Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Silvia Caeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Silvia Caeiro. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de febreiro de 2021

A eterna invisibilidade do galego, agora en 'streaming'


por Silvia Caeiro, en Praza Pública:

A estrea de ‘3 Caminos’ en Amazon Prime Video o pasado 22 de xaneiro abriu un melón que leva tempo madurando. Que dita serie recibira un financiamento de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia e que non se ofreza o galego como opción de visualización nin sequera entre os subtítulos foi motivo de gran crítica.