O povo galego creou a súa lingua para usala como necesidade social. Só deixa de utilizala cando lle é arrebatada mediante diferentes mecanismos de substitución. Ningún proceso natural encerra xenreira polo propio e mudanza polo alleo. Son, por tanto, procesos de dominio e colonización os que actúan coa intención de ir borrando a nosa identidade nacional e así a súa marca máis relevante, a lingua. O sometemento como nación, prohíbenos o exercicio do dereito fundamental a vivirmos no noso idioma. Procurase adormecer as conciencias para que se perciba como insignificante, sen valor e utilidade a nosa lingua e negar todo o que nos fai ser galegos e galegas.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Anxo Louzao b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anxo Louzao b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 22 de febreiro de 2020
Lingua e dereitos
por Anxo Louzao, no Nós Diario:
venres, 5 de maio de 2017
A Valedora do Pobo xustifica a nova redución de aulas en galego imposta pola LOMCE
A LOMCE reduce ao mínimo a a xa minguada presenza do galego no ensino derivada do funesto decreto do plurilingüismo. Así o denunciaron no seu día A Mesa e a CIG ante a opinión pública e tamén ante a Valedora do Pobo, Milagros Otero, quen acaba de pronunciarse sobre a cuestión xustificando a marxinación da nosa lingua.
Nesta comparecencia ante os medios Anxo Louzao e Marcos Maceira denunciaron a situación de indefensión derivada desta decisión.
Nesta comparecencia ante os medios Anxo Louzao e Marcos Maceira denunciaron a situación de indefensión derivada desta decisión.
venres, 30 de maio de 2014
Xabier P. Docampo: as aulas do franquismo e o anel de chumbo
Falabamos en castelán na aula e en galego no recreo.
Sempre nos enche de gozo escoitar a Xabier P. Docampo porque vendo como se desenvolve un gran mestre os que nos adicamos ao ensino podemos aprender un mundo. Nesta enuncia o brutal retroceso que supón a LOMCE e relata a súa experiencia nesa futura escola franquista.
Docampo cóntanos que o primeiro que se aprendía na escola era a terlle xenreira á túa propia lingua. O relato do anel de chumbo é tremenda, pero non é a única. Falou tamén da segregación, das reválidas, as visitas do inspector, a promoción do clasismo, a xerarquización, as ratios, o profesorado, a regra de 3, a LOMCE,... Estes 20 minutos de clase son unha marabilla.
A lembranza da realidade escolar durante o franquismo e a súa comparación co modelo educativo que pretende implantar o PP coa LOMCE foron os protagonistas dun acto simbólico organizado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público no Museo Pedagóxico de Galiza este mércores 28 de maio.
Desde a Plataforma promóvese que o vindeiro día 4 se faga lectura do manifesto nos centros de ensino.
domingo, 23 de febreiro de 2014
Seis tácticas anti-LOMCE
Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, explica neste video 6 tácticas para dificultar a aplicación da LOMCE nos centros de ensino unha vez que foi aprobada. O traballo ven acompañado de imaxes das manifestacións da folga estudantil do #20F en Vigo, A Coruña e Compostela.
martes, 16 de xullo de 2013
A LOMCE, letal para o ensino público galego
por Anxo Louzao, no Sermos Galiza:
En primeiro lugar, quero agradecerlle ao Bloque Nacionalista Galego a invitación para comparecer nesta comisión e ter a posibilidade de expoñer a nosa opinión sobre a LOMCE. Procuraremos, na medida do posible e tendo en conta o tempo do que dispoñemos, expoñer as razóns que ten a Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), organización maioritaria no ensino en Galicia, para rexeitar na súa totalidade esta proposta de lei. A miña exposición se fundamenta tamén nas propostas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a través da cal canalizáronse numerosas e concorridas mobilizacións e accións en contra da LOMCE
xoves, 4 de xullo de 2013
O galego, a impunidade e a mentira
por Anxo Louzao, no Sermos Galiza:
Debo recoñecer que a estas alturas non é doado que haxa actuacións da Consellería de Educación que me resulten sorprendentes. Son tantas, permanentes e disparatadas as que levamos soportado que xa a un lle parece que está inmunizado ante tanta impostura, engano e demagoxia que emanan dunha Consellería que, baixo a batuta de Jesús Vázquez, usa constantemente, de maneira perversa, os medios institucionais e de comunicación e os recursos públicos para atacar o idioma e calumniar impunemente a organización maioritaria do profesorado galego, a CIG-Ensino. Mais a última deixoume abraiado.
xoves, 6 de decembro de 2012
A derrogación do Decreto de Plurilingüismo: unha necesidade urxente para o futuro do idioma
por Anxo Louzao, en Sermos Galiza:
O día 22 de novembro comezaron facerse públicas as sentenzas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditou en base aos recursos presentados por varias entidades. Catro son as sentenzas ditadas até agora, as suscitadas polos recursos presentados pola Mesa, por Queremos Galego e pola CIG-Ensino, integrante da plataforma Queremos Galego desde onde colabora activamente na promoción de todas as mobilizacións que se convocaron nestes anos. Unha semana despois saíu tamén a sentenza ao recurso presentado pola Real Academia Galega (RAG).Todas as sentenzas anulan e declaran ilegais aspectos fulcrais sobre os que pilota boa parte da política lingüística do PP. Afirma a sentenza que o artigo 5.2 do Decreto do plurilingüismo “vulnera a configuración do dereito fundamental á educación, posto que os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste caso educativa, non pode abdicar, sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educación infantil”. A aplicación dese artigo no que estipulaba a realización dunha enquisa aos pais e nais para fixar a lingua de ensino supuxo que, nas cidades, o ensino en galego fose varrido das aulas de Educación Infantil, malia que, en moitos deles, máis do 40% dos pais/nais declaren ter como lingua “materna” o galego, independentemente de cal sexa a lingua maioritaria na contorna do alumnado.
mércores, 7 de decembro de 2011
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución. (3)
Lingua, Sociedade, Nación: normalización ou substitución é o título dunha xornada celebrada en Pontevedra no ano 2009, organizada polo BNG. Formado por 10 vídeos cunha duración de entre 10 e 20 minutos
Vídeo 7. Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG-ensino
Vídeo 8. Nel Vidal, presidente da CTNL
Vídeo 7. Anxo Louzao, Secretario Nacional de CIG-ensino
Vídeo 8. Nel Vidal, presidente da CTNL
martes, 2 de agosto de 2011
Presentación de 'Como defenderes os teus dereitos lingüísticos' no Festigal
Presentación no Festigal do libro de Carlos Callón "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos". Participan Manuel Bragado, director da editorial Xerais, Carlos Outeiro, responsable da Mesa de Ferrolterra, Dalila Dopazo, maxistrada do social de Lugo, Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-ensino, e o propio autor.
Vía Brétemas
Presentación do libro "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" from Redelibros on Vimeo.
Vía Brétemas
Presentación do libro "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" from Redelibros on Vimeo.
venres, 27 de maio de 2011
Aniversario da aprobación do Decreto de Plurilingüismo
Como por mor das leas internas a aprobación do funesto decreto de plurlingüismo, inicialmente prevista para despois do día das letras (20/05/2010), se retrasou unha semana, é hoxe (27/05/2011) cando se cumpre un ano da súa data de posta en marcha polo Consello da Xunta.
Para facer unha análise do que significa esta aprobación eu quédome con este debate, celebrado un mes antes, dentro do marco das XX Xornadas de lingua e literatura, que aínda que ten referencias á situación que se vivía naqueles momentos, é do máis lúcido que nunca se ten dito sobre o decreto que tan negras consecuencias está tendo no desartellamento da normalización e os usos da nosa lingua.
Intervén Anxo Louzao (CIG-Ensino), Carlos Callón (Mesa pola normalización lingüística), Román Landín (Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística) e Xoán Costa (Presidente da AS-PG).
sábado, 29 de xaneiro de 2011
O Consello escolar contra a Lei de Convivencia
O Consello Escolar rexeita a Lei de Convivencia. Oito organizacións -CCOO, UGT, CIG, a Confederación de ANPA de colexios públicos Confapa, tres movementos de renovación pedagóxica e o Seminario de Estudos Galegos- presentaron as súas respectivas emendas á totalidade, que se votaron de forma conxunta. Ó seu favor emitíronse 21 votos (o 52,5%), 11 en contra (entre eles os de Congapa, a patronal de centros concertados, o sindicato Anpe e representantes de municipios do PP- Outros dous votos foron abstencións, unha dos colexios relixiosos.
Esta lei leva está pensada para fortalecer o funesto decreto de plurilingüismo ao que pretende reforzar. Parece que vai levar o mesmo camiño que este último que tamén fora rexeitado polo Consello Escolar. Agora deberá pasar polas mans do Consello Consultivo e de seguro que finalmente, en contra de todos os axentes sociais, será aprobado sen consenso ningún para seguir estropeando xustamente o que se anuncia que vai arranxar: a convivencia no mundo do ensino.
Un dos aspectos máis salientables deste `proxecto de lei consiste na cobertura legal ás consultas ás familias sobre a lingua a usar nas aulas. Un paso máis en contra da normalización da nosa sufrida lingua no ensino.
Segundo a Confapa: "Lonxe dunha participación activa, o que agora se regula é unha consulta unidireccional sen matices nin controis". Unha das primeiras reaccións foi o seguinte comunicado de Guillermo Meijón, o portavoz de educación do Grupo Socialista. A CIG-ensino concentrouse en protesta pola lei, a súa resposta, da boca de Anxo Louzao, pode escoitarse no seguinte vídeo.
P.S.: máis da Escola de Ferrado (Meijón), onde nos fala do enmudecemento da Consellería de Educación

venres, 21 de xaneiro de 2011
Reducir (aínda máis) o ensino en galego
por Anxo Louzao, secretario xeral da CIG-ensino, en Terra e Tempo:
Só con altas doses de demagoxia e afán propagandístico se pode explicar que se presente unha lei titulada de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa para,supostamente, reforzar a autoridade do profesorado e a participación da comunidade escolar e que, porén, se furte todo tipo de debate social e se impida a participación a un colectivo de 32.000 docentes, evitando as súas propostas e a negociación na Mesa Sectorial Docente, único órgano lexítimo de negociación do profesorado. A conduta autoritaria e antidemocrática do Conselleiro de Educación resulta inaceptábel, tanto polo procedemento como pola desconsideración co conxunto da sociedade e, nomeadamente, co profesorado e cos seus representantes.
Non deixa de ser preocupante, ademais de reincidente, que a Consellería agardara ás datas non lectivas do Nadal para presentar o anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa. Recorre, máis unha vez, a prácticas nada democráticas nin participativas, igual que sucedera no seu día coas Bases para o Decreto de Plurilingüismo, para presentar proxectos de transcendencia para o ensino, actuando en función dos intereses dunha minoría reaccionaria e non representativa, coa pretensión de que teñan a mínima resposta posíbel, xa que a maioría dos destinatarios conflúen no seu rexeitamento.
A Consellaría, máis unha vez, fai bo o dito de "quen fai a lei fai a trampa". Non é, polo tanto, o principio de autoridade do profesorado, nin a redución da conflitividade o que a move para elaborar este proxecto. A verdadeira e única intencionalidade deste anteproxecto de Lei non é dar cobertura legal á consulta dos pais e das nais para determinar a lingua de ensino, unha vez que o informe do Consello Consultivo ditaminou a súa ilegalidade, co obxectivo claro de marxinar, aínda máis, o noso idioma no ensino. Por iso se lle dá rango de lei, xa que para o resto do seu contido abondaría cun regulamento, mediante un decreto.
A pretensión de dar cobertura legal a que as familias participen para definir a política educativa e idiomática, ademais de ser ilegal por conculcar dereitos recollidos no Estatuto de Autonomía, na lei de Normalización Lingüística, na LOE e na propia Carta Europea de Linguas Minoritarias, supón un disparate, tanto social como pedagóxico. A educación, como servizo público básico, compétenos e interésanos a todos os cidadáns e cidadás. Porque todos e todas contribuímos cos nosos impostos a mantela e porque o futuro dunha sociedade está condicionado polo modelo educativo. A programación xeral e a ordenación da educación correspóndelles exclusivamente aos poderes públicos e a procura da normalización lingüística é unha obriga da administración galega. Os pais e as nais xa teñen fixadas as súas canles de participación, mediante as ANPAs e os consellos escolares. Neste caso, a cuestión reviste maior gravidade, xa que o que se busca é prohibirlle ao profesorado impartir aulas no noso idioma e impedir a normalización lingüística, en definitiva, erradicar o ensino en galego. O procedemento de "participación directa das familias no ensino e no proceso educativo" non é máis que unha ferramenta para uso partidario, antidemocrático e manipulador, tinxido de participación, para conseguir avalar unha política anti-galeguizadora e retrógrada. Alguén no seu san xuízo defendería que as nais e os pais fixasen, por exemplo, a carga lectiva e as materias que se deben impartir en cada nivel educativo ou os currículos educativos? Ou que os familiares dos doentes decidiran a medicación a receitar aos pacientes, impóndolles tamén os criterios de actuación profesional aos propios médicos e médicas? Sería de cándidos pensar que esta artimaña, inventada polo Partido Popular para perseguir o noso idioma, tamén se vai utilizar, por exemplo, para consultar se se está de acordo ou non con que o 11% do orzamento da Consellaría (250 millóns de euros) de cada ano se desvíe para subvencionar o ensino privado-concertado, ou se é necesario máis profesorado nos centros e a redución das ratios de alumnado por aula.
Mentres, o profesorado, os profesionais do ensino, é absolutamente ignorado, non se lle ten en conta nin se lle permite a súa opinión e, moito menos, a negociación cos seus representantes, tal como é preceptivo legalmente. Todos e todas sabemos que calquera consulta que programe esta Consellaría nunca será en beneficio de maiores investimento para o ensino público, para a súa galeguización ou para dotar de máis servizos e profesorado aos centros escolares.
Son, polo tanto, motivacións políticas espurias, as que levaron á Consellaría a presentar este proxecto de Lei, importando tamén propostas lexislativas lideradas por aqueles sectores máis extremistas do Partido Popular, tendo os seus antecedentes e alimento na Lei de autoridade del Profesor, aprobada en xuño do 2010, na Comunidade Autónoma de Madrid. A falta dun modelo educativo galego e o seu centralismo pernicioso, comporta que o PP presente unha proposta de lei para realidades escolares alleas a galega, nas que a conflitividade escolar pode ser máis preocupante e ten outras características diferentes á nosa. A conflitividade escolar galega, segundo todos os informes, non reverte, en termos globais, agás casos illados, en ningún tipo de situación alarmante. A percepción xeneralizada entre a comunidade escolar non é outra que a de que a conflitividade nos centros, ademais de ser reducida, é maioritariamente disruptiva, ligada, moitas veces, á desmotivación do alumnado, nomeadamente na ESO. Se nos atemos aos expedientes disciplinarios, como indicador da conflitividade nos centros, a media non alcanza nin sequera o 0,3% nos últimos dez anos, oscilando entre o 0,31% e o 0,27%. Isto amosa que o PP está interesado en reforzar esa visión alarmista que busca sobredimensionar unha problemática, distorsionando a realidade dos centros educativos públicos para reforzar e potenciar a escolarización nos centros privados concertados. Mais o que realmente se necesitan son recursos e medios para atender a un alumnado cada vez máis diverso e para facer fronte ao fracaso escolar .
É preocupante que con esta lei se estea trasladando á sociedade que a mellora da convivencia nos centros escolares só ten solución con actuacións coercitivas, disciplinarias e represivas e non con actuacións formativas e educativas, cando a solución pasa por aplicar medidas pedagóxicas e de atención á diversidade. Temos que ter en conta que moitos dos comportamentos que inflúen na convivencia teñen relación directa co fracaso escolar e a obxección a aprender. Polo tanto, habería que investir en persoal, en formación e en recursos, e non en procurar xudicializar o sistema educativo.
Os problemas do Ensino non se resolven con propaganda barata. A presunción de veracidade ou o recoñecemento da autoridade pública do profesorado da que falan non son criterios que empregan ao prohibir por decreto dar aulas en galego en determinadas materias, recortar o noso salario, recargar o profesorado con numerosas tarefas burocráticas, ampliar as súas responsabilidades, realizar traballos e funcións que non lle corresponden, impartir materias das que non é especialista, etc. Tampouco son os que presiden as relacións cos centros escolares aos que lles negan sistematicamente as peticións de profesorado e outras dotacións para facer fronte ás necesidades de cada centro. Cuestións todas elas que verdadeiramente redundarían no recoñecemento da función docente do profesorado e na mellora da calidade do ensino.
Ao longo de diferentes normas educativas, o profesorado observou como o claustro de profesores ía perdendo competencias educativas, pedagóxicas e laborais e como se incrementaba a xerarquización, creando múltiples perfís que nada achegaron ao traballo en equipo e á cooperación, coordinación e interacción do profesorado. A xestión democrática dos centros segue tendo grandes carencias, o modelo actual tende á xerarquización e suprime a elección democrática directa das direccións nas que se concentra o poder de decisión. O feito de que a Consellaría desconsidere o traballo dos docentes lévaa a que, mesmamente, nos desautorice como colectivo ante a sociedade. Esta lei nada aporta para mudar esta situación.
Trátase, en definitiva, dunha lei, tal como xa afirmamos, cun obxectivo pernicioso: prohibir ensinar en galego. A fundamentación da lei baséase en criterios correctivos e non formativos e educativos. Obsérvase unha tendencia á xudicialización do sistema educativo, en lugar do principio que a escola ten que ter como primordial que non é outro que a formación integral da persoa, tanto na súa dimensión persoal como social. Temos que desenmascarar, máis unha vez, esta burla e exixir medidas reais para atender a diversidade escolar, mellorar a convivencia nos centros e valorar, na súa xusta medida, o noso traballo como docentes. Para iso é preciso unha nova lei. De aí que só caiba a retirada deste proxecto, abrir un amplo debate social, nomeadamente no ámbito do ensino, convocar a Mesa Sectorial e, a partir de aí, elaborar unha verdadeira Lei do Sistema Educativo Galego que dea resposta satisfactoria ás necesidades da educación pública galega que pasan por, entre outras, derrogar o decreto 79/2010 de plurilingüismo no ensino, avanzar na normalización, dotar de profesorado suficiente os centros públicos, reducir o alumnado por aula, incrementar o investimento no ensino público, até o 7% do PIB, para facer real a igualdade de oportunidades; incrementar os recursos para a atención á diversidade e á educación personalizada e mellorar as condicións profesionais e laborais do profesorado, restituíndo, en primeiro lugar, os seus salarios. Esta sería a única maneira de que o alumnado galego teña o ensino que lle corresponde e de que o profesorado poida desempeñar o seu traballo en condicións satisfactorias. Esta é, e non outra, a autoridade que precisa e demanda o profesorado galego.
luns, 1 de novembro de 2010
Presentación en Santiago do libro sobre os estudos xurídicos do decreto
Unha nova resta de vídeos dunha nova presentación do libro "Estudos xurídicos do decreto para o plurilingüismo", editado por Laiovento e coordinado por Luís Villares. Desta volta o acto tivo lugar no Centro Socio Cultural de Fontiñas (Rúa Berlín 13, Santiago) o pasado día 22 de outubro.
Anxo Louzao. Presentación do libro: "Estudos xurídicos sobre o decreto de plurilingüísmo" from cig-ensino on Vimeo.
Francisco Pillado: Presentación do libro: "Estudos xurídicos sobre o decreto de plurilingüísmo" from cig-ensino on Vimeo.
Presentación do libro: "Estudos xurídicos sobre o decreto de plurilingüísmo" Hector López de Castro from cig-ensino on Vimeo.
video 3 mesa redonda libro decreto from cig-ensino on Vimeo.

luns, 6 de setembro de 2010
"O máis nefasto"
A CIG-Ensino compareceu en rolda de prensa para valorar o inicio do novo curso escolar 2010-2011, alén doutros temas, reproducimos máis abaixo o relativo á lingua.
Rolda de prensa de valoración do comezo do curso 2010-11 from cig-ensino on Vimeo.
A CIG-Ensino non permitirá que haxa ningún expediente contra o profesorado que dea as súas aulas en galego cando a situación predominante será que a maioría dos centros non cheguen ao 50% de impartición en lingua galega.
[...]
Mais, o máis nefasto, o máis negativo é o que ten que ver coa aplicación do Decreto 79/2010 que a CIG xa recorreu no seu día por consideralo ilegal ao ir en contra da normalización da nosa lingua e entrar manifestamente en contradición co marco legal establecido na Lei de Normalización Lingüística ou na Carta Europea das Linguas. Por primeira vez váiselle prohibir ao profesorado dar certas materias en galego, porque esa era a verdadeira intención dese trío formado polo Presidente da Xunta, o Conselleiro de Educación e o Secretario Xeral de Normalización, verdadeiros verdugos do noso idioma, reducir o contacto do alumnado coa nosa lingua mediante este Decreto que marxina o noso idioma no ensino. É un despropósito que se ameace con expedientes cando o denominador común é que os centros non cumpran o 50% de impartición en galego, nomeadamente os centros concertados, ou que na Educación Infantil, especialmente nas cidades, o alumnado no vai ter contacto coa súa lingua propia. Por este motivo a CIG-Ensino non vai consentir que haxa ningún expediente contra o profesorado que dea as súas aulas en galego. O que debe facer o Conselleiro e o Secretario Xeral é velar porque se cumpra ese 50% de impartición en galego que a realidade vai demostrar que é unha falacia, aí é onde ten que pór a énfase.
Anxo Louzao declarou que a CIG-Ensino vai centrar a súa actuación na esixencia de que remate a cruzada contra o galego, para o que terá que ser derrogado o Decreto 79/2010 e volver ao consenso do Plan Xeral de Normalización.

venres, 21 de maio de 2010
A CIG contra o decreto
valoración da CIG-Ensino da aprobación do Decreto de PlurilingüismoPara a CIG-Ensino a aprobación do Decreto de Plurilingüismo no Consello da Xunta é é a maior proba de desprezo ao pobo galego e á súa lingua.
Núñez Feijoo impón un Decreto elaborado para reducir a presenza do noso idioma, contrario á Lei de Normalización Lingüística e que é unha involución sen precedentes na normalización do noso idioma
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, manifestou hoxe que, “para a CIG-Ensino, a aprobación do Decreto de Plurilingüismo polo Consello da Xunta é unha mostra máis do desprezo deste
goberno do Partido Popular polo pobo galego e pola súa lingua”. O Consello da Xunta, no lugar de escoitar
e atender as demandas de toda a sociedade galega, que nun ano de mobilizacións deixou patente o seu rexeitamento ás pretensións galegófobas de Feijoo e o seu equipo, teima en levar adiante o seu proxecto, un
proxecto elaborado para reducir a presenza do noso idioma nas aulas e que recibiu todos os rexeitamentos
posíbeis. “Trátase do maior atentado que se cometeu contra a nosa lingua desde que nos dotamos de institucións propias”, declara Anxo Louzao.
Mais non só. Núñez Feijoo chega ao extremo de modificar a lexislación para procurar a legalidade
dun Decreto que recibiu o informe desfavorábel do Consello Consultivo. Feijoo reinventa o autoritarismo
convertendo a lexislación e o poder lexislativo nunha ferramenta sometida aos intereses dunha minoría. Este presidente da Xunta adopta o modelo da ditadura e se a lexislación non lle serve, inventa unha nova, nun
anuncio que acende as alarmas ante a verdadeira intención deste goberno. Anxo Louzao conclúe “Esta é unha actitude propia dun presidente ditador, aínda que pretenda vestirse de demócrata. É Feijoo quen dá pleno significado á palabra imposición, pois impón un Decreto que atenta contra a nosa identidade de galegos e galegas valéndose dun poder que non lle foi outorgado con ese obxectivo e valéndose de normas que non foron pensadas para seren aplicadas deste xeito”.
Unha vez máis queda patente que Feijoo goberna para uns poucos, non é, por tanto, o presidente de todas as galegas e galegos. En materia de lingua prégase aos ditados de asociacións minoritarias e antigalegas, que xa se laiaban de que a consulta aos pais non recibise o beneplácito do Consello, por iso o presidente, recollendo unha vez máis as esixencias destes poucos, pretende modificar a lei, para impor o seu odio ao galego.
O Decreto que acaban de aprobar é contrario á Lei de Normalización Lingüística e incumpre completamente o Plan Xeral de Normalización da Lingua galega, tal e como se lle foi trasladando desde distintas instancias e tal e como foi ditaminado polo Consello Consultivo. Porén o goberno de Feijoo continúa adiante co seu proxecto, a pesar de ter recibido durísimas críticas. A asesoría xurídica da CIG-Ensino, en canto o Decreto se publique, analizarao coa finalidade de iniciar as medidas legais e xurídicas oportunas para combater este Decreto contra a nosa lingua, un Decreto que é un desprezo tamén ao profesorado galego aopretender impedirlle que dea en galego materias que se veñen dando na nosa lingua desde hai anos.
Para a CIG-Ensino é un insulto a decisión do Consello da Xunta, como o é que o presidente, despois de actuar conscientemente contra o noso idioma, despois de estar combatendo durante tanto tempo contra del e contra dos que defendemos o noso lexítimo dereito a recibir ensino na nosa lingua, agora, nun alarde de
cinismo, veña a dicir que hai que facer un pacto pola lingua. Anxo Louzao indica que “a CIG-Ensino acláralle a Feijoo que se realmente quere falar dun pacto pola lingua ten que adoptar unha primeira medida: retirar o Decreto do Plurilingüismo. Se non dá ese primeiro paso, está mentindo e insultando a todas as galegas e galegos, manipulando unha vez máis, usando a propaganda, o único en que demostraron ser expertos, para enviar mensaxes distorsionadas e falsas da realidade.”
A CIG-Ensino fai un chamamento a todo o profesorado a que siga usando a nosa lingua nas súas aulas, e trasládalle que recibirá todo o apoio desta organización sindical que estará a disposición do profesorado defendendo os seus dereitos lingüísticos.
mércores, 19 de maio de 2010
martes, 13 de abril de 2010
Queremos Galego en Bruxelas
A plataforma Queremos Galego presentou as actividades a realizar por unha súa delegación composta por Carlos Callón (Presidente da Mesa), Anxo Louzao (Secretario Nacional da CIG-Ensino), Bieito Lobeira (Deputado do BNG no Parlamento de Galiza) e mais a actriz Isabel Risco, en representación do ámbito da cultura.
Comenzaron ás 17.30 cunha entrevista con Jonathan Hill, responsábel do Gabinete da Comisaria de Educación, Cultura e Multilingüismo da UE Androulla Vassilliou.
Xa o mércores 14, a delegación da plataforma cidadá presentará diante da sede da UNESCO en Bruxelas un demorado relatorio sobre o ataque sistemático aos dereitos lingüísticos da comunidade galega e o severo retroceso que en Galiza se está a vivir canto á aplicación de políticas activas dirixidas a favorecer a plena normalización da súa lingua propia. Neste sentido, Bieito Lobeira subliñou a enorme importancia do punto de vista simbólico así como o tristemente actual paralelismo coa delegación galega que, desde o exilio, tamén se vira forzada a denunciar perante a UNESCO hai medio século a situación a que o idioma e a cultura galegas eran sometidos no período franquista.
A programación de actos e xestións inclúe tamén a celebración dunha conferencia de imprensa en sede parlamentaria e un encontro aberto coa comunidade galega residente en Bruxelas, entrevistas con deputadas e deputados de diferentes grupos políticos e nacións con situacións de linguas non normalizadas para reforzar a información e solidariedade recíproca entre as distintas realidades e unha reunión especial do Intergrupo do Parlamento europeo para as Minorías, Comunidades Nacionais e Linguas sobre a situación do galego, con participación da delegación da plataforma. Esta sesión será presentada polo Copresidente do Intergrupo, o eurodeputado do Grupo Liberal e Demócrata Carl Hanglund.

Queremos Galego denuncia na UE o 'ataque' á lingua
Queremos Galego denuncia na UE o 'ataque' á lingua. Trátase dun "ataque sistemático"
Unha delegación formada por Carlos Callón, presidente da Mesa; Anxo Louzao, secretario Nacional da CIG-Ensino; Bieito Lobeira, deputado do BNG no Parlamento e a actriz Isabel Risco arrincarán hoxe unha visita de dous días na que se entrevistarán con responsables do Parlamento europeo, o Consello de Europa mais a Unesco.
O portavoz da plataforma Queremos Galego, Fran Rei, contrastou o feito de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "se negue" a recibir os representantes desta plataforma fronte á disposición das distintas instancias europeas a recibilos. "É o mundo ao revés", considerou.

venres, 26 de marzo de 2010
Organizacións sindicais do Ensino, que representan o 90% do profesorado, abandonan a Mesa Sectorial ante a negativa de Educación a negociar a proposta
O 90% do profesorado en contra do decreto marchou onte da mesa sectorial de educación. Incluso parece ser que O ensino estuda levar o decreto do galego ante a Xustiza
A valoración da CIG, STEG, FETE-UGT e CCOO foi coincidente: o secretario xeral de política lingüística pechouse en banda e desprezou as propostas dos representantes do profesorado ata o punto de que xa lle enviara o decreto ao Consello Escolar, polo que non podía modificarse nin unha coma.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)