Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de abril de 2016

Xornada sobre a divulgación científica



O pasado día 20/04/16 celebrouse no Consello da Cultura Galega unha xonada sobre a divulgación da ciencia en Galicia e presentouse un informe sobre o estado da cuestión. A canle Nós TV fixo esta reportaxe (que me gustou moito) explicando algúns dos puntos esenciais desta xornada.
Tamén deixo aquí unha lista de reprodución de 3 vídeos gravados durante as sesións.




mércores, 14 de outubro de 2015

A lingua do cerralleiro

Tiveron que pasar once días de xuízo polo caso Asunta. Ducias de declaracións en horas e máis  horas de testemuñas e finalmente tivo que ser  un cerralleiro o que fixera visible o que ata o momento estaba oculto. Nin os avogados, nin fiscais, nin xuíces, pero tampouco os familiares, amigos, persoas con algunha relación coa familia, policías,... ninguén dos máis de 80 intervintes dixo nin a primeira palabra en galego. Se non fose por el, polo cerralleiro,  o xuizo ben podía estar celebrándose en Valladolid no canto de en Santiago. Esa é a realidade do mundo xudicial,  un ámbito que vive de costas á lingua da terra, máis aínda desde que o programa informático de tramitación xudicial exclúe a lingua galega. Isto último foi denunciado centos de veces. Levamos así, sen mover un dedo, desde o ano 2010, no aque se implantou o Minerva, o referido programa.  O custe da súa tradución é ridículo, no entanto demostra a magnitude do odio á lingua da clase que nos goberna. Sospeitamos que o que sucede é que a Dirección Xeral de Xustiza está dentro do organigrama da Consellería de Vicepresidencia e a norma, non declarada, pola que se rexe a política lingüística da Xunta é que a normalización quedará restrinxida ao reducido ámbito da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Recordemos que o peso deste último organismo na organización xeral da Xunta é ridículo; o seu orzamento só representa o 0,06% do total. A iso é ao que fica reducido o galego para o goberno.

martes, 24 de marzo de 2015

A culpa non botedes á Virxe do Cristal

por Xosé Antón Laxe Martiñán, nas Voces de Prolingua:

Hai certos bens que non celebran a saudade nin teñen valor conmemorativo, senón que materializan o valor intanxible doutro ben que, se non situado no mesmo chanzo da elite, si lle anda moi próximo. Cunha consigna que percorrerá os séculos como cápsula do tempo, máis que cunha advertencia, como era adoito nel, instruía Castelao sobre o valor da lingua: un monumento superior á catedral de Santiago.

sábado, 19 de marzo de 2011

Tadashi Yamamoto, outro galego-xaponés.

Este pasado luns falábamos dun blogue dun xaponés en galego no que comentaba as  súas impresións persoais sobre o desastre que están a sufrir naquelas terras. Hoxe quero achegar aquí esta reflexión de Tadashi Yamamoto, profesor na Universidade de Tenri que visitou Galicia varias veces nos últimos anos.  Tadashi vive en Osaka a 700 quilómetros do epicentro do terremoto, comenta:

Aínda aquí, onde non nos afectou case nada o movemento sísmico, ficamos nerviosos e frustrados. Así, pola nosa inquietude para coñecer o que ocorrera e ocorrería de verdade, requerimos máis informacións, e as informacións excesivas acumuladas na pantalla e nas páxinas da prensa fannos máis inquietos.


Vía Fala Londres

luns, 14 de marzo de 2011

ガリシアへ行こう!

ガリシアへ行こう!é o blogue en galego dun xaponés, Masashi Oki, que desde Tokio, na súa nova casa, á que acaba de mudarse,  nos conta as súas impresións sobre a terríble situación que están a sofrir naquelas latitudes.
Masashi que acaba de casar,  enviou tamén un artigo que o Xornal publicou hoxe.
Vía CiberIrmandade da Fala.