O Galicia Confidencial publicaba esta seman unha noticia na que se comentaba a explicación ofrecida pola CIG-Ensino en relación coa recente orde pola que se autorizan os novos centros plurilingües deste ano. O sindicato denuncia moi acertadamente que se están a utilizar estes nomeamentos como " subterfuxio para reducir a xa cativa presenza do noso idioma nas aulas". Cal é o procedemento?
Todo isto é obra do funesto decreto 79/2010, o mal chamado decreto do plurilingüismo. Con el douse un enorme paso atrás na normalización da lingua no ensino, fundamental para atrancar un feble proceso normalizador que se comenzara a botar adiante durante o goberno bipartito, o único ata o momento que quixo cumprir co Plan Xeral de Normalización do 2004. O nomeado decreto establece que as materias que se deben dar en galego son as dos ámbitos das Ciencias Sociais e das Ciencias Naturais. A seguir publícase unha orde de creación de centros plurilingües que asignan o inglés como lingua vehicular destas materias. Na realidade o que se fai é impartilas en castelán e repartir durante o curso media ducia de vocabularios en inglés da área semántica desas materias. Segundo a denuncia da CIG-ensino isto foi o que sucedeu nun 18% dos centros. Un lector pouco avisado pode pensar que no restante 72% o inglés ocupa o lugar dunha materia antes impartida en castelán. Pero non é así.
Para comprender ata onde chega o nível de cosmopaletismo co que os centros de ensino e o sistema político antigalego está a actuar, basta con repasar calquera das ordes de nomeamento dos novos centros plurilingües que se publican ano a ano desde o fatídico ano 2010. Ese 72% dos centros só queren colocar o cartel de "centro plurilingüe" na porta da entrada e por iso fan a solicitude do nomeamento ao comprometérense impartir en inglés unha materia como a Educación Física ou a Plástica que poden representar un 3% do horario escolar e nas que, como moito, escoitaremos un shut up! en toda a hora.
Agora pensemos se a argallada toda do que pomposamente se chaman "centros plurilingües" merece nin tan siquera o gasto do papel dos DOG nas que se publican as ordes que os desenvolven.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Sindicatos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sindicatos b>. Amosar todas as publicacións
venres, 30 de outubro de 2015
martes, 23 de xuño de 2015
"En galego non es posible"
Unha chamada ao Banco de Santader convertiuse en spot publicitacio para sensibilizar á cidadanía sobre o estado social da lingua galega e reclamar que as empresas nos antendan na nosa lingua. Neste caso o traballador do Banco de Santander ofrece a posibilidade de atendernos en español, alemán, inglés ou francés, "en galego no es posible".
venres, 30 de maio de 2014
Xabier P. Docampo: as aulas do franquismo e o anel de chumbo
Falabamos en castelán na aula e en galego no recreo.
Sempre nos enche de gozo escoitar a Xabier P. Docampo porque vendo como se desenvolve un gran mestre os que nos adicamos ao ensino podemos aprender un mundo. Nesta enuncia o brutal retroceso que supón a LOMCE e relata a súa experiencia nesa futura escola franquista.
Docampo cóntanos que o primeiro que se aprendía na escola era a terlle xenreira á túa propia lingua. O relato do anel de chumbo é tremenda, pero non é a única. Falou tamén da segregación, das reválidas, as visitas do inspector, a promoción do clasismo, a xerarquización, as ratios, o profesorado, a regra de 3, a LOMCE,... Estes 20 minutos de clase son unha marabilla.
A lembranza da realidade escolar durante o franquismo e a súa comparación co modelo educativo que pretende implantar o PP coa LOMCE foron os protagonistas dun acto simbólico organizado pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público no Museo Pedagóxico de Galiza este mércores 28 de maio.
Desde a Plataforma promóvese que o vindeiro día 4 se faga lectura do manifesto nos centros de ensino.
xoves, 29 de maio de 2014
Aulas na rúa do profesorado Celga
O pasado 14 de maio o profesorado que era contratado irregularmente para impartir os cursos Celga ata o ano pasado montou unha aula na rúa da Raíña en Lugo para demostrar que son docentes de primeira e denunciar o seu despedimento.
Explicaron que leite é un substantivo masculino, a pesar da campaña da Xunta na que promocionaba *a leite galega
Tamén puxeron un exemplo do ridículo que fixo o noso presidente Núñez Feijóo cando dixo nunha rolda de prensa: "Temos o 18% do total dos cus de calidade de España" cando pretendía falar dos Q de calidade turística.
Noutra das súas explicacións botaron man do fermoso relato A marquesiña, de Castelao, para dárlle unha reviravolta e tratar de contar como era a súa precaria situación laboral. Agora fican tal e como se ve neste vídeo, na rúa, e todo porque reclamaron os seus dereitos laborais e a Inspección de Traballo lles deu a razón. A resposta da SXPL foi a de botalos fóra e contratar mediante a rede caciquil do Partido Popular ao profesorado Celga deste ano.
Etiquetas:
CELGA,
laboral,
Lugo,
Sindicatos,
vídeo
sábado, 5 de abril de 2014
Ana Pontón vs. Valentín García. As contratacións do profesorado Celga 2014
Grazas á canle de vídeos O Hóreo do BNG, podemos seguir completa a intervención do pasado 03/04/14 da deputada do BNG Ana Pontón así como as respostas dadas polo secretario xeral de política lingüística sobre a polémica e escurantista contratación de profesorado para impartir os cursos Celga deste ano.
Na primeira intervención do secretario xeral podemos ver únicamente unha penosa lectura dun guión. Porén na segunda podemos ver como despreza o problema por ser "laboral", e non "lingüístico" cun argumentario que claramente parte de disociar a lingua da sociedade cando, por moito que se manipule desde o poder, é ben evidente que a cuestión social da lingua ten enraizados os seus problemas (e as súas solucións) na política que se realice. Valentín García, nunha actitude prepotente chegou a ameazar con privatizar os cursos Celga.
Hai xa dous anos a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) xa denunciara a precariedade dos traballadores que impartían os cursos e as eivas que tiña a (falta) de planificación destes cursos. Para solucionar estes problemas remitíralle un plan de mellora á SXPL que foi absolutamente desprezado.
Este mesmo ano a CTNL volvera a denunciar a falta de planificación, solicitando a anulación da convocatoria 2014. Desde a SXPL non volveron a facer caso.
Agora o problema rebentou por mor dunha sentenza que ditamina que se estaba facer unha contratación sen garantías laborais. A resposta da SXPL foi a represión sindical. Para rematala, empeñáronse en continuar cos cursos Celga contratando de forma nepotista e escurantista ao profesorado deste ano. Precisamente esta forma de contratación caciquil é do que evita falar nesta nota de prensa a Consellería de Educación nun novo ataque ao traballo sindical.
A 1ª resposta de Valentín García
A 2ª intervención de Ana Pontón
A 2ª resposta de Valentín García
Máis información:
Lingua precaria
Profesorado colaborador
Etiquetas:
Ana Pontón,
blogues,
BNG,
CELGA,
cousas,
CTNL,
laboral,
parlamento,
Política lingüística,
Sindicatos,
SXPL,
Valentín García Gómez,
versus,
vídeo
domingo, 23 de febreiro de 2014
Seis tácticas anti-LOMCE
Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, explica neste video 6 tácticas para dificultar a aplicación da LOMCE nos centros de ensino unha vez que foi aprobada. O traballo ven acompañado de imaxes das manifestacións da folga estudantil do #20F en Vigo, A Coruña e Compostela.
martes, 16 de xullo de 2013
A LOMCE, letal para o ensino público galego
por Anxo Louzao, no Sermos Galiza:
En primeiro lugar, quero agradecerlle ao Bloque Nacionalista Galego a invitación para comparecer nesta comisión e ter a posibilidade de expoñer a nosa opinión sobre a LOMCE. Procuraremos, na medida do posible e tendo en conta o tempo do que dispoñemos, expoñer as razóns que ten a Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), organización maioritaria no ensino en Galicia, para rexeitar na súa totalidade esta proposta de lei. A miña exposición se fundamenta tamén nas propostas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a través da cal canalizáronse numerosas e concorridas mobilizacións e accións en contra da LOMCE
domingo, 7 de xullo de 2013
Analise da LOMCE por Mariló Candedo
Conferencia de Mariló Candedo analizando o Anteproxecto da LOMCE, na xornada O Sistema Educativo na LOMCE, do 12/01/2013, organizada pola CIG-Ensino e a AS-PG.
Invito a quen pase por aquí a escoitar as atinadas reflexións de Mariló Candedo e fago outra invitación a facelo seguindo a presentación de power-point da conferencia que engado aquí abaixo. Toda unha clarifica
Un aviso, a pesar do reloxo, o tempo da conferencia é dun total de 50 minutos.
Para completar a xornada, un par de artigos da mesma autora en Praza Pública:
A propósito do tupperwert: Os menús da Lomce (I)
A propósito do tupperwert: Os menús da Lomce (II)
xoves, 4 de xullo de 2013
O galego, a impunidade e a mentira
por Anxo Louzao, no Sermos Galiza:
Debo recoñecer que a estas alturas non é doado que haxa actuacións da Consellería de Educación que me resulten sorprendentes. Son tantas, permanentes e disparatadas as que levamos soportado que xa a un lle parece que está inmunizado ante tanta impostura, engano e demagoxia que emanan dunha Consellería que, baixo a batuta de Jesús Vázquez, usa constantemente, de maneira perversa, os medios institucionais e de comunicación e os recursos públicos para atacar o idioma e calumniar impunemente a organización maioritaria do profesorado galego, a CIG-Ensino. Mais a última deixoume abraiado.
sábado, 22 de xuño de 2013
Imaxina Cantares! vs. Imaxina Rosalía!
Unha boa iniciativa da Consellería de Educación.
Ao celebrarse este ano o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, puxo en marcha o concurso Imaxina cantares!, unha forma de achegarnos á obra de Rosalía de Castro.
O que é unha mágoa é que isto sexa flor dun día. Atrévome a aventurar que o vindeiro ano Rosalía ficará esquecida para a Consellería de Educación. A aposta non é arriscada pois este mesmo ano, desaproveitando precisamente esa celebración dos 150 anos de Cantares, a Consellería negouse asumir a inciativa da AELG de recoller no calendario escolar o 24 de febreiro como Día de Rosalía.
Dobre mágoa porque polo que se enxerga nos vídeos premiados, houbo unha participación de enorme calidade, indicativo seguro de que esa celebración negada sería acollida con éxito nos centros escolares. Para comprobármolo vou deixar por aquí só os primeiros premios. Pero recomendo botarlle un ollo ao resto dos premiados, que se non obtiveron o primeiro posto non foi porque non o merecesen.
Na categoría de Infantil e Primaria os gañador foi o vídeo realizado polo CRA Nosa Señora do Faro, de Ponteceso cunha moi orixinal maneira de cociñar a poesía rosaliana:
Unha garantía para un concurso é que nel participe o IES As Barxas (Moaña). Eles foron os gañadores da categoría en Educación Secundaria Obrigatoria cun innovador vídeo no que se pon imaxe animada ao poema “Eu ben vin estar o moucho”
Por último, na categoría reservada a Bacharelato e FP, desde o IES Aquis Celenis (de Caldas de Reis) ofrécesenos un paseo polos lugares das vivencias guiados por trasunto da propia Rosalía en papel maché

mércores, 24 de abril de 2013
V Xeiras sobre a lingua galega
Un ano máis, os Comités, en colaboración coa Universidade de Vigo, organizaron as V Xeiras sobre a lingua galega, que se desenvolveron entre 5 e o 8 de marzo en Vigo. Aínda que poden verse os vídeos de todas as intervencións na canle de televisión da Universidade de Vigo, quixen deixar constancia aquí da súa calidade recollendo as ligazóns aos vídeos das Xeiras subidos ao You Tube.
Como profesor e como pai o ámbito que máis me interesa é o do ensino. Por esta razón puxen como cabeceira desta entrada as intervencións de Anxo Louzao e Mariló Candedo, quen como representantes da CIG-ensino e Nova Escola Galega, nos achegaron as súas fundamentais e ben ponderadas reflesións sobre o maltratado eido da normalización na escola.
Linguas minorizadas
"O Bretón na actualidade" , Carolina Díaz (tradutora de Bretón)
"Situación sociolingüística nos países cataláns", Eduard del Castillo , (filólogo catalán)
"A interpretación de conferencias e a planificación de linguas en situación de diglosia", Robert Neal Baxter, (doutor en Traducción e Interpretación)
As curtas na Galiza
"Situación do audiovisual galego" D. Jairo Iglesias (fundador de Pixel Films) e D. Xacio Baño (director de cine)
Series galegas
"Series Galegas", Monti Castiñeiras (actor) e Antonio Segundo Durán Moreiras 'Morris' (actor)
A normalización do galego no ensino
"CIG Ensino", Anxo Louzao (secretario nacional da CIG-ensino)
"Nova Escola Galega", Mariló Candedo (presidenta de Nova Escola Galega)
O galego no mundo informático
"O galego no mundo informático", Xosé Manuel Pérez Sardiña (lingüista)
Os servizos públicos en galego
"O galego como servicio público", Nel Vidal Barral (técnico de Normalización Lingüística)
Obradoiro regueifeiro
"Obradoiro de regueifa", Suso de Xorne (regueifeiro) e Pinto Herbón (regueifeiro de Agro-rap galego)
Movementos ecoloxistas
"Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro", Pura González, Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro
"Adega", Fins Eirexas (secretario executivo de Adega)
Moda na Galiza
"Cabuxa", Ana Alonso (deseñadora e fundadora de Cabuxa)
"ESDEMGA", Raquel Álvarez (deseñadora e estudante de ESDEMGA)
Poesía
"Os Poetas da Hostia", Lucía Aldao (poeta) e María Lado (poeta)
As mulleres fan ciencia en galego
"Día das Mulleres", Goretti Sanmartín (directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña)
Banda deseñada
"A Banda Deseñada en Galicia", Kiko da Silva (director da revista Retranca) e David Rubín (historietista)
Dereitos lingüísticos
"Sermos Galiza",
"A Mesa pola normalización lingüística", Elsa Quintas (membro de A MESA pola normalización lingüística)
Gústame nas V Xeiras
Gústame o galego nas V Xeiras sobre a lingua galega
xoves, 7 de marzo de 2013
A lingua de preferencia da Consellería de Educación
A Consellería podería argumentar técnicamente que isto non é así, e tería razón. Houbo unha modificación no servizo @edu.xunta.es usado polo persoal de educación e así o anunciou a Consellería nunha nota informativa na que explica que a partir de agora será posible visualizar as contas de correo, adermais de en galego, en castelán e en inglés (americano). Eu non teño coñecemento de que ningún sindicato lle pedira á Consellería esta innovación, e resulta algo estraño que en tempos de profunda crise económica adique os seus fondos a multiplicar as linguas de acceso dunha conta de correo para un profesorado que non debería ter problema ningún para seguilo usando en galego. Pola contra, ese mesmo profesorado ten que acudir ao seu posto de traballo enfermo e co obvio perigo de espallar infeccións nas escolas, impartindo clase en aulas cada vez máis diversas e ateigadas de alumnos, cos recursos reducidos...
A lingua de preferencia
A confusión que tivo a CIG-ensino é ben comprensible pois a práctica totalidade dos usuarios non saben, nin teñen por qué, en que consiste a lingua de preferencia e que nos explicaría o modo en que accedemos ao servizo de correo @edu.xunta.es. Este servizo sería un exemplo dos webs que discriminan segundo estea configurada a lingua de preferencia do noso navegador. Se ésta é o castelán, e vén así por defecto en todos os ordenadores que mercamos, veremos agora que o noso acceso ao correo da Xunta aparece tamén en castelán.
A lingua de preferencia é a lingua preferida polo usuario para acceder aos contidos e aplicacións. Parece ser que nos ordenadores con sistema operativo Linux ou Mac pódese fixar unha lingua de preferencia. Nos que usan Windows cada navegador pode ter unha lingua de preferencia. Para establecer como lingua de preferencia dos nosos navegadores o mellor é ir a esta dirección: Navega en galego que che indica cal é a lingua de preferencia do navegador e explica como facer para cambialo ao galego.
O autor dese blogue, Navega en galego, é Xosé Manuel Sardiña, quen vén de participar nas V Xeiras dos Comités de Vigo cunha conferencia cargada de información sobre o uso do galego nas TIC. Segundo os datos do seu propio blogue a lingua de preferencia dos que acceden a el distribúese entre un 25% para o galego e un 65% para o español. Non teremos que convencer a ninguén que esta escolla de datos está nesgada e que estas porcentaxes indican unha realidade na que a navegación pola arañeira en galego é prácticamente residual.
A Consellería de Educación non pode ser allea a todo isto polo que é dobremente sospeitoso o esforzo e o gasto que realiza decote para españolizar todos os seus portais e servizos. Outro exemplo témolo co Xade, o programa de xestión dos centros de ensino que ten a súa interface en galego. A Consellería gastou e gasta os seus fondos un programa paralelo dentro do proxecto Abalar co mesmos fins. Todos os días os datos dos Xade vérquense a ese programa paralelo, que ten como única innovación poder dispoñer del en español.
Expostos os datos vemos que co seu erro a CIG-ensino acerta máis que a Consellería co seu nefasto proceder. E por se alguén aínda o dubidaba, agora confirmamos que o idioma de preferencia da Consellería de Educación non é o galego.
P.S.: A CGENDL transmitiulle unha queixa á SXPL sobre esta cuestión.
xoves, 21 de xuño de 2012
Buscando unha estrela
Hoxe é o Día da Música. Unha data perfecta para recomendar esta escolma musical en galego orientada ao público infantil e elaborada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). Como mostra do que podemos atopar nesa escolma está esta canción, Buscando unha estrela, do disco O Quiquiriquí.
Cando falamos de cativos, unha das vías principais de acceso ao coñecemento é mediante cancións. Durante xeneracións aprendeuse a desaprender esta forma tradicional de mergullarse na cultura. Isto derivou nunha sociedade empobrecida, alonxada de sí. Precisamos recuperar estas cancións para que os nosos fillos poidan sentirse elos dunha cadea que se perde no tempo. Sen pasado, non hai futuro.
Nos últimos e funestos tempos as única iniciativa da Xunta para o ensino en infantil consistiron na eliminación das liñas de galego, a supresión das iniciativas normalizadoras que puxera en pé o goberno bipartito e a obriga de cubrir unha enquisa para determinar a lingua a usar nas aulas nesta etapa educativa. Os resultados coñecidos ata o momento indican que se reduciron ata un 12% a porcentaxe de aulas que se están a impartir en galego. A Consellería de Educación está tan ocupada en reducir a presenza do galego no ensino que as iniciativas educativas que tiña que poñer en pé están a ser levadas a cabo por outros organismos como, neste caso, a CGENDL. Así unha vez máis temos que agradecerlle á Coordinadora o seu desinteresado labor. Aos outros, desafortunadamente, só lles temos cousas que reprochar; así que continuaremos buscando unha estrela.
xoves, 13 de outubro de 2011
'Memorias dun neno labrego'. Entrevista a Neira Vilas no 50 aniversario
Pode parecervos un vídeo moi longo, pero segundo me comentan, non é máis que unha escolma das innumerables horas de conversas que os autores do mesmo mantiveron con Xosé Neira Vilas na súa casa de Gres, no concello de Vila de Cruces. Neste caso trátase das reflexións que o autor realiza arredor dese best-seller da literatura galega: 'Memorias dun neno labrego.
"Memorias dun neno labrego". Entrevista a Xosé Neira Vilas no 50 cabodano da súa obra from cig-ensino on Vimeo.
"Memorias dun neno labrego". Entrevista a Xosé Neira Vilas no 50 cabodano da súa obra from cig-ensino on Vimeo.
sábado, 10 de setembro de 2011
Escolma. A Xunta retira as axudas aos libros galegos e á normalización nos concellos
Houbo moitos
outros ataques obrados por esta Xunta, pero o primeiro paso de grande envergadura en contra do galego foi a aprobación do funesto decreto 79/2010, chamado de plurilingüismo. Vén de consumarse un segundo coa eliminación dos orzamentos destinados ao apoio da edición de libros de texto en galego e á normalización lingüística nos concellos.
A educación en galego, primeira vítima da tesoirada da Xunta,
editorial do Xornal
Bragado: "A Xunta opera violentamente; é inconcebible sacar as axudas dos libros de texto", no Xornal
A oposición califica como "ataque á lingua" e medida "lingüicida" a eliminación das axudas, no Xornal
BNG e a Xunta denuncian o "ataque sen precedentes" da Xunta ao galego, no Galicia Hoxe
Traballadores de normalización lingüística dos concellos piden a dimisión de Anxo Lorenzo, no Galicia Hoxe
Tamén hai novidades sobre as mentiras do Conselleiro de Educación encol do anunciado apoio da comisaria da UE ao decreto de plurilingüismo:
Anexo á noticia anterior: resposta da Xunta, no Xornal
P.S.:
Anuladas las ayudas para la promoción del gallego en material escolar y municipios, en El País
A Xunta suprime as axudas aos libros de texto e á promoción local do galego, en Radiofusión
CIG-ensino denuncia os novos recortes da Consellaría de Educación contra a nosa lingua, en CIG-ensino

venres, 8 de xullo de 2011
Escolma de informacións sobre as reunións cos expertos do CERLM
Jesús Vázquez, conselleiro de educación, Anxo Lorenzo, secretario xeral de política lingüística, Valentina Formoso, cooridnadora da CGENDL, Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización, Manuel González González como representante da RAG, Luís Villares, xuiz, Mariló Canedo, presidenta de Nova Escola Galega, Rafael Adán da Asociación Xarmenta do Bierzo, Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas, Enrique Costas, de PROLINGUA, a profesora da USC Alba Nogueira e a escritora e sindicalista da CIG-ensino Marta Dacosta. Todos eles entrevistáronse co Comité de Expertos do Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias. Ben, os dous primeiros non aparecen na foto cos demais; algo farían.
Vai unha escolma de informacións sobre o asunto:
O Goberno galego reunirase co Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias, na SXPL o 05/07/2011
Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo explicaranlle ó Comité de de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais a situación do galego, no Galicia Hoxe o 05/07/2011
Unha delegación da Mesa e Queremos Galego entrevistarase mañá en Madrid co Comité de Expertos que avalía a Carta Europea da Lingua, pola Mesa o 05/07/2011
A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias, a SXPL o 06/07/2011
A Xunta di cumprir a Carta Europea das Linguas per non di como, no Xornal o 07/07/2011Queremos
Achegas sobre a situación do galego no ámbito educativo, informe da CEGENDL do 06/07/2011
O Consello de Europa, as mentiras da Xunta e os nosos dereitos, no blogue de Carlos Callón o 06/07/2011
Política Lingüística cos deberes por facer, n´A Nosa Terra o 07/07/2011
A Xunta terá que defender a política lingüísitca do bipartito frente a Europa, no Xornal o 07/07/2011
Queremos Galego denuncia que o goberno de Feijóo pretende desmantelar a oficialidade da nosa lingua, en Avantar, xornal dixital da CIG.
Nota de prensa da CGENDL sobre o informe presentado á CERLM, o 07/07/2011
Expertos europeos comproban "a deriva" do galego co PP na Xunta, no Xornal o 07/07/2011
Dous anos de grave retroceso dos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes, documento base presentado por PROLINGUA ante a CELRM
Cúmprese en Galiza a Carta Europea das Linguas?, no blogue de Carlos Callón o 07/07/2011
Asociacións galegas denuncian "pasos atrás gravísimos" no cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais, no Galicia Hoxe o 07/07/2011
P.S.:
Basaguren: "Hai máis paz lingüística no País Vasco que en Galicia", entrevista a un dos compoñentes do Comité de Expertos do CELRM no Xornal o 10/07/2011

venres, 3 de xuño de 2011
venres, 27 de maio de 2011
Aniversario da aprobación do Decreto de Plurilingüismo
Como por mor das leas internas a aprobación do funesto decreto de plurlingüismo, inicialmente prevista para despois do día das letras (20/05/2010), se retrasou unha semana, é hoxe (27/05/2011) cando se cumpre un ano da súa data de posta en marcha polo Consello da Xunta.
Para facer unha análise do que significa esta aprobación eu quédome con este debate, celebrado un mes antes, dentro do marco das XX Xornadas de lingua e literatura, que aínda que ten referencias á situación que se vivía naqueles momentos, é do máis lúcido que nunca se ten dito sobre o decreto que tan negras consecuencias está tendo no desartellamento da normalización e os usos da nosa lingua.
Intervén Anxo Louzao (CIG-Ensino), Carlos Callón (Mesa pola normalización lingüística), Román Landín (Coordenadora de Equipos de Normalización Lingüística) e Xoán Costa (Presidente da AS-PG).
domingo, 22 de maio de 2011
Avaliación diagnóstica contra o Correlingua
Durante a primeira metade do mes de maio celebráronse os actos do Correlingua que mobilizaron a un total de 45.000 rapaces arredor do orgullo pola nosa lingua común, o orgullo polo galego. Para conseguilo moitas persoas tiveron que realizar un enorme traballo de organización, moitos profesores tiveron que buscar recursos onde non os había, con máis problemas que nunca pois ao ser esta unha iniciativa que tiña como obxectivo principal destacar a importancia da lingua como o mellor vehículo de expresión da nosa identidade, non era do gusto do clan de Anxo Lorenzo. Mais a organización do Correlingua volveu a ser outro éxito da normalización.
Pola contra a Consellería de Educación atacou no sentido contrario e quixo facer ver aos estudantes que o galego non é a lingua de referencia da Xunta ao presentarlle unha proba de matemáticas exclusivamente en castelán aos 45.000 rapaces que tiveron que realizar as actividades para a avaliación diagnóstica deste ano. Outra nova iniciativa do gabinete dirixido por Jesús Vázquez en contra da nosa lingua.
Alén disto, a CIG-Ensino vén de denunciar que a proba de competencia lingüística en castelán era dunha dificultade moito maior que a presentada en galego. Ente outras cousas, o sindicato explica como as cuestións que debían responder os escolares na proba en castelán, non son acaídas para seren resoltas por un alumnado de 12/13 anos, polo que cabe aventurar que, a priori, os resultados desta proba serán peores que os propostos para avaliación en galego. Disto dedúcese que non terá sentido realizar análises comparativas ente as competencias nestas dúas linguas. E un xa está ventando como este tipo de análises van ser unha nova arma de ataque contra o galego. Outra vez llo teremos que agradecer á Consellería de Educación que, como vemos, fai todo canto pode para reducir e desprestixiar o uso do galego en contra, non xa do espíritu co que están conformados os organismos democráticos cos que nos dotamos para gobernármonos, senón que non lle importa actuar incluso en contra da letra da lexislación vixente.

sábado, 14 de maio de 2011
Asamblea de Galiza co galego
Na sede da Asociación Pedagóxica Nova Escola Galega (situada na rúa San Clemente 18, Baixo, 15705 Compostela) para o día 17 de maio ás 18,00 horas está convocada a Asamblea Extraordinaria de Galiza co Galego, a asociación creada co fin de impulsar unha rede de escolas infantís en galego.
Despois de conseguiren o seu primeiro obxectivo, a adhesión de 3.000 apoios, a comisión directora de Galiza co Galego pode comenzar a facer efectivos os seus plans. Tal e como comenta o seu presidente, non será posible facelo para o vindeiro curso, porén co apoio de NEG, da AS-PG e de varios sindicatos, xa deron os primeiros pasos para iren construíndo o que debería ser tamén un obxectivo fundamental dunha Xunta que poidera cualificarse efectivamente de galega, o de establecer un ensino real e comprometido co galego.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)