Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Arteixo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arteixo. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xaneiro de 2018

C(r)oma galeg@s: Castelao



Todos os galegos temos algo de Castelao. Así o quixeron demostrar na EEI Barrionovo (Arteixo) retratando a todo o alumnado coma se fosen o rianxeiro.

venres, 22 de decembro de 2017

Queremos galego xa!



Encantador o vídeo que argallaron na EEI Barrionovo (Arteixo) na que os rapaciños xunto aos seus pais e nais reclaman galego para o vindeiro 2018.
Non hai dous pais iguais, nin dous nenos, nin dúas nais. Ningún baila coma o outro, pero todos xuntos participan nun vídeo encantador no que reivindican da mellor maneira a lingua de noso. Mil parabéns.



martes, 5 de decembro de 2017

A Carta Xeométrica da EEI Barrionovo de Arteixo



O alumnado da EEI Barrionovo, da Pastoriza (Arteixo) cóntanos quen foi Domingo Fontán e como elaborou a chamada Carta Xeométrica, o primeiro mapa elaborado cun método matemático en Galicia, e un dos primeiros de Europa.
Parabéns aos rapaciños, e ao seu profesorado, que tivo que traballar non pouco para montar o vídeo.

mércores, 13 de maio de 2015

Fiestra aberta

Por unha desas casualidades da navegación pola arañeira fun bater co proxecto do ENDL do IES Manuel Murguía (Arteixo) do que non se pode deixar de visitar o seu web Fala de raio. Veredes que son uns fenómenos en varios campos, pois neste ano obtiveron o segundo premio do CinEOI da Coruña ou o no certame do Tíralle da lingua. Pero hoxe quixera destacar esta serie de vídeos que veñen de divulgar pola rede nos que os alumnos do IES falan con mozos de diversos países que están a estudar galego.


Neste primeiro vídeo os alumnos do IES Manuel Murguía Flor, Aness e Safae conversan con Octavian, mozo inglés que estuda galego na Universidade de Oxford.



Flor, Esteban, Ayoub e Yael, alumnos do IES Manuel Murguía de Arteixo, conversan con croatas que estudan galego na Universidade de Zadar



María, Leticia, Nerea e Mateo conversan con italianos que estudan galego na Universidade de Padova.



Fran, Ismael, Arturo, Lucía e Ergin, alumnos do IES Manuel Murguía, conversan con estudantes alemáns que estudan galego na Universidade de Leipzig.

martes, 15 de febreiro de 2011

Convivencia e participación


A nena, de 12 anos, natural de Santiago, foi apercibida xa en varias ocasións cunha falta leve e a dirección do CEIP Novo de Arteixo comunicoulle que pode ser expulsada de tres días a un mes se volve con 'hijab' ao centro. A Xunta apoia esta  da decisión do Consello Escolar "que en base á súa autonomía elabora e aproba os seus regulamentos internos",  polo que a familia da rapaza presionada desde distintos frentes decidiu solicitar o traslado traslado da menor a outro colexio.  Así é como entende a Consellería de Educación o que é a convivencia.
Ao CEIP Randulfe de Tui chegou material para unha nova aula de infantil e para sorpresa do profesorado estaba todo en castelán. Solicitaron explicacións á Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra  e a resposta foi quebotando man dos resultados da enquisa realizada aos pais e nais sobre a lingua materna dos nenos e das nenas, ese debía ser o material que debían recibir. Isto é o que para a Consellería de Educación significa participación.
Despois de explicitar na práctica tan claramente cal é a idea que a Xunta ten destes dous conceptos xa sabemos o que podemos esperar da Lei de Convivencia e Participación