Con esta produción audiovisual, inspirada en tres poesías e catro frases da autora, un grupo de alumnos que cursa o 2º ano do Grao en Educación Primaria pola Universidade de Vigo, no Campus de Ourense, buscan homenaxear a Xela Arias.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Ourense b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ourense b>. Amosar todas as publicacións
venres, 26 de marzo de 2021
martes, 12 de maio de 2020
A aventura de coñecer a Carvalho Calero
Non é só un documento, Alexandra, profesora de galego do IES Antón Losada (A Estrada), achéganos esta presentación interactiva sobre Carvalho Calero.
Paseando por ela podemos acceder á declaracion da RAG do 17 de maio do 2020 como día do escritor ferrolán, a un vídeo do Colexio San Pío X (Ourense) sobre a súa vida, a varias interpretacións dalgunhas obras: "Non sei se a matei", "Luísa Sorriso", "Desde o ceu com amor", a un boletín sobre o reintegracionismo, a un encrucillado sobre a súa figura, ou a un increíble xogo interactivo, Don RiDardo, tamén creado polo Colexio San Pío X.
Toda unha aventura arredor de Ricardo Carvalho Calero.
Semana Das Letras Carvalho ... by elogolosada on Scribd
domingo, 14 de abril de 2019
Roteiro polo cemiterio de San Francisco (Ourense)
Hai un ano Alfonso Vázquez Monxardín guiaba un roteiro polo cemiterio de San Francisco, situado nas abas do Montealegre. Tratábase dunha das actividades programadas pola Fundación Otero Pedrayo. O vídeo non ten outro mérito que o dun certificado dixital da celebración dese roteiro. Con todo, se un accede a este wikiloc creado polo propio Monxardín, comprobará que o paseo paga a pena.
Powered by Wikiloc
Cun ano de atraso fun dar ata este camposanto. O estado de abandono e descoido é a primeira e a última impresión que levei do percorrido. Unha mágoa enorme que un lugar cheo de memoria galeguista e inzado dun rebumbio de tumbas fermosas, se é que tal adxectivo pode acompañar a tal outro substantivo.
No wikiloc de Monxardín hai información abonda sobre a localización e a descrición das personaxes. Con todo, vou deixar por aquí o percorrido que fixen eu, máis modesto, pero que dá para invitar a calquera a que repita a experiencia. A seguinte lista de fotos pode ser guía para un percorrido polo cemiterio e pode axudar a identificar as tumbas xa que, dentro dese estado de desleixo, non hai ningún tipo de indicación que nos permita facelo se non é confiando na propia pericia.
Monumento aos fusilados na Guerra Civil |
Florentino López Cuevillas |
Valentín Lamas Carvajal |
Ramón Otero Pedrayo |
Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey) |
Rodolfo Prada |
Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas) |
Eduardo Blanco Amor |
Para finalizar o percorrido, moi preto da entrada, tamén descansa a pobre Asunción, muller ourensá, asasinada por unha ex-parella súa o venres santo de 1891, que lle disparou ao vela acompañada doutro home. Cada 25 de novembro, na celebración do Día contra a violencia machista, fáiselle unha ofrenda floral.
mércores, 3 de abril de 2019
O galego é a fórmula. Vídeo do Correlingua 2019 en Secundaria
Vídeo gañador do concurso de vídeo do Correlingua 2019, o galego é a fórmula, na categoría de educación secundaria e bacharelato. As autoras desta proposta son as alumnas e alumnos de 4º da ESO do CPR Concepción Arenal de Ourense.
mércores, 6 de febreiro de 2019
E se pasaches 21 días falando en galego...
E di Xabier: "Se xa tiraches 21 días falando en galego, por que non quedas falando nel para sempre?"
Ademais, xa hai quen tomou o testigo
martes, 15 de xaneiro de 2019
21 días co galego x 4
O alumnado do IES Pontepedriña de Santiago de Compostela, o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, IES Otero Pedrayo de Ourense e o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos comprométense a falar soamente en galego as 24 horas do día durante as 21 xornadas que dura o programa; é dicir, desde o 14 de xaneiro ata o 3 de febreiro de 2019, dentro e fóra do centro de ensino. Segundo a nota emitida pola SXPL tamén ses buscou o acompañamento do persoal de administración e servizos, as ANPAS e as familias... pero non o profesorado! Por que? Por culpa do maldito decreto 79/2010. Isto non o queren tocar.Excelente a mensaxe que manda a SXPL. Falade en galego, que nós xa procuraremos que vos dean as clases en castelán, que vos fagan os exames en castelán, que o material didáctico estea en castelán.
A pesar de que todo o por onde anda a SXPL sempre corre un regueiro de zudre, a iniciativa de 21 días co galego (este ano 21 días co galego e máis), volvo a dicilo, é unha das mellores iniciativas xurdidas no ensino para a normalización da lingua. Quen non lembra a excelente intervención de Lía Lema no número 11 da rúa Tabernas? ou o inconmensurable audiovisual-resumo da edición do 2017 no Fogar de Santa Margarida (A Coruña) no que se nos descubre o muro que temos levantado contra o uso do galego ao que a política lingüística dos gobernos de Feijóo no fixo máis que colocar contrafortes e levantar alturas.
Todos eles abriron as portas dos seus centros para presentarse ante este reto, o de pasar 21 días falando en galego.
A pesar de que todo o por onde anda a SXPL sempre corre un regueiro de zudre, a iniciativa de 21 días co galego (este ano 21 días co galego e máis), volvo a dicilo, é unha das mellores iniciativas xurdidas no ensino para a normalización da lingua. Quen non lembra a excelente intervención de Lía Lema no número 11 da rúa Tabernas? ou o inconmensurable audiovisual-resumo da edición do 2017 no Fogar de Santa Margarida (A Coruña) no que se nos descubre o muro que temos levantado contra o uso do galego ao que a política lingüística dos gobernos de Feijóo no fixo máis que colocar contrafortes e levantar alturas.
Todos eles abriron as portas dos seus centros para presentarse ante este reto, o de pasar 21 días falando en galego.
venres, 28 de novembro de 2014
Alá fomos, alá non volveremos!
Escrito sobre a entrega de premios do certame do audiovisual OUFF, organizado polo Concello de Ourense e coa colaboración da Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Está asinado polos centros IES A Cachada (Boiro), IES Félix Muriel (Rianxo) e CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro):
Os centros de ensino que asinamos este escrito acudimos o mércores, día 19 de novembro, ao acto de entrega dos premios Ouff Escola de Ourense e saímos da “gala” indignados e decepcionados, de feito estamos convencidos de que non volveremos participar neste certame mentres non detectemos que o modo de facer as cousas mudou de modo substancial.
mércores, 14 de maio de 2014
Nimbos ilustrado polo alumnado do IES Blanco Amor
Unha marabillosa colección de publicacións escolares da obra de Díaz Castro é a que nos chega desde o IES Blanco Amor (Ourense). O alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO do centro elaborou unha serie de debuxos tomando como referencia os poemas de Nimbos.
Segundo se nos informa no ilustracións dos textos foron feitas con diversas técnicas. Os alumnos de 1º ESO empregaron máis a colaxe, mesturada con liña gráfica. Os alumnos de 3º e 4º utilizaron os materiais clásicos como lapis de grafito, lapis de cores, rotuladores e pasteis. Algunhas imaxes de 4º levan unha capa de cor con ceras, e despois unha augada de tinta chinesa.
Segundo se nos informa no ilustracións dos textos foron feitas con diversas técnicas. Os alumnos de 1º ESO empregaron máis a colaxe, mesturada con liña gráfica. Os alumnos de 3º e 4º utilizaron os materiais clásicos como lapis de grafito, lapis de cores, rotuladores e pasteis. Algunhas imaxes de 4º levan unha capa de cor con ceras, e despois unha augada de tinta chinesa.
sábado, 6 de abril de 2013
Cantares gallegos, un album ilustrado realizado no IES Blanco Amor
Fermosísimo traballo realizado, nas clases de plástica, por alumnos de 1º ESO do IES Blanco Amor de Ourense. Que teñan coidado os de Kalandraka que lles saeu unha competencia ben formada!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)