Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta dictadura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dictadura. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de maio de 2019

Un delito de calumnias: proceso contra o escritor Manuel María



Tamara López Fernández relátanos de forma moi amena nesta mini-conferencia o caso do proceso contra Manuel María no ano 1955. Terror institucionalizado, control da sociedade, persecución da disidencia mediante os tribunais ordinarios, delación e denuncias anónimas e sen probas,... e a petición de catro anos e seis meses de prisión e 20.000 pesetas da época.
Un caso de persecución política

venres, 15 de marzo de 2019

O Ku Kux Klan contra a lingua galega



Esta mesma semana o PP rexeitou a Lei de Memoria Histórica Galega a pesar da emocionante defensa que fixo dela o deputado nacionalista Luís Bará. Dito en positivo: o PP é o garante da defensa das esencias da dictadura franquista e hai un forte e contínuo fío que conecta esta defensa coa  negación da normalización lingüística.  Se hoxe sofrimos as consecuencias da discriminación da lingua galega é porque nunca se cortaron as ataduras coa dictadura.
Todo isto puidémolo comprobar por duplicado nas últimas sesións parlamentarias. O goberno está tomado por uns radicais supremacistas que someten á lingua galega. Neste vídeo Ana Pontón denuncia esta situación, agravada pola argallada do PP de prescindir do galego no acceso aos empregos públicos galegos. Fixéronlle algún caso? O Ku Kux Klan non atende a razóns.

mércores, 13 de marzo de 2019

Malas linguas II: argumentos





Para a II xornada de Malas Linguas, organizada pola Deputación da Coruña, achegáronse os argumentos de Iria Ramos como experiencia de galega na sanidade pública. Cal é a actitude da Administración respecto do uso da lingua? A pouco que nos mergullemos no portal do Sergas (https://www.sergas.es/), cantas máis pantallas pasemos, máis se deturpa o uso do galego e nas pantallas ás que só teñen acceso os profesionais, o galego fica excluído.


"YO SOY UNA BURRA. YO NO SE HABLAR" Este era o lema dun cartel que lle colgaban a unha compañeira de Luz Fandiño por falar en galego. Luz é unha voz viva do sofrimento da represión lingüística durante a dictadura. Cómpre escoitala unha e mil veces para saber como se xeneralizaron os prexuízos.

luns, 3 de xuño de 2013

Que dirían os fundadores? (Carta aberta á Xunta directiva da Coral de Ruada)

Por Xosé Antón Laxe Martiñán, membro da Coral de Ruada, nas voces de Prolingua:

Efectivamente, como di o Goberno galego no comunicado no que se publican as concesións das Medallas Castelao correspondentes á edición de 2013, a Coral de Ruada leva 95 anos conservando e promovendo a tradición musical, e dicir, actuando ininterrompidamente, ganduxando na polifonía e na música nacional-populares.