Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Muros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Muros. Amosar todas as publicacións

sábado, 19 de xuño de 2021

Vibrando nas ondas con Xela Arias

Xela nas ondas - IES Plurilingüe Fontexería from Arraianos on Vimeo.

O IES Rosalía de Castro (Santiago) e Arraianos Producións en colaboración co programa Ponte nas Ondas e a RAG e a SXPL convocou un ano máis o Certame Escolar de Podcasts Xosé Mosquera Pérez O vello dos contos. O podcast gañador na modalidade de secundaria está protagonizado polo alumnado de 2º da ESO do IES Fontexería, baixo a coordinación da profesora de galego Olalla Liñares García, e contou tamén coa participación das docentes María Cernadas e María Viturro.

"Vibrando con Xela Arias" é obra do CEIP Mestre Manuel García (Oia). Foi gravado por boa parte dos alumnos e alumnas de 5º curso grazas ao traballo da súa titora, Sofía González Cordero, e o profesor de música, Elías Domínguez Pereira.

Vibrando con Xela - CEIP Mestre Manuel García from Arraianos on Vimeo.

 O centro de educación especial Saladino Cortizo fíxose cun premio especial pola peza radiofónica titulada “Xela”, realizada polo alumnado de tránsito á vida adulta, de entre 16 e 21 anos, e gravada pola súa titora, Rebeca Medina.

luns, 4 de xullo de 2016

A mocidade fala da lingua: Pontedeume, Neda, Moeche, Muros, Lalín, Fisterra e Pontevedra

Rematabamos o pasado mes cunha referencia ao programa Rabela, de Nós TV, adicado á reflexión sobre a situación actual da lingua galega. Os mantedores da canle de You Tube desta televisión tiveron a boa idea de colgar os vídeos nos que entrevistaran á rapazada de Pontedeume, Neda, Moeche, Muros, Lalín, Fisterra e Pontevedra. Unha alfaia para teren en conta os ENDL.




















martes, 9 de abril de 2013

O asesor xurídico do Concello de Muros desprezando a lingua galega



Escandaloso vídeo achegado polo BNG de Muros no que mostra como o asesor xurídico do Concello, actuando como tal, poña trabas aos veciños que se expresen en galego. No primeiro corte do vídeo alega que non o entende, en contra do regulamento do propio Concello que dictamina que nas súas relacións coas Administracións usará sempre o galego. Nun segundo corte ponse en evidencia que, a pesar do declarado na primeira ocasión, non ten ningún problema de comprensión na nosa lingua. Simplemente abusa do poder que ostenta para afondar nos prexuízos e no maltrato á cultura de noso.
Vergoñento.

P.S.: A Mesa exixe a destitución do asesor xurídico do Concello de Muros que impide aos muradáns expresárense en galego, quer por “inepto”, quer por “fascista”
O BNG denuncia que o Concello de Muros pon "trabas" para empregar o galego nos xuízos, 09/04/2013, Praza Pública