Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta O Carrabouxo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Carrabouxo b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 8 de xuño de 2023
sábado, 3 de xuño de 2023
xoves, 21 de marzo de 2019
Viñeta do Carrabouxo sobre o caso da profesora da Pontenova
Vía O Carrabouxo, sobre o triste caso do apercibimento da Admistración a unha profesora de matemáticas da Pontenova por impartir as clases en galego
luns, 4 de abril de 2016
Coñecemento vs. uso
Velaquí todo un tratado do conflito que está na cerna do debate lingüístico actual. Cada vez que, con toda a razón, se lle recrimina á Xunta a súa política lingüística, a resposta é sempre a mesma: "o coñecemento do galego é moi alto". É certo, mais tamén o é que isto, aínda que é un valor do que se lle pode tirar moito proveito cando se trata de alcanzar maiores niveis de normalización, non se ten en conta desde os organismos de goberno. Atendendo aos datos nos que tanto insiste a Xunta, o 99,16% da poboación galega entende o galego. Entón, por que cando se fan probas selectivas para a Administración, se pasa o traballo de elaborar cuestionarios en castelán? De que nos serve que toda a poboación entenda a nosa lingua se despois desde a propia Administración se realizan prácticas supremacistas, negándolle á lingua galega toda posibilidade de uso se non é mediada dunha sobrecargante bilingüalización?
O portal do Carrabouxo ten unha etiqueta adicada ao idioma. Dalí saquei esta viñeta, que só é unha de entre unha moi boa restra de reflexións sobre a situación sociolingüística de Galicia e a agresiva política lingüística que se está a praticar.
venres, 10 de xaneiro de 2014
O Carrabouxo e o presidente da RAG
No absurdo debate sobre a argallada *pulpo creada artificial e mediáticamente polo alcalde do Carballiño pouco hai que dicir e menos que remexer. Creo que o caso non merece outra contestación que a ofrecida polo Carrabouxo. Unha mágoa que o presidente da RAG, que tivo oportunidade de pechar definitivamente o conto, non o fixera. Podería parecer que Alonso Montero defende á institución que representa cando indica que agardará polo ditame da RAG sobre a cuestión pero esta suposición é un completo absurdo despois de termos escoitado pronunciamentos de todo tipo: "Wert é o caradura máis grande que deu Europa desde o século XII", apostar por "seguir o camiño da revolución socialista", ou “o BNG é como esas nais que queren tanto aos nenos pequenos que os apertan tanto que os abafan”, cos que a Academia nada gana pero que fere gravemente ao esfandangado proceso de normalización lingüística.
Outra vez máis o presidente da RAG non quixo que o seu cargo servise de garante da lingua e de defensa da normalización. Visto o sucedido mellor nos iría se o presidente da RAG fose O Carrabouxo, non si?
luns, 3 de xuño de 2013
mércores, 4 de xullo de 2012
A perda da identidade segundo o Carabouxo
Que lingua e identidade están fortemente relacionadas, ninguén pode retrucalo. Neste vídeo Xosé Lois, O Carrabouxo explica moi ao seu xeito en que consiste a perda de identidade, que na maioría dos casos vai aparellada á perda da lingua.
Curioso o papel que xogan os compañeiros de mesa de Xosé Lois nesta divertida conferencia no Institudo de Estudos Miñoranos. Moi serios,... só durante o primeiro minutos do vídeo.
luns, 27 de xuño de 2011
mércores, 4 de maio de 2011
O galego é a chave. Desenvolvemento do acto de Queremos Galego.
Foi un acto moi dinámico, instrutivo e divertido o que se pudo presenciar o pasado día 30 na Sala Capitol de Santiago. Combináronse as intervencións de moitas personalidades do mundo académico e social con actuacións musicais realmente impresionantes.
Falaron Ernesto Chao, presidente de Escena Galega, Manuel Rivas [vídeo], Xosé Lois (O Carrabouxo), Pilar García Negro [vídeo] e Carlos Callón [vídeo].
Na parte musical desfrutamos das actuacións de Ugía Pedreira, Roberto Sobrado [vídeo], ou dun moi celebrado Miro Casabella [vídeo]
Mais eu quixera destacar unha intervención e unha actuación. A primeira é o magnífico discurso de Teresa Moure, por claro, anovador e polo ben escrito que está. Unha perla. No apartado musical o que para min foi un descubrimento, Roi Casal, con catro cancións realmente excepcionais, unha delas "Máxicamente vello" é precisamente a adaptación do poema de Manuel María que lle daba título ao acto: O galego é a chave coa que abrimos o mundo.
domingo, 30 de xaneiro de 2011
xoves, 25 de novembro de 2010
Os obxectivos do decreto de plurilingüismo
Do funesto decreto chamado de plurilingüismo:
Con periodicidade anual, despois de finalizar o curso escolar, a consellería competente en materia
de educación avaliará os resultados derivados da aplicación deste decreto e desenvolverá cantas disposicións fosen precisas para o mellor cumprimento e adaptación dos seus obxectivos co fin de que poida achegarse gradualmente ao marco dun ensino plurilingüe e á plena aplicación da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias.
Con periodicidade anual, despois de finalizar o curso escolar, a consellería competente en materia
de educación avaliará os resultados derivados da aplicación deste decreto e desenvolverá cantas disposicións fosen precisas para o mellor cumprimento e adaptación dos seus obxectivos co fin de que poida achegarse gradualmente ao marco dun ensino plurilingüe e á plena aplicación da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias.
domingo, 2 de maio de 2010
domingo, 11 de abril de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










