Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Villares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Villares. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de xuño de 2021

Villares, o galego, a política e a mocidade


 por Ramón Rodríguez Carnota en Terra e Tempo:

Opinar é tratar de acoutar unha illa de certezas nun mar de dúbidas. Hoxe opinarei para interpretar alguén que non coñezo persoalmente; velaquí a primeira das incertezas. Sei, por outra banda, que unha cousa é o que unha persoa pensa, outra o que esa persoa di nunha entrevista, outra o que recolle un medio escrito e outra o que ese medio escrito escolle para titular unha nova. Até aquí as inseguridades, que todo o relativizan. Imos logo coas que entendo como certezas.

 

Villares, o galego, a política e a mocidade


por Miguel Rodríguez Carnota en Terra e Tempo:

Opinar é tratar de acoutar unha illa de certezas nun mar de dúbidas. Hoxe opinarei para interpretar alguén que non coñezo persoalmente; velaquí a primeira das incertezas. Sei, por outra banda, que unha cousa é o que unha persoa pensa, outra o que esa persoa di nunha entrevista, outra o que recolle un medio escrito e outra o que ese medio escrito escolle para titular unha nova. Até aquí as inseguridades, que todo o relativizan. Imos logo coas que entendo como certezas. 

martes, 1 de xuño de 2021

Linguas boas e linguas malas


 por Xurxo Borrazás en Nós Diario:

Cando o Partido Popular (PP) impulsor do decreto lingüístico que na escola impide dar aulas de matemáticas en galego ou nas oposicións elimina o requisito do seu coñecemento celebra “a lingua que nos une” e promete medidas de fomento do seu uso, lembro unha entrevista na radio a un veterano humorista e debuxante de cómic andaluz, o grande Andrés Vázquez de Sola, na que lle escoitei a xenialidade de que “os curas malos había que aforcalos coas tripas dos curas bos”.

sábado, 29 de maio de 2021

Negacionismo idiomático

 por Alfonso Eiré en El Correo Gallego:

DIGÁMOLO alto é claro: en Galiza existe o negacionismo idiomático. Sempre existiu, pero non comeza a ter expresión política até que Núñez Feixóo consegue a presidencia do PPdeG, asume os postulados da FAES e pasa a usalo para desgastar electoralmente ao nacionalismo. 

martes, 25 de maio de 2021

Ramón Villares e a imposición da lingua

 




por Xosé Henrique Costas González, nas Voces de ProLingua:

O sábado 8 de maio lemos en Sermos Galiza unha entrevista co presidente da RAG, Vítor Freixanes. Nela valoraba os resultados dun traballo do Seminario de Sociolingüística da RAG segundo o cal un 35% dos rapaces e rapazas de 4º da ESO en Galicia carecen de competencia en lingua galega, de xeito que se conculcaba así gravemente o art. 14 da LNL/1983 que indica que ao final do ensino obrigatorio tería que estar garantida a igualdade de competencia entre os dous idiomas oficiais.

xoves, 20 de maio de 2021

Villares e o galego


 por Manuel Veiga Taboada en Nós Diario:


Ramón Villares vén de afirmar en Faro de Vigo que “os rapaces deixan de falar galego pola connotación política que ten”. Non é unha frase collida ao voo polo xornalista para compoñer un titular rechamante, senón que vai na liña doutras que aparecen na mesma entrevista e na liña tamén doutras opinións anteriores. É unha afirmación polémica.

domingo, 12 de xuño de 2011

Valentín Paz Andrade como tarea

por Ramón Villares, presidente do CCG, no Xornal:


Na biografía intelectual de V. Paz-Andrade sobrancea un libro publicado en Bos Aires, na editorial Citania, que leva por título Galicia como tarea (1959). No seu prefacio aseveraba que para el Galicia non era “algo que nos ha sido dado irremediablemente hecho y, en parte, contrahecho”, senón que Galicia se debería entender como “algo que hemos de hacer, o rehacer, todos los días”. Era todo un programa económico e material, pero tamén cultural e espiritual. Un programa propio dunha persoa de reflexión e de acción, que estaba atenta ás correntes intelectuais do seu tempo e que teimaba en aplicalas á realidade galega. Pasou máis de medio século e aquela idea forte segue en pé. Pero agora, como figura central do Día da Letras Galegas de 2012, ábrese unha nova tarefa, que é a de repensar e mesmo imaxinar Galicia da man deste autor e da súa fecunda biografía.
A figura de Paz-Andrade permite revisitar un capítulo esencial da cultura galega como foi o xornalismo, como práctica profesional e como concepción empresarial. É ben sabido que o xornal Galicia (1922-1926) foi un exemplo de publicación moderna, independente e galeguista, que se distanciou claramente da prensa de partido ou dos diarios de avisos e comerciais, tan frecuentes aínda naquela época. O moderno xornalismo galego ten neste diario un precedente, ademáis, pola calidade dos colaboradores que nel se reuniron, desde Castelao ou Vicente Risco ata Otero Pedrayo ou Blanco Torres. Esta vocación pioneira de Paz-Andrade tivo continuidade no xornalismo profesional, como é a revista especializada Industrias Pesqueras, cabeceira fundada en 1927 e que felizmente aínda segue viva, como un raro exemplo de lonxevidade nun campo de tan difícil supervivencia.
Pero a longa vida desta revista non é realmente unha casualidade. Expresa a verdadeira paixón de V.Paz-Andrade polos asuntos pesqueiros e, máis amplamente, polo mundo do mar. Ten mérito que nunha terra de esmagadora hexemonía da terra como lugar de traballo e mesmo de identidade, houbera persoas que reclamasen protagonismo para o mar. O mar foi a gran novidade da historia galega do século vinte, como motor dunha revolución industrial moderna baseada na pesca e na conserva, e como camiño de ida e volta dos fluxos migratorios entre Galicia e América. A esta chamada do mar responderon empresarios conserveiros e navais, pero tamén técnicos que foron quen de pensar e de analizar as potencialidades da pesca. Neste campo, Paz-Andrade foi o perito máis sólido, como o acreditan non só os seus textos sobre cuestións pesqueiras, senón a súa condición de experto da FAO e a súa participación na fundación da gran multinacional galega Pescanova, a máis perenne aposta do empresario Xosé Fernández López e a máis acaída plasmación das ideas de Valentín Paz-Andrade.
Home da comunicación e da empresa, tamén merece ser revisitado como activo político nas campas do galeguismo autonomista da preguerra, como un teimudo resistente na longa ditadura franquista e como unha voz da lexitimidade republicana nos tempos da transición democrática. Mantivo intensas relacións co exilio e frecuentou a amizade de moitas das súas figuras, desde Seoane e Dieste ata Blanco-Amor ou Lorenzo Varela. Alén diso, foi un atinado ensaísta e un notable escritor. Ensaísta en materia económica e pesqueira, foi tamén biógrafo de dúas figuras descomúns como Valle-Inclán e Castelao, expresión da súa concepción de Galicia como “nodriza” de dúas grandes literaturas. Moi innovadoras son as contínuas reflexións de Paz-Andrade sobre as necesarias relacións entre Galicia e a cultura de expresión luso-brasileira, á que se achegou de forma sistemática e á que dedicou algunha das súas obras maiores, como é o seu ensaio sobre A galecidade de Guimarâes Rosa, un dos grandes da literatura brasileira do século XX.
Para o ano 2012, pero xa desde agora, ábrese unha tarefa especial, que é a de retornar sobre obras e accións deste home singular da Galicia do século XX que foi Paz-Andrade. Revisitar os seus ensaios e biografías axudará a entender como de actuais son algunhas das súas reflexións. Achegarse ás súas iniciativas empresariais permitirá ollar un tempo en que economía e cultura andaban de parcería. E reparar no seu estilo vital, de home tenaz e talentoso, aberto ao mundo pero sen abdicar do compromiso coa súa terra e coas súas xentes, será un espello en que se poidan mirar as novas xeracións que viven nun tempo en que tampouco nada lles é dado, no que todo ha de ser conquistado. Como lle aconteceu a devanceiros como Valentín Paz-Andrade, que quería “rehacer Galicia todos los días”.

domingo, 27 de marzo de 2011

'Confiamos en exceso nas virtudes taumatúrxicas da política para resolver un problema tan complexo como é o idioma'

Luis Pousa enntrevistou a Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega,  para o Galicia Hoxe, velaquí vai parte da entrevista, na ligazón poderás completala:


Ramón Villares Paz (Xermade, 1951; catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago; ex reitor de USC) leva cinco anos como presidente do Consello da Cultura Galega.
En que situación se atopa o idioma galego respecto de hai dous anos?
Non mellor. Hai un decreto novo, anunciado polo PP na campaña electoral, que modificou o anterior. É un contexto institucional diferente. O problema non é só nin fundamentalmente político; é tamén un problema social, educativo. Confiamos en exceso nas virtudes taumatúrxicas da política para resolver un problema tan complexo como é o idioma. Isto debería obrigarlles a repensar tanto aos que se empeñaron en facer un decreto como aos que se empeñaron en cambialo e paralo.
Pero como se restitúe a posición pública do idioma galego?
Mediante medidas de discriminación. E iso unicamente pode darse mediante unha gran mobilización da sociedade civil ou unha acción institucional decidida. A sociedade galega confiou en que os poderes autonómicos fixesen ese traballo, que se manifestou na colocación do galego no sistema educativo e na construción dun sistema cultural.
E dunha industria cultural?
Claro, claro. Hai trinta anos a industria cultural en galego era mínima. Non quero dicir que hoxe sexa boiante, pero hai teatro, cinema, produtoras de audiovisuais, actores e actrices, medios públicos de comunicación en galego. Todo isto forma parte do mellor da autonomía. Pero a lingua non pode depender só das accións institucionais, ha de depender tamén do pulso social. E é aí onde eu percibo unha certa despreocupación. Agora, hai unha minoría que cre que o galego é un problema e hai outra minoría que cre que o é por outra razón, e hai unha ampla franxa social que está instalada nunha especie de comodidade. O galego non ten un nivel de resistencia moi alto desde o punto de vista sintáctico e fonético -é unha lingua romance moi próxima ao castelán e ao portugués- e, ao propio tempo, no seu uso non ten un alto limiar de resistencia. Marca menos falar ou non falar galego que catalán en Cataluña ou éuscaro no País Vasco.
Esa falta de empuxe da sociedade civil afecta tamén á industria cultural?
É que o problema está no sistema cultural no seu conxunto. Galicia non é unha potencia económica, e se algo a define é poder presentar no mundo a súa identidade cultural. Nos cinco continentes temos galegos e galegas que non renuncian á súa condición de galegos e galegas. Son pingas no océano, pero pingas importantes que se definen como galegas estean onde estean. Esta é nosa gran potencia. Ás veces, non nos decatamos diso e encerellámonos en debates domésticos esterilizantes.

luns, 17 de maio de 2010

Unha cultura dona de si


por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, no Xornal de Galicia
Corenta e sete anos despois daquel auroral Día das Letras Galegas de 1963, “data destinada a recoller o latexo material da actividade intelectual galega”, segundo os seus promotores, encabezados por Francisco F. del Riego, mudaron tanto as cousas, nomeadamente no referido ás expresións da cultura, que falamos dun novo paradigma. Tamén para a cultura galega, que, máis alá de especificidades e urxencias –verbigracia no tocante á situación da lingua– enfronta problemas e desafíos comúns aos de calquera outra asomada ao século XXI. Foi a cultura factor decisivo na configuración da Autonomía, no seu desenvolvemento e asentamento e segue a selo como imaxe, marca-país, valor intanxible co que proxectármonos. Un tesouro a coidar, enriquecer e transmitir e co que dialogarmos con outras culturas e linguas, partindo do impagable recurso que supón posuír unha lingua de noso xunto con outros instrumentos lingüísticos ao noso dispor.

A festa das Letras Galegas, de inequívoco perfil reivindicativo, de radical compromiso coa nación-cultura á que pertencemos, fálanos da irrenunciable apelación á memoria do que fomos, da necesaria reflexión do que somos e da imprescindible aceptación dos retos que nos propón o devir histórico. A cultura é o fío esencial que sostén a urdime da memoria da tribo, punto de partida para poñer en pé novas ideas e feitos, quen de acrecentar o legado recibido, abríndoo ás potencialidades e iniciativas das novas xeracións.

Estas ideas fan parte do cerne, e da praxe, do Consello da Cultura Galega, institución singular, pola súa orixe e configuración, no Estado das Autonomías. Orientan tamén o noso compromiso ao abeiro do mandato de “preservar e promover os valores culturais do pobo galego”. Un obxectivo que nos obriga a considerar e atender as demandas da Galicia inserida na sociedade do coñecemento, nos espazos abertos polos usos derivados das novas tecnoloxías da información-comunicación, definidoras dunha parte significativa do traballo que o Consello realiza a prol da cultura e da lingua e da súa proxección exterior. Non estamos sós e nada do humano debe sernos alleo. Uxío Novoneyra, o bardo ao que honramos, e co que nos honramos, neste 17 de maio, aludiu a esa dimensión inevitablemente interactiva, e desexablemente solidaria:

“Todo o que pasou o meu pobo pasoume a min / todo o que pasou o home pasoume a min”.

Témolo presente cando configuramos o Consello, institución de alta asesoría cultural, como laboratorio de ideas, lugar de encontro, foro de reflexión e debate ou plataforma para a proxección exterior. Cando potenciamos a utilización dos novos soportes da comunicación, democratizadores do consumo cultural, pero tamén da xestión e a difusión da cultura. Medios e mensaxes abertos á influencia das novas formas de interacción, acceso e intervención dos receptores, convertidos agora en emisores. Fronte a estes retos deben posicionarse a sociedade galega e os seus gobernantes, poñendo en valor o herdado e as súas cualidades identitarias e considerando a necesidade de nos abrir a outros espazos, o inmediato europeo, e moi especialmente os da Galicia transterrada. Conscientes da cada vez maior importancia do local na esfera da globalización. Fillos da Galicia invocada polo Novoneyra autor de versos que un mestre canteiro tería gravado nas pedras coas que se construíron as catedrais:

“É xa hora de que señas toda patria dos teus / dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus / e señas dona de ti e señora de falar / señora de decidir e dona de se negar”.

luns, 8 de febreiro de 2010

O CCG pídelle sentidiño á xunta.


Deben parar as "Políticas agresivas" contra o galego. "Canto máis corrixa o decreto que ultima sobre o galego, mellor lle irá á lingua" , "a batalla non está perdida", quen así se expresa é Ramón Villares: “Se Feijóo segue ao CCG, ao galego iralle mellor” , insiste o presidente do Consello da Cultura Galega.