Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Magín Blanco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magín Blanco. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Nun mar azul



Presentouse hai un mes no Culturgal, un fermoso vídeo musical no que participan Uxía, Magín Blanco, Gustavo Domínguez, Isaac Palacín e mais Pablo Ces. Foi elaborado para visibilizar e apoiar as persoas con TEA (trastorno do espectro autista).
O vídeo é froito da colaboración entre a asociación Familias Azuis e a SXPL

martes, 10 de outubro de 2017

Marcho que teño que marchar



Está a piques de presentarse o novo traballo de Magín Blanco, Camiños. Esta peza, Marcho que teño que marchar formará pàrte dese libro-disco no que participaron alumnos e profesores do CPI Manuel Padín Truiteiro (Soutomaior)

luns, 12 de decembro de 2016

A cidade



Vídeo de Luz Beloso que acompaña a Magín Blanco e Uxía Senlle nunha canción dunha poesía de Manuel María.

sábado, 10 de decembro de 2016

Peixiños do mar


A Mesa publica un libriño, Os peixes e outra fauna mariña, con 30 ilustracións de Tokio e pensado para cativos de 0 a 6 anos. Trátase dunha publicación para aprender, identificar e provocar interese polo mundo dos peixes, crustáceos, moluscos e outra fauna mariña nas nenas e nenos. Pra presentaren a edición divulgaron este clip musical.
Hai hoxe xusto unha semana fun á peixería. Non me daba decidido, quería algo para a prancha.
- Leva un besugo, ou senón unha lubina. Son da ría. Cortámochos en filetes.
- A robalisa non, que é moi ghrande, mellor levo o ollomol.
Vou ter que lles levar o libriño.

luns, 7 de decembro de 2015

Voa paxariño




A mesa editou un novo libro dirixido ao público infantil, para potenciar o uso de vocabulario galego, neste caso concreto, o das aves comúns.
As aves, conta con 30 ilustracións de Calros Silvar. O obxectivo é o de aprender, identificar e provocar interese polo mundo das aves nas nenas e nenos. Moi necesitamos estamos deste tipo de publicacións, sabendo que o panorama de exclusión do galego na educación infantil denunciado pola propia Mesa hai ben pouco
A publicación faime recordar un libriño de Héitor Picallo, editado por Edicións Fervenza, Tilirin e os paxaros, que lle gustaba tanto aos meus pequenos que acabou destrozado de tanto repasalo.
Magín Blanco volve a colaborar coa Mesa coa canción Voa paxariño, nesta recreación audiovisual estilo teletubbie.
Velaquí un adianto do que podemos ver neste libriño:

martes, 12 de maio de 2015

O abecedario



Magín Blanco ponlle voz e música a este proxecto posto en marcha pola Mesa e o Concello de Pontevedra. Fermosa iniciativa que só é a primeira dunha colección de 20 obras que estas dúas entidades poñerán á nosa dispoisción para a transmisión interxeneracional da nosa lingua.
'O tempo', 'As cores', ' O corpo' ou 'A roupa ' serán agunhas das outras obras desta colección que se irá editando coa colaboración de ilustradores galegos como Mariña Seoane, Kiko da Silva, Miguelanxo Prado, Jacobo Fernández, Carlos Silvar, David Pintor, Manel Cráneo e Miguel Porto. Polo momento, a gozar con esta iniciativa da que moito ten que aprender a SXPL e que se suma á canción e vídeo para a celebración de aniversarios que A Mesa elaborou en colaboración co Concello de Carballo. Parece que as iniciativas dos concellos que máis e mellor conducen a normalización veñen de fóra do fracasado invento da Rede de Dinamización Lingüística.
Un moi bo exercicio para facer cos cativos é ir pasando as follas deste libro ao tempo que escoitamos a canción do abdecedario: