses mesmos maxistrados, e, nalgúns casos, porque non nos presentamos ao exame. 

xoves, 19 de xaneiro de 2023

Os nosos dereitos lingüísticos: vivir en galego. A avogacía exercida dende o galego: casos e sucesos

Velaquí a 8ª edición do LGx15, o evento de charlas organizado pola CTNL. A primeira achega desta edición está protatonizada por Elsa Quintas Alborés avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística.

Elsa expuxo a lexislación da que nos podemos valer para conseguirmos vivir en galego, as contradicións normativas e as grandes lagoas existentes na lexislación respecto das linguas e os falantes. Mencionou supostos especiais que foron abordados pola Liña do Galego

mércores, 2 de novembro de 2022

A escola non é cousa de xuíces

Campaña de Omnium para defender unha escola fronte aos ataques da xudicatura. A escola debeser creada polos seus membros e non se deben tolerar intrusións dunha caste negacionista como a da xustiza.

En Galicia o asunto, coma sempre, é moito máis grave. Fronte a un caso ben claro de conculcación da lei, o funesto decreto do plurilingüismo atenta contra unha implantación progresiva do galego no ensino. O TSXG desprezando por completo o mandato popular, nin tivo en conta esta esixencia cando foi recorrido o citado decreto. Aínda estamos agardando a que se pronuncien as instancias europeas, en contestación á reclamación da RAG. Mentres levamos 12 anos de regresión na implantación da lingua no ámbito educativo. 

xoves, 9 de xuño de 2022

Escrituras notariais en galego, vaia excentricidade

 


por Elsa Quintas Alborés en Nós Diario:

Lembraba hai uns días Carlos Callón que foi en 1480 cando impuxeron aos aspirantes a escribáns a obriga de se examinaren en castellano.

 

mércores, 16 de febreiro de 2022

Un 155 lingüístico, fillo directo da Constitución española (I)


 por M. Pilar García Negro en Nós Diario:

O 13 de Outubro de 1983, o primeiro goberno PSOE do actual rexime interpón recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Normalización Lingüística da Comunidade Autónoma galega, promulgada aquel mesmo ano. Estamos no ecuador da primeira lexislatura autónomica. Ramón Piñeiro, deputado "independente" no grupo do PSOE e Domingo García Sabell, delegado do goberno español na Galiza e, á par, presidente da Real Academia Galega. Once meses antes, en Novembro de 1982, os deputados nacionalistas Bautista Álvarez, Lois Diéguez e Claudio López Garrido, desposuídos ilegalmente dos seus escanos, previa imposición dun regulamento que non existía na pose dos mesmos, programado expresamente para invalidar pola forza a lexítima representación obtida nas urnas. Así de edificante foi o comezo da "autonomía" galega. 32 meses despois de apresentado o recurso mencionado (vulnerando o proprio prazo marcado na lexislación), o Tribunal Constitucional dita sentenzas atinentes á lei galega, á basca e á catalá, igualmente impugnadas. Nelas, a pulcritude xurídica brilla esplendorosa, a base de peticións de principio como esta: "Aunque la Constitución no define, sino que da por supuesto lo que es una lengua oficial, la regulación que hace de la materia permite afirmar que es oficial una lengua, independientemente de su realidad y peso como fenómeno social, cuando es reconocida por los poderes públicos como medio normal de comunicación en y entre ellos y en su relación con los sujetos privados, con plena validez y efectos jurídicos".

 

domingo, 26 de decembro de 2021

O dereito a vivirmos en galego

 


por Xoán Antón Pérez Lema en El Correo Gallego:

A lóxica do Estado español é beneficiar ao castelán e limitar o galego e, tamén, ao euskera e ao catalán, malia que nestes dous casos cadanseu Poder autonómico compensa, nunha pequena parte, a abafante omnipresenza do castelán na Administración de Xustiza, no mundo empresarial, na publicidade e na comunicación e fición audiovisuais. Unha desaquelada desproporcionalidade, tendo en conta que somos un País no que sabemos falar galego o 89%, mentres un 53,3% aínda fala só ou nomeadamente galego e só o 24% fala sempre castelán.
 

sábado, 4 de decembro de 2021

Render a lingua

 


por Vincent Partal en Nós Diario:

A bomba estalou nunha semana especialmente convulsa. Na segunda feira o Parlament aprobou a tramitación dos orzamentos no medio dun espectacular rifirrafe entre os socios de goberno. A CUP opuxérase aos mesmos, cousa que non deixa de chamar a atención porque hai apenas medio ano pactou con ERC que lle deixaría dous anos de marxe para intentar facer as súas políticas. E isto provocou que ERC procurara a abstención dos Comuns, cousa que Junts non aprobaba. Ao final o acordo foi que Comuns mercaba un orzamento elaborado por Junts, con Junts enfadado e a cambio de que Esquera vote o orzamento municipal de Ada Colau, que xa tiñan anunciado que non ían aprobar. Un moi bo colega noso italiano, Francesco Olivo, dixo hai uns anos que a política catalá é acrobática. Pois aquí, Martxelo e María, unha proba máis.

 

luns, 17 de febreiro de 2020

Promovermos o galego no eido xurídico

por Xoán Antón Pérez Lema, en Nós Diario:


Neste país os administrados e os seus avogados temos pleno dereito ao uso da nosa lingua perante todas as Administracións, dacordo coas leis galega de normalización lingúistica, estatal de procedemento administrativo común e orgánica do poder xudicial e coa Carta Europea das Linguas Minorizadas. Este dereito adoita ser limitado na praxe ou mesmo descoñecido na Administración periférica do Estado (nomeadamente perante a Axencia Estatal Tributaria-AEAT e a Administración da Seguridade Social) e tamén na Administración de Xustiza.