Non é que o diga eu, senón o Parlamento Galego, que vén de aprobar a CARTA GALEGA DOS SERVIZOS PÚBLICOS (Lei 1/2015) e recolle así o mandado do art. 41 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Luis Villares b>. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2015
A presentación do servizo público en galego como dereito fundamental
Por Luís Villares Naveira, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas Voces de Prolingua:
domingo, 12 de setembro de 2010
Luís Villares debulla as ilegalidades do decreto 79/2010
Luis Villares explica que "dar as clases en galego non é só un compromiso, é un deber legal". Para velo enteiriño.
O fondo do vídeo é moi significativo da situación actual nos centros de ensino. A conferencia gravouse no IES Ramón Mª Aller de Lalín e as bolsas que se ven detrás do relator están cargadas de libros do sistema de préstamo que se lle entregarán aos alumnos no inicio do curso. Son libros en castelán porque os libros en galego estarán nalgún soto precisamente polas disposicións administrativas da Xunta na aplicación do funesto decreto 79/2010.

Luís Villares. Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia? from vagalumes on Vimeo.
mércores, 28 de xullo de 2010
Luís Villares: “É ilegal o decreto do plurilingüismo”
Excelente artigo do Galicia Hoxe. Houbo outros sobre a presentación deste libro, pero este artigo de Montse Dopico destaca.
Para ler enteiriño.
Para ler enteiriño.
sábado, 24 de xullo de 2010
Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo
O Xornal de Galicia informa sobre a presentación dun novo libro da editorial Laiovento titulado Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo que terá lugar dentro das actividades do Festigal:
Esta obra convértese nunha análise concienciuda dende o punto de vista legal sobre a norma lingüística aprobada polo Executivo de Núñez Feijóo. Maxistrados, avogados e profesores universitarios especializados en diversos campos reflexionan sobre o decreto e poñen de manifesto as “aberracións” e “falacias” legais do citado documento.
“Para a elaboración deste estudo compuxemos un equipo multidisciplinar dende os diversos puntos de vista legal: a avogacía, a xudicatura e a universidade. Non é unha obra só academicista. Por iso houbo un equipo que abranguía todas as ópticas”, sinala o maxistrado Luís Villares, coordinador da obra. Este xuíz da Fonsagrada encabezou un grupo de expertos no que se atopan os profesores de Dereito administrativo Alba Nogueira e Carlos Amoedo, os avogados Xosé Manuel Fernández, Héctor López, Blanca Roura e Xesús Costa e a xuíza Dalila Dopazo. “Todos nós buscamos achegar ao debate social reflexións científicas dende o punto de vista xurídico”, sinala Villares.
Os estudos destes expertos chegaron a unha serie de conclusións sobre as deficiencias legais que se poden atopar no documento. “En liñas xerais, a norma está viciada de ilegalidades dende a visión xurídica e atópanse falacias legais. É unha norma que non debería ter máis percorrido”, sinala o coordinador da obra. Entre eses aspectos máis cuestionables, destaca en primeiro lugar a confrontación do decreto coa Constitución. “No decreto hai erros conceptuais sobre os principios de igualdade e de liberdade. Confunde a liberdade como medio e a liberdade como fin. No aspecto da igualdade, a Xunta defende a equiparación do 50% entre galego e castelán como unha conquista de igualdade, pero omite o punto de partida das linguas”, sinala Luís Villares.
Outro aspecto que se cuestiona no estudo é que o decreto vulnera a Carta de linguas rexionais ou minoritarias na programación do sistema educativo, tratado internacional incompatible co decreto.
Un terceiro punto deficitario da norma é, segundo o estudo, que vai contra a progresividade recollida na normalización lingüística, xa que é un retroceso na protección da fala propia. Un cuarto elemento destacado no estudo é a prohibición de dar unha serie de materias en galego. “Esa é outra aberración legal no punto da normalización lingüística”, sinala Villares. Con estas conclusións, a obra presenta unha radiografía legal “preocupante” do decreto do plurilingüismo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)