Acaba de publicarse Universo Cantigas I. Cantigas de Amor, unha obra que recolle a edición das 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto crítico de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, ademais da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun código QR que liga cada poema coa súa edición dixital completa na web Universo Cantigas. En datas próximas, sairá o segundo volume, coas Cantigas de Amigo.
A obra é froito dun intenso labor de investigación filolóxica iniciado en 2010, que ten por obxectivo fixar un texto crítico das 1680 cantigas galego-portuguesas que se conservan na actualidade. O financiamento ministerial dos sucesivos proxectos permitiu a creación dunha plataforma dixital, Universo Cantigas, de acceso libre na que se pode consultar a edición completa de cada composición.
Poñamos que falo dun caso ficticio. O dun estudante galego calquera, matriculado nun grao que na Galiza só se pode cursar na UNED, porque o resto de universidades públicas deste país non o imparten. O alumno en cuestión realiza os seus estudos dende un dos centros radicados na Galiza, e é tamén na Galiza onde se examina. Inxenuo el, realiza todo o seu labor como estudante en galego. Na oralidade, na elaboración de traballos de avaliación e, naturalmente, nos exames. Nunha das materias resulta declarado "non apto" (suspenso) pola única razón de que "el examen se ha redactado en gallego" (sic).
Pola tarde, a xornada Lingua galega e sociedade na Educación Secundaria celebrada o 16/11/22, tivo o seu acto de apertura, coa participación da deputada provincial de Lingua, María Ortega, quen subliñou que a escola, tanto primaria coma secundaria, é "o alicerce do futuro do idioma", xa que é a poboación máis nova a que "vai facer que a lingua se manteña, permaneza viva e se asente máis do que está". Para Ortega é fundamental unha revisión fonda da actual política educativa verbo da lingua galega nos centros públicos e privados e desenvolver iniciativas para potenciar o uso do galego tamén fóra das aulas. Salientou que non se pode aceptar a situación actual, que conduce na práctica a un abandono progresivo do galego, e subliñou que o corpo docente da lingua galega é fundamental para a promoción da lingua na mocidade. Nese sentido, deu os parabéns a todas as profesoras e profesores involucrados no estudo da UVigo, porque “a pesar de ser minoría”, permiten avanzar no ensino do idioma, sacar conclusións, tomar decisións e chegar a solucións que muden a situación actual.
Tras este acto, a xornada continúa con tres novas mesas, centradas no ensino-aprendizaxe sociolinguístico no ensino obrigatorio desde distintas perspectivas, tomando como punto de partida os datos obtidos nas entrevistas realizadas a unha trintena de docentes no marco deste proxecto.
Doce profesores e profesoras de instituto (representantes dos IES Salvaterra do Miño, IES Fonmiñá, IES Terra de Turonio, IES Alexandre Bóveda, IES Pedro Floriani, IES San Paio, IES Chapela, IES Coruxo, ES Monte Carrasco, IES Johan Carballeira, IES Castelao, e IES de Poio) interviron ao longo da tarde nas tres mesas de debate que completan unha xornada que pode seguirse de xeito virtual e que foron moderadas por Ramallo e os tamén investigadores da UVigo Xabier Benavides e Luís López Alonso.
Na mesa titulada "situación e problematización desde o ensino" participaron
Esther Álvarez Fernández (IES Salvaterra do Miño)
María Mercedes Torres Hermida (IES Fonmiñá)
Marta Dacosta Alonso (IES Terra de Turonio)
Patricia Lamoso Ferreira (IES Alexandre Bóveda)
Modera: Fernando Ramallo (Universidade de Vigo)
Na mesa titulada "A praxe (e o ensino da) sociolingüistica na materia Lingua galega e literatura" participaron:
Andrea Expósito Loureiro (IES Pedro Floriani)
Eva García Rei (IES San Paio)
Tamara Rial Montes (IES Chapela)
Xosé Ramón Alonso Priegue (IES Coruxo)
Modera: Xabier Benavides da Vila (Universidade de Vigo)
O xoves 17/11/22 celebrouse a xornada Lingua galega e sociedade na Educación Secundaria, organizada pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra. Os actis desenvolvéronse en sesións de mañá e tarde.
O primeiro bloque está deseñado para debater ao redor da sociolingüística predominante na docencia e a investigación universitarias ademais de para profundar nas posibilidades, debilidades e fortalezas do ensino-aprendizaxe sociolingüístico das e dos futuros docentes de lingua galega. En resumo, trátase de sacar conclusións a partir dunha pregunta chave: Como as universidades galegas están a formar nos saberes sociolingüísticos hogano? Participarán Bieito Silva Valdivia da USC e Xosé Henrique Costas González da Uvigo baixo a moderación de Fernando Ramallo (UVigo).
Marta está facendo un máster de conservación de produtos pesqueiros. Ten unha dúbida e faille unha consulta á profesora. O que pasou despois non é sorpresa ningunha. Como fixo a pregunta en galego, comezaron os problemas. Subiu o caso ao Twitter e entón chegáronlle unha chea de insultos.
Desde o 2017 a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas celebra unha xornada no mes de novembro destinada a estudantes de grao/máster co fin de divulgar a investigación matemática. É Habelas Hainas. Trátase dunha serie de presentacións curtas, duns 20 minutos, ao estilo das Ted talks.
Sempre tiveron a boa idea de gravar as sesións en vídeo, pero a mala decisión de colgar os resultados nunha plataforma de vídeos da USC sustentada co fenecido Flash Player. De aí que, cando menos polo momento, as dúas primeiras xornadas fiquen tras o muro da obsolescencia dixital.
Agora a edición do pasado 26 de novembro 2020 témola na canle de You Tube da Facultade de Matemáticas. Dalgunhas conferencias hai dúas versións, procurei recoller aquí a que ofrece unha mellor visualización e son.
A xornada comezou con Existimos e... somos únicos?, por Jorge Rodríguez López . Seguro que algunha vez oíches falar do teorema do punto fixo
De seguido Ana Suárez Gamarra trata unha teima miña: a Carta Xeométrica de Domingo Fontán coa conferencia Seguindo os pasos de Fontán. na que presenta un traballo sobre o cálculo da altitude no famoso mapa.
Rodrigo Mariño Villar, baixo o título Rebozarse na lama . A súa intervención dou pé a algunha intervención sobre as posibilidades do traballo de investigación e as oportunidades dos programas de doutoramento, se as houbera.
Co título Un complemento ortogonal, Daniel Cao Labora tratou da relación entre as matemáticas e a música
Maribel Borrajo García falou sobre a validez e fiabilidade das probas diagnósticas con E se patentamos unha moeda como proba diagnóstica?
A xornada rematou con Bourbaki, o matemático poldavo, por Jesús Conde Lago quen, como é evidente polo título, tratou sobre ese gran matemático, existira ou non.
Reportaxe de Nós TV con entrevistas a Fernando Ramallo, profesor da Universidade de Vigo, e Alberto Oubiña, concelleiro de normalización de Pontevedra. A presentación do vídeo mete medo:
Máis do 80% das alumnas da Universidade de Vigo toman apuntamentos en castelán. En galego, só o fan sempre o 7%.
Rosalía de Castro é un pozo sen fondo. Normalmente recollo traballos de centros de Secundaria porque é o que coñezo máis, aínda que non poucas veces teño traído cousas de Primaria. O realmente inédito neste blogue é algo como o de hoxe e que demostra que o fenómeno Rosalía de Castro é desbordante (e a Consellería de Educación segue sen incluír a data entre as celebracións escolares!). Na universidade tamén se apuntaron á celebración. Concretamente na de Vigo propuxeron lecturas e intervencións artísticas na Facultade de Ciencias da Educación.
Agora ben, o vídeo musical con música de Juan Ramos, neste tema cantado por Carol Sospedr, é simplemente espectacular. Parabéns a eles e ao alumnado colaborador.
Coma quen non quer a cousa, a campaña da ANL da Universidade de Vigo achegounos xa o vídeo do mes de novembro. O que non sabemos é se está adicado ao prexuízo de que un en galego ten inferior condición que o mesmo libro en castelán, ou se trata da nefasta política lingüística da Xunta que se fundamentou na exclusión do galego das capas inmersas no castelán, que son incapaces de abordar a lectura dun libro en galego.
Estes de Lalín...
"Na Universidade… onde queiras, pero coa lingua” é a mensaxe que sintetiza a campaña de promoción do galego da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo para o ano 2019
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades convoca cada ano o Premio Arquímides, ideado para fomentar entre os universitarios, alumnos de grao ou de master, a investigación científica. Vai pola XVIII edición. Son en total 25 premios con dotación económica, e 4 estadías en centros de investigación. O primeiro premio (premio especial) está dotado con 7.000 euros, hai un segundo premio de 6.000, catro terceiros de 5.000 euros, e varios máis ata un total de 87.000 euros, con cinco distincións tamén para os titores de traballos.
Velaquí temos un vídeo que forma parte dunha campaña da Generalitat de
promoción do catalán. Desde hai dez anos a Xunta non pode ofrecernos
algo semellante. Para iso compriría ter antes uns programas de
achegamento e acompañamento lingüiístico para os estranxeiros. E non é
que non teñamos iso, é que non temos nada. A política lingüística desta
década ominosa promove a non promoción, a exclusión, a redución de
espazos e tempos, o espallamento de prexuízos, a secundarización do
galego. É unha política racista, colonial. É a política do non ao
galego.
Neste vídeo aparece unha moza ucraína que leva dous anos en Cataluña. Está aprendendo catalán porque quer estudar na universidade. Pensemos cal é a realidade no noso país e comparemos.
Se vivira en Galicia non tería tal necesidade. Durante estes dous anos tería a exención en lingua galega, mais nunca en lingua española. Non podería participar en ningún programa de inmersión lingüística en galego porque non os hai. Na universidade galega apenas se imparten aulas en galego. Basta ter presente o anuncio deste "acordo histórico" polo que as universidades da Coruña, Santiago e Vigo se comprometen a impartir un 3% das titulacións en galego. Trátase dun proxecto para o que non hai orzamento (xa sabemos, iso do galego sae sempre caro) e polo tanto é un edificio que está construído no aire. Pola contra a Xunta gasta todos os anos unha cantidade considerable de cartos no seu "proxecto plurilingüe" que consiste en reducir as clases en galego coa desculpa de que se impartirán en inglés. Aínda que moitas e autorizadas voces alertaron de que podemos estar destinando fondos e realizando grandes esforzos no que de certo é o maior fracaso educativo en décadas. Nunca se avaliou esta aposta unilateral do PP en materia educativa. Miles de cativos crecen en entornos desinfectados da lingua galega. O gran proxecto educativo da Xunta consiste na promoción da ignorancia da nosa lingua.
Nesta pequena peza audiovisual explícanse as principais características diferenciadoras da fala ourensá. Forma parte do proxecto ...3 ,4 , 5, 6 pasos para falar o galego de..., argallado polo alumnado de lingua galega da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, coas profesoras Reyes Rodríguez e Ana Iglesias detrás de todo o proceso. Ademais este vídeo é só un dos 9 que se elaboraron en total.
Velaquí os audiovisuais desta iniciativa:
Xa hai máis de 6 anos que se puxo a andar o bUSCatermos, o portal da USC que nos facilita a procura terminolóxica. Mais, se agora volvemos a traelo aquí é porque hai algunhas novidades. A súa apariencia gráfica continúa a ser a mesma, porén despois de introucir algún termo, poden desenvolverse varias capas de información. Especialmente podemos acceder a información específica do termo en distintas linguas. Ademais mellorouse a posibilidade de enviar comentarios ou achegas sobre os termos consultados premendo en no vocablo opina, e agora ofértase a posibilidade de compartir a ficha correspondente á voz coa que esteamos traballando; velaquí o exemplo de desvío padrón.
Quizais o mellor sexa ver este vídeo no que se nos explica todo isto con completa claridade.
A principios de mes Martín Vázquez e Rubén Moralejo, da Universidade de Vigo, presentaron
"Lingua e sociedade. Guía didáctica sobre os procesos sociolingüísticos en Moaña" no que contaron co apoio da Universidade e a Deputación. Os resultados do traballo poden consultarse no portal Lingua e sociedade que permite unha navegación por múltiples camiños.
Remexendo no portal atoparemos referencias sobre a alternancia de códigos, a desgaleguización, a lingua na educación, a normativización da lingua, a minorización, a política lingüística, a normalización, transmisión interxeracional, as ideoloxías lingüísticas ou a variación lingüística.
En cada un destes apartados temos textos explicativos, así como vídeos nos que algún veciño relata algunha opinión ou historia que ilustra o tema. Tamén hai varios mapas e gráficos que explican as características da poboación, ben galega, ben moañesa, arredor dalgún tópico sociolingüístico. Por exemplo, o seguinte gráfico revela moi claramente cal é o estarrecedor panorama da lingua nas escolas de Infantil de Primaria no concello de Moaña. Pode alguén, que non sexa un radical inimigo da lingua galega, defender o funesto decreto 79/2010, de exclusión do galego na escola?
Lingua habitual do alumnado de Infantil e Primaria de Moaña
En conclusión, abriuse un novo recurso educativo/informativo/divulgativo no que podemos botar un ollo para enxergar cales son os principais conceptos que se empregan na sociolingüística, así como unha boa serie de datos e recursos para entender mellor o panorama galego en relación coa normalización, comenzando polo feito de que a palabra está prohibida nos cenáculos do poder.
A Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial (MHOUK) da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), co apoio da Fundación AZKUE, creou esta animación dixital para o Dia Internacional da Lingua materna e para lemvrar que o 2019 é o Ano Mundial das Linguas Indíxenas.