Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Sergi Lara. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sergi Lara. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de novembro de 2012

Fènix 11·23



Outono do ano 2004, Èric Bertran, un neno de 14 anos, crea un web inspirado en 'Harry Potter e a Orde do Fénix' para defender a lingua catalá. Unha note, trinta garda civís da brigada antiterrorista de Madrid irrompen na súa casa e acúsano de terrorista informático. O seu crime: enviar un e-mail a unha cadea de supermercados pedindo o etiquetado en catalán.
Ésta e a sinopse da película 'Fènix 11·23', dirixida por Joel Joan e Segi Lara, que se estreou o pasado 9 de novembro. Este proxecto, do que xa déramos conta no seu día, saíu adiante grazas ao micromecenazgo.
O lingüista Noam Chomsky, ao coñecer o caso dos problemas do rapaz catalán por defender a súa fala afirmou que "o mundo tería que coñecer a historia de Èric". E para contribuir a que así sexa, deixo por aquí as ligazóns a un documental no que se relatan os feitos e se entrevistan aos protagonistas da historia. Considero de imprescindible a visión deste documental  realizado por Xevi Mató no 2005: [1] , [2][3][4] [5].