Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ricardo Carvalho Calero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ricardo Carvalho Calero. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de marzo de 2021

Do Halley ao Hubble

A Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, convoca ás asociacións culturais e aos centros de ensino á xornada Carvalho, Lingua e Terra. que se emitirá hoxe ás 20:00 nesa dirección. 

Nesta mesma dirección, editouse unha banda deseñada sobre a súa vida, obra e pensamento da autoría de Pepe Carreiro que ademais pódese imprimir e distribuír gratuitamente. O seu título é moi do meu gusto: "Do Halley ao Hubble"

 

Amigo Carvalho. Do Halley a... by kiarqu2458

domingo, 22 de novembro de 2020

Unha trabe de Carvalho

Ricardo Carvalho Calero entrevistado no programa 'A trabe de ouro' da TVG (1987) from Multimedia on Vimeo.

Estamos no estraño ano das Letras Galegas a Carvalho Calero. Bo momento para lembrar esta entrevista que o actual presidente da Academia lle fixo ao homenaxeado no ano 1987 no programa "A trabe de ouro"

 

luns, 2 de novembro de 2020

XXIX Xornadas de Lingua e Literatura

Este ano todo está tocado pola COVID-19. Isto fixo que as XXIX Xornadas de Lingua e Literatura fosen, por primeira vez, virtuais. Como toda cruz ten a súa cara, iso permítenos agora poder repasar as intervencións destas xornadas. 

Neste vídeo Xosé Ramón Feixeiro Mato imparte unha conferencia sobre "O aspecto lingüístico na obra de Carvalho Calero". Seguindo a lista de reprodución, achamos a Laura Tato con "A poesía e o teatro na obra de Carvalho Calero" , a Pilar García Negro con "Carvalho Calero narrador", a Manuel Castelao Mexuto con "O meu Carvalho", a Héctor Cajaraville traéndonos un "Abano de propostas didácticas arredor de Carvalho Calero"  e finalmente a intervención da cantante Ugía Pedreira 

mércores, 27 de maio de 2020

Carvalho Calero

por Alberto Lema, en La Opinión:


Sería inxusto reducir a figura de Carvalho Calero á súa toma de posición final respecto da cuestión da lingua. El foi tamén o autor da que segue a ser aínda hoxe, case 60 anos despois da súa publicación, a historia da literatura de referencia das nosas letras, un estudo monumental e rigoroso sobre a evolución da literatura galega que asentou un xuízo, ás veces demasiado valorativo, certo, sobre os autores en lingua galega que aínda perdura. Carvalho Calero, en suma, é o autor do noso canon, e só por ese feito, nunha época na que imperan o solipsismo de autoconsumo e a especialización minifundista na nosa academia, sería merecente da homenaxe sempre adiada dun Día das Letras Galegas.

xoves, 14 de maio de 2020

Vieiros de esperanza: Ricardo Carvalho Calero




Documental biográfico sobre Ricardo Carvalho Calero filmado en 2014. Vieiros de Esperanza percorre a vida e a traxectoria profesional de don Ricardo a modo de conversa, dende a súa infancia en Ferrol ata a súa xubilación en Compostela. Tamén tenta comprender porque non se lle dedicaba o Día das Letras Galegas, un recoñecemento que afortunadamente chega en 2020 para facer xustiza coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento. A obra formou parte do Traballo de Fin de Grao en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Dirixido por Antón Rodríguez e coa colaboración técnica de Javier Gómez e Sergio Arango.

A destacar este texto de Carvalho, "O uso do galego para todo", lido pola súa alumna Mª Pilar García Negro:

martes, 12 de maio de 2020

A aventura de coñecer a Carvalho Calero

Non é só un documento, Alexandra, profesora de galego do IES Antón Losada (A Estrada), achéganos esta presentación interactiva sobre Carvalho Calero.
Paseando por ela podemos acceder á declaracion da RAG do 17 de maio do 2020 como día do escritor ferrolán, a un vídeo do Colexio San Pío X (Ourense) sobre a súa vida, a varias interpretacións dalgunhas obras: "Non sei se a matei", "Luísa Sorriso", "Desde o ceu com amor", a un boletín sobre o reintegracionismo, a un encrucillado sobre a súa figura, ou a un increíble xogo interactivo, Don RiDardo, tamén creado polo Colexio San Pío X.
Toda unha aventura arredor de Ricardo Carvalho Calero.

Semana Das Letras Carvalho ... by elogolosada on Scribd

venres, 17 de abril de 2020

Telexornal Carvalho Calero



A pesar das circunstancias, outro  ano máis, o Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI dos Dices (Rois), achéganos a figura do Día das Letras nun Telexornal. Poderemos ver entrevistas a Xosé Luís Axeitos, Alfonso Vázquez Monxardín, Xulio Xiz, Araceli Herrero, Paulo Fernández Mirás, Miro Vilar, Eduardo Maragoto, Laura Tato Fontaíña e Ramona Giráldez

martes, 31 de marzo de 2020

Trinta anos

por Mª Pilar García Negro, no Nós Diario:

Tal día como mañá, 25 de Marzo, de hai trinta anos, falecía en Santiago de Compostela Ricardo Carvalho Calero. Neste seu cabodano, a Mesa pola Normalización Lingüística e mais a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura tiñamos pensado lembralo cunha oferenda floral na súa tumba, no cemiterio de Boisaca, e homenaxear a súa persoa e obra cunha actuación da coral compostelana Solfa, perante o que fora o seu domicilio en Santiago, na Carreira do Conde, moi perto de onde se instalou o busto que o recorda, en 2010, no centenario do seu nacemento. Por todas as circunstancias que estamos a viver, faise forzoso adiar estes actos, que esperamos, porén, celebrar noutra data do ano presente.

luns, 1 de xullo de 2019

Ricardo Carvalho Calero: Conferencia sobre Otero Pedrayo



A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) subiu á arañeira esta conferencia sobre Ramón Otero Pedrayo impartida polo vindeiro homenaxeado no Día das Letras, o profesor Carvalho Calero. Foi durante as I Xornadas da Didáctica da Lingua e da Literatura celebradas os días 16. 17 e 18 de febreiro do 1989.