Carme Pampín, Doutora en Química Orgánica, co-fundadora e directora de Galchimia, é entrevistada por Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador, sobre o traballo dese laboratorio e a importancia da investigación en Galicia,
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Galeguizar Galicia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galeguizar Galicia b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 20 de novembro de 2019
O galego ten química
Carme Pampín, Doutora en Química Orgánica, co-fundadora e directora de Galchimia, é entrevistada por Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador, sobre o traballo dese laboratorio e a importancia da investigación en Galicia,
mércores, 24 de xullo de 2019
Daniel García Ramos, a forza da palabra
Documental de Galeguizar Galicia sobre a figura do que foi maxistrado do TSXG, Daniel García Ramos (1933-998) home comprometido coa normalización nun campo aínda hoxe prácticamente ermo, o da xustiza.
sábado, 27 de abril de 2019
A descompensación lingüística
por Xurxo Martínez González en Luzes:
Joan Tardá: ¿Tengo derecho a responder en catalán?Xuíz Manuel Marchena: No.
Esta secuencia viviuse na sala do Tribunal Supremo que xulga o Procés. Ten un aquel lingüístico que expresa, con rotunda negativa, unha situación de desigualdade idiomática. A pregunta é directa, a resposta é monosilábica.
martes, 9 de abril de 2019
Unha resposta para tres chaquetas
O pasado 15 de marzo, nun acto patrocinado pola Irmandade Xurídica Galega no que se lembrou cunha placa a primeira sentenza en galego nos xulgados de Marín, homenaxeouse aos maxistrados precursores Sandra Piñeiro e Xermán Varela.
O avogado Avelino Ochoa, vestido cunha americana azul, lembrou que a homenaxe demostra que vivimos nun Impaís,
"que nesta especie de mundo ao revés xa non sei se queda ou non, esperanza para o galego, polo menos, neste ámbito da comunidade xurídica"
"O índice de demandas, resolucións e sentenzas escritas en galego é ínfimo e mentres tanto a Lei de Normalización Lingüística vai cumprindo anos"O maxistrado Xermán Varela Castro, que gastaba unha chaqueta de punto, destacou o alto uso do galego pola cidadanía cando son os funcionarios da xustiza os primeiros en empregalo, pola contra se non o falan tampouco o falan os cidadáns.
"Seguimos sen ter un sistema informático en galego, seguimos sen ter un sistema informático que permita vehiculizar a actividade cotiá no noso idioma. Non unha mera tradución dalgún documento. Seguimos sen un acceso xeralizado, sen unha promoción seria do que foi o gran dicionario xurídico galego e levamos anos repetindo isto, cada vez que nos atopamos, e seguimos sen conseguilo. Pero iso, estas críticas que xa repetimos e levamos moitos anos, hoxe estamos peor. E estamos peor porque escoitamos tambores de uniformidade que nos chegan de fóra e que nos veñen a dicir que queren que tratemos o galego como pouco menos que un "detallito cultural", unha excentricidade folclórica, pero que non sexa empregado, que non sexa requerido, que non sexa valorado no exercicio da Administración."A maxistrada Sandra Piñeiro Vilas, cunha chaqueta bordada en dourado, explicou en que consiste o voluntarismo lingüístico que fan algúns na administración de xustiza: trátase de entrar na aplicación infomática, baleirar de contido os documentos íntegramente en castelán, aplicar un tradutor, revisar o resultado do tradutor, e por fin, comenzar a cubrir o formulario en galego.
"A promoción da lingua ten que vir desde os poderes públicos, e a aplicación informática está íntegramente en castelán."
A resposta
Finalizou o acto coa resposta de Valentín García, secretario xeral de política lingüística, quen se viu na obriga de dar resposta ás demandas expostas polos participantes anteriores
"Se algún ámbito dentro da Administración lle foi negado ao galego e ás demais linguas minoritarias, este foi o da xustiza [---,] nunca o galego tivo presenza na xustiza ata os tempos contemporáneos e isto lévanos a pensar que hai algunha causa [...] A administración de xustiza utiliza unha lingua de especialidade, de orixe culta, e que ten que ser precisa. Isto, xunto con outras condicións de orixe administrativa, estrutural como a dependencia da Administración Xeral do Estado. Tamén o débito coa documentación xerada con anterioridade e tamén as responsabilidades da Administración que seguramente temos moito por facer aínda"Sobre as reclamacións dun programa de tramitación en galego, a contestación entra do absurdo pois ao non facer referencia á tradución do Minervao ao galego está indicando que o goberno non ten previsto tal actuación. Pero o máis disparatado foi a referencia ao Plan Senda, un proxecto de dixitalización da Xunta que nada ten que ver coas demandas feitas.
"Xa saeu aquí o programa informático Minerva que non ten unha tradución ao galego. É un programa que non foi creado en Galicia e que moi próximatemente imos ter reemprazado dentro do programa Senda que xa levará a que todos os expedientes que manexedes nos xulgados estean en formato dixital"
Velaquí como Valentín respondeu ás tres chaquetas, e deixou sen resposta ás persoas que as levaban. Sempre é así.
martes, 16 de outubro de 2018
Deixa en herdanza a túa lingua
En ningún lugar está tan morta al lingua galega como nos cemiterios. Por iso, un ano máis a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pon en marcha unha campaña polo uso do galego nos documentos notariais e nas lápidas mortuorias.
Este é o texto co que se presenta o audiovisual:
Houbo tempos –séculos atrás- que era frecuente encontrar nos protocolos notariais mandas testamentarias. Nelas o testador impúñalles aos herdeiros obrigas de carácter piadoso, por regra xeral. Case todas elas referidas ás crenzas relixiosas imperantes na sociedade: celebración de cabodanos, construción de cruceiros ou hermidas cunha advocación conreta... Desta maneira foise consolidando xeración tras xeración o respeto e fomento dunha cultura relixiosa. Certo é tamén que había outras moitas cargas para os herdeiros como por exemplo “dar unha pitança o día festa” aos criados. Nun comezo eses protocolos notariais estaban escritos en galego.Tempo despois, a partir do século XVI, foron reemprazados pola prosa notarial en castelán. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, vén publicando unha colección de libros titulados “En galego,agora e sempre”, que recollen modelos de mandas testamentarias nas que se lles encomenda aos beneficiarios testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico, como un legado inmaterial que deben conservar no futuro. Bos exemplos para que retomemos aquel vello costume de incluír neles mandas específicas con esta nova orientación.
martes, 12 de decembro de 2017
A voltas co galego
Se hai uns días podiamos ler un excelente artigo que, coa desculpa da proximidade da data límite de recepción de candidaturas, se facía un repaso polos premiados co Manuel Beiras, nesta ocasión chéganos unha campaña da SXPL en colaboración co Foro Enrique Peinador, impulsan o consumo de produtos etiquetados en galego nas vindeiras datas festivas.
Mágoa que os responsables da campaña non fixeran unha divulgación que faga da campaña un éxito. O Foro Enrique Peinador colgaba no seu muro de facebook o vídeo co lema En galego, sen voltas!, porén os que non anden polo monopolio virtual de Mark Zuckerberg non se enterarán dainiciativa. O caso da SXPL é unha nova mostra do desleixo da Administración xa que se limitaron a soltar unha nota de prensa na que nin se amosa o vídeo nin nada, e aí acabouse o conto. Non merecía este proxecto un espazo continuado na publicidade da TVG?
De que serve, entón, unha campaña oculta coma esta? O seu único obxectivo é o de intentar tapar que a política lingüística de promoción do galego é completamente nula. A SXPL xa ten a desculpa perfecta para xustificar o seu apoio á galeguización no sector empresarial, velaquí como colabora nunha campaña invisible. A quen vai concienciar, se ninguén ve a campaña? No colmo do cinismo, a SXPL reivindícase neste xogo do escondite como valedora dun Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no parlamento no ano 2004, do que é o seu máximo enimigo. Tanto é así que nin tan siquera pode ocultalo na nota de prensa de autobombo:
[1] Crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias.
[2] Estender o uso da lingua galega nas relacións laborais, comerciais e empresariais.
[e 3!!!] Fomentar nas persoas consumidoras o hábito de usaren e reclamaren a atención comercial en galego.
Parece ser que desde a Administración, despois de renegaren na práctica dos dous primeiros, abxuran tan radicalmente do terceiro que ata o substitúen por outro que non aparece por ningures no verdadeiro Plan Xeral de Normalización.
Velaquí que comprobamos, unha vez máis, como a plantilla da Xunta só traballa co único obxectivo de perpetuarse no poder. Pouco, máis ben nada lle importa que o uso do galego sofrise un retroceso descomunal no último decenio, retroceso que foi propiciado por unha política lingüística radical contra todas e cada unha das posibilidades que poidera haber de abrirlle camiño ao galego en cada un dos ámbitos do arco social.
De que serve, entón, unha campaña oculta coma esta? O seu único obxectivo é o de intentar tapar que a política lingüística de promoción do galego é completamente nula. A SXPL xa ten a desculpa perfecta para xustificar o seu apoio á galeguización no sector empresarial, velaquí como colabora nunha campaña invisible. A quen vai concienciar, se ninguén ve a campaña? No colmo do cinismo, a SXPL reivindícase neste xogo do escondite como valedora dun Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no parlamento no ano 2004, do que é o seu máximo enimigo. Tanto é así que nin tan siquera pode ocultalo na nota de prensa de autobombo:
Os obxectivos desta iniciativa, emanado [sic] do Plan xeral de dinamización [sic!] da lingua galega [non existe tal Plan, si que hai un Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por todo o parlamento no 2004 e desbotado polos gobernos de Feijóo] son [1] crear consciencia de que o uso do galego favorece os resultados e obxectivos empresariais e as relación laborais, comerciais e bancarias; [2] estender o uso da lingua galega no ámbito económico, tanto na oferta coma na demanda de produtos e servizos, e mais [e 3]utilizar o idioma para impulsar unha imaxe de marca diferencial propia de Galicia e os seus produtos vinculada á calidade e á innovación e que lles transmita confianza ás persoas consumidoras e ao empresariado.Pode que resulte algo repetitivo, pero tamén será aleccionador recordar os tres obxectivos específicos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega:
[1] Crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias.
[2] Estender o uso da lingua galega nas relacións laborais, comerciais e empresariais.
[e 3!!!] Fomentar nas persoas consumidoras o hábito de usaren e reclamaren a atención comercial en galego.
Parece ser que desde a Administración, despois de renegaren na práctica dos dous primeiros, abxuran tan radicalmente do terceiro que ata o substitúen por outro que non aparece por ningures no verdadeiro Plan Xeral de Normalización.
Velaquí que comprobamos, unha vez máis, como a plantilla da Xunta só traballa co único obxectivo de perpetuarse no poder. Pouco, máis ben nada lle importa que o uso do galego sofrise un retroceso descomunal no último decenio, retroceso que foi propiciado por unha política lingüística radical contra todas e cada unha das posibilidades que poidera haber de abrirlle camiño ao galego en cada un dos ámbitos do arco social.
venres, 2 de decembro de 2016
A lingua das tumbas
por Xosé Antón Jardón, no Praza Pública:
"As campás da catedral iniciaron o toque da agonía, o laio funeral por unha alma a punto de render contas” (Ilustrisima, Carlos Casares).
martes, 29 de marzo de 2016
En Ponteareas co dereito
por Xosé González Martínez, no Faro de Vigo:
Conmemoramos este ano o centenario da constitución das Irmandades da Fala, a primeira entidade cultural que acometeu o labor de galeguizar Galicia en toda a súa transversalidade. A ela pertenceron moitos xuristas que fixeron causa común para salvagardaren os nosos valores patrimoniais; civilistas preocupados pola adecuación das nosas tradicións xurídicas consuetudinarias para que tivesen rango de dereito positivo no marco das grandes transformacións sociais e económicas que estaba a vivir o país, ao tempo que demandaban o uso da lingua galega nas instancias xudiciais.
xoves, 8 de outubro de 2015
Normalización do uso da lingua galega na Administración da Xustiza
O xuíz titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados e membro da Irmandade Xurídica Galega, Juan Manuel Hermo Costoya, impartiu un relatorio sobre a Normalización do uso da lingua galega na Administración da Xustiza.
Entre outras cousas falou da Carta Europea de Linguas Rexionalis ou Minoritarias (CELRM) da que comentou o seu carácter periférico dentro do ordenamento xurídico xa que se ben é de cumprimento obrigado, no caso de que non se cumpra nun prazo de tempo indeterminado, as institucións europeas deberían demandar garantías para o seu cumprimento. Xa hai moito que foi subscrita a Carta polo que reclama que xa debería haber instrumentos que garantizaran que se fixeran efectivos eses dereitos. Para iso debería haber leis de normalización lingüística que ampararan eses dereitos.
O xuiz pregúntase a que lei debemos recorrir para que se nos garantan os nosos dereitos lingüísticos. A resposta é clara: a ningunha. Dependemos únicamente da boa vontade da persoa á que nos diriximos.
A LNL do 1983 establecía o deber de coñecemento da lingua galega. Daquela, un recurso presentado por García Sabell, botou abaixo este recoñecemento. Hermo comenta que a situación política naquel momento é moi distinta á actual e isto levou a que en Cataluña sí exista este dereito, aínda que moi matrizada polo Tribunal Constitucional. Co transcurso do tempo a opinión do Tribunal Constitucional foi cambiando. O estatuto de aunomía catalán permite garantir o principio de territorialidade do uso das linguas. Isto é, que toda administración en Cataluña debe dirixirse a calquera cidadán en catalán e calquer cidadán en Cataluña ten dereito a se dirixir a calquera institución en catalán. Pero outra vez o Tribunal Constitucional coutou outra vez este dereito.
Un resume doutros aspectos do relatorio pódense consultar neste artigo do Galicia Confidencial.
A ponencia está organizada no marco das Actividades Extraacadémicas e de Extensión Cultural da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Vía UVigotv
mércores, 12 de novembro de 2014
Todo depende se vemos ou miramos
por Xosé González no Galicia Confidencial:
A percepción da realidade é ben distinta se vemos ou miramos. Explicáballe así as diferenzas das accións visuais a un amigo adegueiro ao pé do mostrador dunha cafetería para convencelo da oportunidade de galeguizar as súas marcas de viños.
domingo, 26 de outubro de 2014
Alcaldes que dignifican a lingua
por Xosé gonzález Martínez, en La Región
O que lles conto aconteceu non hai aínda moito tempo na parroquia de San Facundo do Concello de Paradela (Lugo). Para facer unha rehabilitación do exterior dunha igrexa románica exhumaron os restos mortais soterrados no adro e trasladáronos a un novo cemiterio construido noutro lugar. A comisión parroquial decidíu algo que deica hoxe era insólito: puxeron nos respectivos nichos cadansúa lápida cunha inscrición en lingua galega. Este feito non foi comentado en ningún medio de comunicación. Eu quero renderlle a esa comunidade parroquial o merecido recoñecemento por ter restaurado a memoria lingüística da parroquia.
venres, 5 de setembro de 2014
Cantares de Brión
por Xosé González Martínez, no Galicia Confidencial:
No devalar dos anos sesenta e dous/sesenta e tres do séculos pasado, cando eu era un mociño e cursaba o bacharelato, nas longas sesións de estudo nocturno, os xoves adoitaba facer unha paradiñas ás doce da medianoite para tomar un café do contrabando que nos traía unha veciña, a señora Virginia, unha arraiana de Monçao, e escoitar en RNE un programa que dirixia e presentaba o xornalistas eumés Manuel Torreiglesias, titulado “Pandeirada”.
martes, 26 de agosto de 2014
Alexandre Bóveda detrás dunha porta de aluminio
por Xosé González Martínez no Faro de Vigo:
Todos o anos, o día 17 de agosto celébrase o Día da Galicia Mártir dedicado á lembranza da memoria de Alexandre Bóveda. O acto realizase ao pé da rotonda que hai nun extremo da ponte da Barca, xa en territorio do Concello de Poio, no camiño de subida á Caeira. Hai ben anos que se erixíu alí un monumento que dá conta do lugar onde foi vilmente asasinado.
martes, 15 de xullo de 2014
Eu etiquetados en galego, e ti?
Xa o ano pasado por estas datas se desenvolvera unha campaña cun lema moi semellante: "eu etiquetados en galego". E nunca está de sobras volver a insistir na necesidade dun tecido empresarial comprometido coa nosa lingua. Mágoa das institucións, que non tardan en sumarse ao carro dests iniciativas cando a relidade indícanos que hai 500 disposicións legais, a gran maioría facendo referencia precisamente á obrigatoriedade do etiquetado de produtos en español, porén a Lei do Comercio Interior de Galicia non ten ningunha referencia á normalización lingüística. Desde o punto de vista empresarial isto é un desprezo directo a estas empresas que sí etiquetan en galego, e desde o punto de vista dos consumidores é un desprezo aos seus dereitos.
mércores, 4 de xuño de 2014
O galego na empresa
por Xoán Antón Pérez Lema, no Sermos Galiza:
O Foro Peinador xunta moitas das empresas que usan o galego para todas ou algunhas das súas actuacións (publicitaria, sinaléctica, de documentación administrativa, de etiquetaxe…). A ela pertencen centos de empresas industriais, de servizos, construción ou agroalimentarias.
venres, 30 de maio de 2014
En Salceda de Caselas trabállase polo futuro da nosa lingua
por Xosé González no Galicia Confidencial:
En Salceda de Caselas remata o mes das Letras Galegas cun acto de reafirmación do galeguismo individual. Ben están os outros que foron convocados arredor da figura de Díaz Castro. Pero de nada servirá que enchamos os andeis das librerías con libros galegos se a maior parte da sociedade galega vive desgaleguizada. A lingua galega ten que procurar outros espazos sociais para que sectores tradicionalmente alleos ao discurso da normalización o fagan seu. Para que isto aconteza cómpre mudarmos o discurso e medios empregados deica hoxe.
xoves, 22 de maio de 2014
Galeguismo xurídico
por Xosé González Martínez (*), no Faro de Vigo:
Cando hai trinta anos o maxistrado Claudio Movilla Álvarez, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña, ditou a primeira sentenza en lingua galega algúns tiñamos o convencemento de que estabamos a retomar os fíos da historia tronzada polos "séculos escuros". O amigo, xa falecido, comunicábame a boa nova ao tempo que me indicaba as dificultades que daquela tiña a utilización da nosa lingua nos usos xudiciais: "Esperemos que nun próximo futuro, o que agora é un acontecemento --que triste considerar esto como un acontecemento!--, se converta nunha rutina".
O mestre e o neno
por Lolo Pavón en La Región:
A Irmandade Xurídica Galega tributará o sábado 24 unha homenaxe a Amadeo Varela Rodríguez, co descubrimento dunha placa na fachada do inmoble de Progreso no que viviu e traballou o recoñecido avogado ourensán, que será seguido dun acto no Paraninfo do instituto Otero Pedrayo. É un grao de area na recuperación da débeda histórica que Ourense con quen foi xurista destacado, intelectual solvente e demócrata apegado ó seu país e a sua língua. (Forma parte da extensa nómina de persoeiros esquecidos, da que Olga Gallego, Alfredo Cid ou Segundo Alvarado constitúen exemplos clamorosos de víctimas da incuria e a racanería no recoñecemento do labor e legado dos homes e mulleres que deixaron pegada nesta terra. Por certo, Amadeo Varela deixou unha extraordinaria biblioteca, que se mantén no edificio de Progreso 75, que merecería a atención dalgunha institución ou entidade).
martes, 13 de maio de 2014
Galeguismo xurídico
por Xosé González Martínez, en Galicia Confidencial:
Cando hai trinta anos o maxistrado Claudio Movilla Álvarez , maxistrado da Sala do Contecioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña, ditou a primeira sentenza en lingua galega, algúns tiñamos o convencemento de que estabamos a retomar os fíos da historia tronzada polos “séculos escuros”. O amigo, xa falecido, comunicábame a boa nova ao tempo que me indicaba as dificultades que daquela tiña a utilización da nosa lingua nos usos xudiciais: “Esperemos que nun próximo futuro, o que agora é un acontecemento -que triste considerar esto como un acontecemento!-, se converta nunha rutina”.
Non é xusto, dicíame, que os profesionais do dereito e xudicatura recorran á argallada de non utilizar o galego por non estaren avezados no uso das súas regras gramaticais. Os que con tanto esforzo estudaron o dereito e prepararon durísimas oposicións poden facer o mesmo estudando a nosa gramática.
domingo, 20 de abril de 2014
Non é xusto, señores e señoras da Academia
por Marica Campo, no xornal El Progreso:
ANDAN XA a circular por aí nomes de posíbeis dedicatarios das Letras Galegas 2015. Por exemplo o ‘Foro E. Peinador’, integrado por nove empresarios, reclámao para Enrique Peinador ou Isidro Parga Pondal. Non dubido dos seus merecementos e do atinado que é recordarnos que a nosa lingua pode e debe estar ligada ao mundo empresarial. Tamén eu o desexo para Fiz Vergara, Xela Arias, Luísa Villalta e Manuel María por citar só as que en vida me foron máis próximas. Porén, señores e señoras académicas, é vergoñento que a estas alturas Don Ricardo Carballo Calero (e tamén don Ricardo Carvalho Calero) non tivese o seu 17 de maio con todo o que isto suporía de exhumación, estudo e publicidade da súa obra, que á fin iso é o que fica despois dos fastos, oficiais e non oficiais, cos que se celebra un autor ou autora de noso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











