Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Marcelo Otamendi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marcelo Otamendi. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de marzo de 2023

A política lingüística, baixo a toga


 por Marcelo Otamendi, en Nós Diario:

Algún día, e tal como imos non teremos que esperar moito, os cruzados que a xustiza española ten na maxistratura en Hego Euskal Herria decidirán, como no seu día decidiron en Catalunya, que nas escolas do modelo D, 25% das materias deberán impartirse en castelán. E entón será tarde, xa que non aprobamos os exames que nos impuxeron anteriormente eses mesmos maxistrados, e, nalgúns casos, porque non nos presentamos ao exame.