Adaptación (autorizada polo autor) do relato homónimo de Séchu Sende incluído no libro "Made in Galiza", feita ao estilo das curtas documentais educativas estadounidenses dos anos 50 e 60 do século XX coñecidas como "ephemeral films"
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Séchu Sende b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Séchu Sende b>. Amosar todas as publicacións
venres, 22 de marzo de 2019
Instrucciones para empezar a hablar gallego
Adaptación (autorizada polo autor) do relato homónimo de Séchu Sende incluído no libro "Made in Galiza", feita ao estilo das curtas documentais educativas estadounidenses dos anos 50 e 60 do século XX coñecidas como "ephemeral films"
luns, 18 de xuño de 2018
Hipocrisía e premios científicos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística divulgaba o seu apoio [e +] aos premios Ofelia Devesa que se conceden no IES Xelmírez II (Santiago) e gabáse de contribuír así ao espallamento da ciencia en galego, xa que os premios Ofelia Devesa valoran que se ofreza algún aspecto científico tendo como protagonistas aos participantes.
A calquera se lle fai evidente que o nivel de hipocrisía non pode ser maior. Por unha banda sacamos a foto cos gañadores dun certame centrado na divulgación en galego dun aspecto científico mentres que a política lingüística que se leva a cabo é xustamente a contraria: a de prohibir impartir aulas das materias científicas na nosa lingua. Con este tipo de actos preténdese lavar as mans manchadas polo sangue do asasinato da transmisión da lingua ás novas xenenacións. Hai que ser moi estúpido, moi hipócrita ou ambas cousas para acreditar neste tipo de manipulacións.
Os traballos premiados
Os audiovisuais que recibiron o premio son os que compartimos aquí.
O primeiro dos vídeos da categoría (1º a 3º da ESO) é unha recreación do conto Dióxenes do libro Made in Galiza, de Séchu Sende que trata sobre a morte dos porco espiños, e en xeral, os animais mortos nas estradas. A este respecto, convén lembrar a guía de lectura realizada por Pilar Ponte. No apartado adicado a este conto recolle unha proposta de reflexión do IES Ramón Mª Aller:

Segundo os datos da UNESCO cada ano morren entre 25 e 30 linguas no mundo, e o 90% extinguiranse nos vindeiros cen anos, ao mesmo tempo asistimos ao nacemento ou consolidación doutras, especialmente os denominados crioulos ou pidgins. Cal coidas que será a lingua máis falada en Galicia dentro deses cen anos?
O segundo dos vídeos premiados, o da categoría 4º ESO e Bacharelato, trata sobre a comparación entre o cerebro e os ordenadores. Unha reflexión sobre o funcionamento da mente.
xoves, 30 de xuño de 2016
Rabela: debate sobre o galego na mocidade
Cando hai uns días recollía un debate sobre o ensino da nova canle de televisión Nós TV xa osmaba que non sería a última vez que faría referencia ás achegas desta nova emisora radicada en Lalín. O que non esperaba era esta explosión, a do pasado 28/06/16 coa emisión do espazo Rabela, cun especial pola a lingua, con varias horas de emisión e cargado de contidos, dos que se teño tempo irei dando noticia neste espazo.
O primeiro que vou destacar é esta mesa de debate moderada por Pablo "Chichas"e na que interveñen profesores de recoñecida experiencia no mundo da normalización: Séchu Sende, escritor e toda unha referencia, Hortensia Bautista con experiencia como concelleira de normalización e Bernardo Penabade, o ideólogo do "Modelo Burela", xunto á presidenta da CTNL, Anxos Sobirño, falan da perda de falantes na mocidade galega e por onde deben camiñar as prácticas normalizadoras.
Ademais do faladoiro, o programa contén moitas entrevistas, sobre todo a rapaces.
mércores, 18 de novembro de 2015
Fotonovela: Eu fixen a ouigha co espírito de Castelao
Realmente curioso o formato, unha fotonovela. Moi a ter en conta xa que é de realización máis sinxela que un vídeo, e polo tanto máis factible para os afogados ENDL.
Nesta fotonovela cóntasenos unha das historias argallada por Séchu Sende, Eu fixen a ouigha co espírito de Castelao. e da que temos outras moi boas referencias na guía de lectura do Made en Galiza feita por Pilar Ponte.( a quen aproveito para darlle os parabéns polo seu 8º aniversario blogueiro)
xoves, 18 de xuño de 2015
O ladrón de palabras
venres, 23 de maio de 2014
Instrucciones para aprender a hablar en gallego
Outra vez Séchu Sende, e nesta ocasión co respaldo do ludolingüista Carlos L. Medrano.
As protagonistas do audiovisual son Antía Quintá Gayoso e María Martínez Martínez, alumnas de 1º de Bacharelato do Fogar de Santa Margarida (A Coruña) foron as que realizaron esta adaptación do relato «Instrucciones para aprender a hablar gallego», do libro Made in Galiza
luns, 28 de outubro de 2013
Os sonhos de Maré. Falarás a nossa língua
Unha desas cousiñas que fai ese recreador da nosa conciencia colectiva que é Séchu Sende.
Vía Romasanta
luns, 4 de marzo de 2013
Séchu Sende: "Detecto que hai actitudes positivas cara ao galego cando comezan a coñecer a historia da lingua"
Séchu Sende vén de publicar Viagem ao Curdistán para apanhar estrelas, un libro no que se mestura poesía, ilustracións e as vivencias reais do escritor nunha viaxe realizada en 2010 ao Curdistán para presentar a tradución do libro Made in Galiza ao curdo e mais o turco. Agora, esa experiencia plásmase neste libro cuxas vendas servirán para o financiamento de diversas actividades de intercambio cultural entre o proxecto educativo da Semente, en Compostela, e unha escola da cidade Amed, no Curdistán.
Como definiría o Curdistán despois da súa visita e escribir este libro?É un deses países que non está no mapa, coma outros moitos. Cando chegas a un destes países é moi difícil, se vas como turista, conseguir visualizalo. Moitas veces viaxamos cunha ollada moi pouco preparada para localizar as identidades. Eu tiven a sorte de que cheguei con intermediarios, con xente curda e que comprendía o galego. Así puiden coñecer as persoas daquel lugar. E grazas a elas, fun coñecendo o territorio e en moi poucos días, porque en realidade estiven só quince días. A esa experiencia e esa sorte de contar con estas persoas, unido ao que xa lera durante moitos anos ao respecto do Curdistán, puiden aproveitar moito mellor a viaxe do que pensaba. Coñecín a moita xente, de todas as idades e, aínda que foi unha experiencia relativamente limitada, pois para min foi unha gran descuberta. Eu ía alá coa mesma pregunta que vos estades a facer vós: Que podemos atopar os galegos e as galegas que van con curiosidade? E o que descubrín foi unha situación semellante á nosa.
venres, 24 de agosto de 2012
A lingua máis difícil do mundo
Desde o Colexio Luis Vives de Ourense, lectura de textos do imprescindible Made in Galiza, de Séchu Sende. Vía Made in Galiza
E outro máis de regalo:
outube.com/watch?v=K6MgBlyC8OA&feature=player_embedded
venres, 13 de xullo de 2012
Entrevista a Séchu Sende
Estounalavadora é o blogue de Noa Casal e Belén Quinteiro, dúas alumnas do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces). Presentan a súa xanela dixital indicando que 'as nosas entrañas precisan falar', e ben que o fan!.
Nesta ocasión cunha serie de preguntas moi ben escollidas que serían a envexa dos entrevistadores da TVG. Hai futuro.
xoves, 12 de abril de 2012
'Galego, todo o que buscas' vídeo premiado do Correlingua 2012
Excelente, magnífico, impresionante,... ata o último segundo, así é o vídeo 'Galego, todo o que buscas', o merecedor do premio Correlingua da edición deste ano. É outro traballo máis de Édelingua, o Equipo de Normalización do IES Mosteirón (Sada).
O vídeo ten referecias a outros (tamén excelentes vídeos) realizados anteriomente polo mesmo Equipo. Trátase de 'Na oficina de obxectos perdidos' e 'As mazás casamenteiras' argallados encol de contos do libro Made in Galiza de Séchu Sende.
O xurado valorou especialmente a súa emotividade e contido orixnal.
Parabéns mil veces merecidos.
Vía As Gabarras
http://edelingua.blogspot.com.es/2012/04/edelingua-gana-o-concurso-de-videos-do.html
sábado, 3 de marzo de 2012
As mazás casamenteiras
"As mazás casamenteiras", é un novo traballo cinematográfico de Édelingua, do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón de Sada.
Como no caso doutro vídeo realizado por este mesmo Equipo, "Na oficina de obxectos perdidos", está baseada nun texto de Séchu Sende.
Protagonizada por Alejandra e Miguel, de primeiro de ESO, e por Anna e Lucía, de 4º de ESO. Javier González Garrido (Genetic films), de 2º de Bacharelato, gravou, dirixiu e montou este filme no que o feito de valorar a esencia das cousas e non a súa aparencia e a casualidade ou o destino provocan o encontro de dúas persoas moi especiais, un mozo e unha moza moi tenros, amantes da lectura e tamén das mazás do país, as máis saborosas, aínda que non teñan boa "pinta".
Vía CGENDL
martes, 27 de decembro de 2011
Falar. Falar cun papagaio.
NETmoviola: Falar from Ana Moreiras on Vimeo.
Este vídeo ten xa dous anos, pero non deixa de ser actual. Sobre como nos educaron, sobre como educamos a non usar a nosa lingua. Trátase dunha curta sobre o relato homónimo de Made in Galiza
Está claro que se Séchu Sende non existira, teríamolo que inventar.
Por certo, Séchu estrea novo libro nestes días, O caçador de bruxas, e se ten contiños como éste do papagaio, ten ser todo un gusto.
Vía A beira das palabras.
martes, 20 de decembro de 2011
Que ques?
Curta sobre un conto de Made in Galiza, de Séchu Sende, presentada no VII Festival Cineforiano de Curtametraxes. 17/12/2011 ( A Coruña)
domingo, 4 de decembro de 2011
Na oficina de obxectos perdidos
Vídeo realizado polo EDL do IES O Mosteirón de Sada, baseado nun conto de Made in Galiza, de Séchu Sende.
venres, 2 de decembro de 2011
Sobre língua, activismo, papel higiénico e outras cousas
Séchu Sende sobre o uso do galego, os prexuízos e os movementos sociais, no Galicia Confidencial, cun texto que formou parte da súa intervención no Foro Social de Ferrol:
Que há de novo no 15 M?
Que há de novo no 15 M?
Pois, entre outras muitas cousas, a relaçom deste movimento social com a língua.
Eu falo galego desde os 16 ou 17 anos. Antes dessa idade sempre falei em espanhol. É curioso, da minha etapa como castelám falante si que lembro a visiom distorsionada e parcial que tinha sobre a língua galega e a gente que falava galego, mediatizada polos prejuíços mais habituais: quem fala galego é da aldeia, ou nacionalista, ou tem mais de sesenta anos… Em fim, estereotipos que daquela e hoje continuam vigentes e que eu mesmo vivim quando adolescente.
xoves, 26 de maio de 2011
Made in Galiza, máis que un libro
Escrito por Séchu Sende e publicado por Galaxia, "Made in Galiza" foi o gañador do Premio Ánxel Casal ao libro do ano 2007 concedido pola Asociación Galega de Editores. É unha obra literaria pero tamén é un libro para aprender e pensar a sociolingüística. Trátase, en definitiva, dun texto de obrigada lectura para todo o mínimamente interesado na cultura en Galicia e ademais moi acaído para ser libro recomendable no ensino secundario.
O seu éxito de público é indiscutible como demostran as seis edicións en tan só tres anos. No 2010 publícase a súa tradución ao curdo, co título "Nin en soños vou perder a miña lingua" (Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim).

Pois agora, grazas a Pilar Ponte, A Profa, e á AELG, o "Made in Galiza" conta cun complemento educativo multimedia que nos achega vídeos, información, reflexións, ...., un blogue cunha chea de recursos para disfrutarmos aínda maís deste libro que non pode faltar en ningunha biblioteca nin no pouso cultural de ninguén.
Pois agora, a ler o libro, e a remexer neste blogue.
venres, 6 de maio de 2011
O músculo da língua
por Séchu Sende, en Galicia Confidencial:
Diremos de entrada, e com poder metafórico mas com precisom científica, que a língua é o único músculo de movimento voluntário que nunca se fatiga. Tem-se dito que a língua é o músculo mais forte, aínda que realmente esse é um mérito que lhe corresponde ao glúteo máximo –as nádegas- sem o qual nom poderiamos caminhar de pé. Vaia, a língua é um dos músculos mais elásticos e enérgicos e ademais o único que se move em qualquer direcçom. Um músculo práctico e valioso. Mas qual é a importáncia deste músculo no debate sociolingüístico?
Falar qualquer língua requer um adestramento muscular muitas vezes inconsciente mas fundamental para a correcta reproduçom dos sons. O ser humano nasce com os órgaos preparados para produzir sons de qualquer língua. Quando começamos a falar nem nos damos conta do processo polo qual esse músculo que temos na boca adquire destreza lingüística. Mas este treinamento múscular fai-se mais consciente quando aprendemos outras línguas ao medrar.
Muitas vezes perguntamo-nos Que curioso, Maria leva aquí toda a vida e nom dá falado galego e ás vezes responde alguém: Es que no se le dá. Este texto vai dirigido para toda essa gente, porque vamos basear-nos nos exercícios estruturais (ou “Pattern drills”) para umha aprendizagem lingúística acelerativa. Por meio da repetiçom sistemática sobre um modelo (ou “pattern”) adestraremos os movimentos anatómicos mais acaídos ao nosso idioma e superaremos essa dificuldade de saída articulatória: “Es que no me sale”
Quando umha persoa sente que o galego “nom lhe sae” podemos pensar num problema cultural, psicológico ou ideológico mas nunca que detrás desse deficit pode haver um problema anatómico. Si, anatómico. Ou de articulaçom. E muitas vezes identificamos a aprendizagem do galego com actividades morfo-sintácticas ou léxico-semánticas quando o que realmente se precisam som exercícios de treinamento muscular.
Acordo-me agora de Carmen, umha profe de história que chegou de Madrid e me contratou como professor particular de língua para poder impartir as aulas em galego. Recordo que gastavamos o mais do tempo em treinamento da língua: caixxxa, xxxa, xxxa.Repite: Ai-la-lei-lo, ai-la-lai-la. Se vou a Bueu num bou, vou, se nom vou a Bueu num bou, nom vou! Mais que um professor de língua ás vezes sentia-me como um monitor num ginásio: Mui bem,, agora mais arriba, mais abaixo, no padal! um pouco mais, venha, agora com a ponta da língua! Assi, si, siiii!
Para a gente que tem dificultades para falar galego –porque nom lhe dá saído ou pensa que nom lhe senta bem ou porque lhe custa fala-lo- é mui recomendável o treinamento muscular da língua. Familiarizará o seu músculo com o nosso idioma até que a sua pronúncia seja natural e nada estranha., como própria, até sentir como seu o nosso idioma.
Por isso, como iniciaçom indicada para persoas ás que lhes custa falar galego –levem aquí toda a vida ou acabem de chegar- estes som alguns exercícios para agilizar a língua:
Abrir a boca, sacar a língua e levanta-la muito e despois baixa-la muito.
Mover a ponta da língua lateralmente, de esquerda á direita, fora da boca.
Repetir os movimentos anteriores en dous, tres e quatro tempos.
Descreber umha circunferéncia fora da boca com a ponta da língua, lentamente primeiro, logo mui rapidíssimo.
Facer como que se limpam os dentes com a língua.
Sacar e meter a língua na boca, lenta e rapidamente.
Intentar tocar com a ponta da língua a ponta do naris.

Podo asegurar que os resultados chegam ao pouco tempo, por própria experiéncia: eu comecei a falar galego na adolescéncia movendo a língua diante do espelho. Afazendo-me. Porque ao principio fazia-se-me raro… mas com um pouco de práctica e algo de ginásio… solta-se a falar a nom para! Já sabedes: temos umha língua que nunca se fatiga, forte, enérgica, ágil, práctica, valiosa, que se move em qualquer direcçom.
venres, 8 de abril de 2011
David Copperfield nom tem nada que ver com isto
por Séchu Sende, maxistral, desta vez sobre a onomástica, no Galicia Confidencial. Aproveito para recomendar o blogue de Séchu: Made in Galiza
Num país como o nosso, onde o sinal dumha estrada poderia ser objecto dumha tese de doutoramento, que pensas tu ao olhar essa fotografia? Qual será a sua história?
O caminho que leva á praia sempre foi para caminhar, areoso, arisco. Mas aquel dia aquela mulher tivera que colher o tráctor três vezes para librar da areia um picasso, um ibiza e mais um audi. Turistas.
Aínda que bem se via que a estrada se fazia pista e a pista, caminho e o caminho, corredoira de areia, os turistas, no canto de arrumar os veículos onde acabava o asfalto e seguir a pé, avançavam com os turismos para a praia, mesmo até a praia.
E os carros ficavam varados na areia. Inúteis. Na tranquilidade dos dias, as aceleraçons eram cantos de impoténcia...
A mulher nom entendia como era possível aquela falta de senso comum. Tanta… Venhem das cidades e… Nom sabem mais. E cada verao vai a pior. E claro, temos que ir rescata-los. Pobres. Explicou-mo mais ou menos com essas palavras.
Assi que despois de que aquel turista madrilenho lhe dixera, logo de lhe remolcar o volvo com o tractor: Lo que hace falta es asfaltar, que esto es un atraso, a mulher colheu umha lata de pintura do garagem e foi onde o sinal, na beira de estrada, e fixo desaparecer com pintura branca o nome da praia, esse nome ao que algumha guia lhe asignava cinco estrelas e um adjectivo mágico: virgen, playa virgen.
E o sinal ficou branco, vazio, sem palavras. E assi foi como aquela mulher fixo desaparecer umha praia.
Pouco a pouco deixarom de aparecer papeis, latas e plásticos nas dunas, entre as papoulas de praia e as ervas de namorar, entre os ninhos dos maçaricos e os das pílharas papudas.
O desvio na estrada deixou de indicar um caminho para Algures e os turistas nom adoitam abandonar um caminho sem sinalizar. Pouca gente se aventura a entrar num caminho que abre um misterioso indicador em branco, branquejado. Esse vazio… um sinal assi só pode conducir a Ningures. Ninguém quer ir a Ningures porque nom é possível ir a Ningures.
Umha mulher fixo desaparecer umha praia e fixo-o por umha questiom de supervivéncia. Escondeu-na para que nom sofresse.
E esta é umha história real.
Agora quem tem a sorte de conhecer a praia protege-a ocultando o seu nome.
Contam que o mágico David Copperfield fixo desaparecer um jumbo num aeroporto dos Estados Unidos mas na Galiza umha mulher fixo desaparecer umha praia de vários quilómetros.
Os sinais das estradas visibilizarom durante anos e visibilizam hoje os conflitos lingüísticos, políticos, sociais e culturais com os que convivemos. E aínda hoje seguem a ser espelhos dos nossos conflitos, símbolos de destruçom e criatividade, de agresiom e resisténcia.
A psicologia ambiental estuda as relaçons entre o comportamento do ser humano e o meio ambiente. Poderiamos dizer que todo cámbio no comportamento das persoas provoca cámbios no ambiente e que, viceversa, as mudanzas no meio ambiente criam transformaçons no comportamento humano. Este texto foi escrito especialmente para aquelas persoas que nom crem, -ou que nom podem imaginar sequera-, que umha palabra pode cambiar o mundo.
Se quando umha palabra desaparece pode chegar a desaparecer umha praia, devemos saber que qualquer palabra que pronunciamos pode cambiar o mundo. É inevitável: as nossas palabras mudam o mundo!
Som poderosas. Som muito mais poderosas do que muita gente pensa.
Olha esta foto. Um sinal borrado. Quem puido fazer desaparecer o topónimo e por que?

venres, 25 de marzo de 2011
13 culherinhas numha caixinha negra
por Séchu Sende, como é normal nel, excepcional, cun fermosísimo contiño sobre a transmisión interxeneracional, en Galicia Confidencial:
-Nom tenho demasiadas, afortunadamente. E digo afortunadamente porque cada vez que consigo umha é como se medrasse a minha tristeza... ás vezes, outras, a raiva. Já perdim a conta delas, tenho-as nesta caixinha negra, olha. Ves, som culherinhas pequenas, prateadas, todas som diferentes.
Contei-nas. Brilhavam. Havia doce culherinhas.
-Esta foi a primeira, -dixo Luísa colhendo umha-. A mim encantava-me jogar de nena com ela e um dia dixo-me minha avoa, recordo-o perfeitamente, dixo: Esta culher agora é tua. Coida-a bem e limpa-a com limóm, que é de prata. Recordo-o como se fosse hoje: Esta culher... agora é tua. Esta culher... dixo. Guardei-na como um tesouro até hoje. Despois minha avoa puxo-se a pelar umha laranja.
Luísa tem duas nenas. Umha de cinco anos, Inés, e outra de dez meses, Maruxa. Saímos dar umha volta e entramos num bar, na Rua do Príncipe. Pedimos duas cervejas. Maruxa começou a chorar no carrinho e Luísa colheu-na no colo.
- Tem fame, dixo.
Sacou um tarrinho do bolso, mostrou-lho á nena, que deixou de choromicar, e dixo-lhe:
- Hoje preparei-cho de laranja e pera.
E dixo-me a mim:
- Nunca levo culherinha no bolso.
Ergueu-se e achegou-se á barra com a nena no colo.
- Olá, poderia deixar-me umha culherinha?
A camareira dixo: Que?
- Umha culher, -repetiu Luísa..
- Que?, -repetiu a camareira. Teria uns trinta anos.
- Umha culher, repetiu.
- Eh?, repetiu a camareira.
- Umha culher, -repetiu Luísa sinalando com o dedo umha culherinha que havia sobre a barra um pouco mais alá.
- Ah!, exclamou a camareira.
Luísa voltou com a culher e dixo enfadada, indignada:
- Outra para a colecçom.
E dixo:
- É triste que haja alguém que nom te entenda no teu próprio país quando pides umha simple culher.
E dixo:
- Por isso é triste a minha colecçom, porque medra com a ignoráncia da gente... E da-me raiva.
Quando Maruxa acabou a pera com laranja e nós, as cervejas, Luísa guardou a culherinha no bolso, paguei e marchamos. Na rua Inés prendeu-se da mao de sua mai e dixo-lhe:
- Mamá, sabes, vou começar umha colecçom de garfos

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)