Milleiros de sorrisos conectáronse este domingo durante varias horas na capital de Galicia. Ollares que reflectían esperanza, ganas de mudar as cousas. A necesidade de nos involucrar como sociedade nunha das tarefas colectivas máis relevantes para este século. Baixo a ollada atenta do apóstolo Santiago, o orgullo pola nosa lingua impregnou a praza do Obradoiro e todos os recunchos da zona vella baixo un mesmo lema: lingua vital xa!
Afirmarmos no galego como lingua propia, vital e útil, como este domingo 23-F fixeron ducias de milleiros claro que é facermos política. Outra cousa é que non sexa –nin haxa de ser– política partidista. Porque ocupar o espazo público e investir o tempo de lecer nun exercicio cidadán para nos afirmar no uso público da lingua de noso é un acto substancialmente político.
Mentres escribo, sinto o cantar dos paxaros ao redor da casa. Ferreiriños, piscos, subeliños e papuxas altérnanse na orquestra que abre o día, mentres a campá da igrexa dá as horas. Distráenme. Porque atendo a como o seu canto cambia, ao amplo repertorio de notas, aos diferentes compases. E acabo pensando en que se estarán a dicir, que mudanza na mensaxe hai por baixo da melodía que escoito, se estes paxaros atlánticos cantarán do mesmo xeito cós seus parentes doutras latitudes e atrévome a dicir que non. Porque sei que entre outras especies animais comprobouse (despois de Castelao) que poderiamos dicir que usan diferentes linguaxes para se comunicaren. Rosalía intuíuno: "Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros, ... pero non é certo, pois sempre cando eu paso,/ de min murmuran e exclaman:/ -Aí vai a tola soñando".
Vídeo do BNG explicando o substancial da política lingüística do PP durante este cuarto de século. Invitación a asistir á manifestación do vindeiro día 23 de febreiro.
A Asociaciación Cultural Vagalumes elaborou unha serie de vídeos que está difundindo polas redes sociais co fin de invitarnos a asistir ás manifestacións do 17 de maio lconvocadas pola plataforma Queremos Galego!
O leitmotiv da campaña é "Sabías que...?" Paga a pena saber se sabemos algunhas das mais importantes discriminacións que sofre a lingua de noso
Mobilízate pola lingua este 17 de maio ás 12h na Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Monforte ou Foz. pic.twitter.com/hzXL7s9x0M
— Vagalumes Tabeirós Terra de Montes (@TabeirosMontes) May 12, 2023
Mobilízate pola lingua este 17 de maio ás 12h na Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Monforte ou Foz. pic.twitter.com/QTLmb2aq17
— Vagalumes Tabeirós Terra de Montes (@TabeirosMontes) May 12, 2023
Mobilízate pola lingua este 17 de maio ás 12h na Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Monforte ou Foz. pic.twitter.com/Z9tdI0yD8Q
— Vagalumes Tabeirós Terra de Montes (@TabeirosMontes) May 12, 2023
Mobilízate pola lingua este 17 de maio ás 12h na Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Monforte ou Foz. pic.twitter.com/eUNMnfMUOg
— Vagalumes Tabeirós Terra de Montes (@TabeirosMontes) May 12, 2023
Mobilízate pola lingua este 17 de maio ás 12h na Coruña, Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Monforte ou Foz. pic.twitter.com/eUNMnfMUOg
— Vagalumes Tabeirós Terra de Montes (@TabeirosMontes) May 12, 2023
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca o 13 de decembro de 1987 a primeira grande manifestación pola lingua. Participan todas as forzas políticas, sindicatos, anpas, movemento veciñal… Recordo perfectamente aquela manifestación polo que me subiu un calor polo peito cando me vin nesta foto de Xan Carballa que difundiu a Mesa polas redes sociais.
As eleccións autonómicas na Galiza do pasado mes de xullo, abriron un exaltado ambiente para recobrar e conectar cos grandes problemas que tantas veces ficaron cubertos coa nebulosa da indiferencia, ou disimulados polo anticuado sentimento de aceptar os problemas tal como veñen e os vivimos. Deste sentimento morno, de outras épocas, renaceu un innovado pensamento para afrontar os problemas comúns que interesan resolver con un proxecto firme e pragmático, concretándose nas ofertas nacionalistas que o electorado foi capaz de asumir as propostas e as accións dinamizadoras. A evolución do voto nacionalista desas eleccións, marca unha innovadora aritmética no que respecta ao valor cualitativo e cuantitativo. De seis deputados que tiña o nacionalismo pasou a dezanove, naquel histórico día do 12 de xullo de 2020, clarificando o interese de conexión cos problemas nos que está sumido o pobo galego. O crecemento numérico de representación de escanos, mostra que a conciencia nacional na Galiza pasa por un activo crecemento interesante e determinativo no que respecta aos diversos e grandes temas, silenciados e suspendidos, polos que negan progreso e solidariedade en seus actos de desgoberno. Neste contexto, tan complexo e contraditorio, no que respecta a políticas sociais, económicas, culturais e, sobre todo, lingüísticas, polos que pasa o actual e retrógrado escenario político empregado na Galiza dunha maneira omnímoda e asimilista.
Hai 10 anos eu estaba con toda esta xente, enchendo o Obradoiro, na maior manifestación do pobo galego a favor da súa lingua. Esa manifestación que foi o berro máis grande daquela exitosa folga convocada polos Bolechas.
Cómpre hoxe volver a ver estes vídeos e volver a reafirmar o noso compromiso co galego. Cómpre hoxe volver a denunciar o ataque contínuo, que día a día fai o goberno do PP contra o que nos define como galego, a cerna da nosa identidade, a nosa alma.
O traballo que realizaron no IES do Son con este primeiro audiovisual é de premio.
Aquí comparto outro vídeo, este o de Queremos Galego!, que ten o valor engadido do audio dalgúns anacos das intervencións ao final da manifestación.
Este foi o resume que fixo Galiza-Contrainfo do desenvolvemento da xornada do 17 de maio en Vigo e na Coruña. Tanto nestas cidades como en todos os lugares nos que se se fixo efectivo o chamamento de Queremos Galego!, leuse este manifesto.
GZ contrainfo parece que sempre saca os mellores vídeos das manifestacións do 17 de Maio. Desta vez acertaron completamente ao tomar como fío condutor do audiovisutal o manifesto do Correlingua coa actuación dos Labregos da Linguaxe rapeando "Rapea, que a lingua no para". Estes rapaces do IES Antonio Fraguas (Santiago) estiveron fantásticos.
Nieves Rodríguez foi a encargada de conducir o acto na praza da Quintana. Marga Romero, do Consello de Administración do Sermos Galiza foi a encargada da lecutra do minifesto “En galego día a día”. Tamén interviñeron, Marcos Maceira, da Mesa, Concha de la Fuente, produtora do programa da Radio Galega “O Diario Cultural”, Anxos Sobriño, presidenta da CTNL, Cesáreo Sánchez da AELG, Adela Figueroa, escritora, que foi quen sofriu en primeira persoa o famoso agravio contra a lingua galega no edificio da Xunta en Lugo cando ao solicitar que a atendesen en galego recibiu como resposta “Yo solo hablo castellano.
Con certeza o acto máis importante do día se hoxe é a manifestación de Queremos Galego!. Alí nos veremos, clamando contra as prohibicións á lingua galega e por unha política lingüística realmente normalizadora.
A manifestación a prol da lingua galega convocada por Queremos Galego ateigou este 17 de maio a Praza da Quintana en Compostela. Pódese considerar unha das marchas que acadou maior asistencia das realizadas até o momento. Serían 25.000 persoas como afirman as organizacións convocantes? Pode que non tantos. Mais non foron moitos menos. En calquera caso, é unha cifra máis axeitada, por achegada á realidade, que a ambigüidade da palabra milleiros que dan moitos medios, que queren sementar no imaxinario colectivo máis a cifra de dous mil que de vinte mil. Non se trata dunha valoración neutra, sabedores de que neste contexto triunfa a hipótese máis conservadora.
Este 17 de maio Queremos galego voltounos a convocar a unha manifestación polo galego. Baixo o lema O idioma é a vida a xente encheu a praza da Quintana. Este ano foi diferente. Por un lado, celebramos o centenario das Irmandades da Fala; por outro lado, o autor homenaxeado co Día das Letras Galegas era Manuel María, unha persoa que participou activamente das reivindicacións en defensa da lingua. Un autor coñecido e recoñecido, un autor querido. Isto viuse na alegría da xente e no carácter festivo da manifestación.
De entre todas as pancartas que se vían na manifestación de Queremos Galego! do día de onte, destacaba sobre todo unha, a desta foto. Non era a máis grande, nin a de cores máis vistosas, pero era a que mostraba un maior sentimento. Ao vela puiden imaxinar como foi construída. O seu autor foi uns días antes a unha copistería a que lle fixeran unha ampliación do texto, preparou a montura, e sobre ela pegou con todo coidado a mensaxe. Meteuna no maleteiro do coche e paseouna, cunha actitude profundamente democática, polas rúas de Santiago ata chegar á Quintana. Pegaba un sol forte, pero el mantívose no seu posto ata o final, para que todo o mundo tomara conciencia da situación real da lingua galega, para poñer en evidencia unha política lingüística de agresión ao galego. De veren esta imaxe, pregúntome cal será o sentimento que lle percorre o corpo a persoas como Valentín García, Román Rodríguez ou Núñez Feijóo.
Un momento máxico
Na parte positiva, e falando da manifestación, para min houbo un momento realmente máxico. Cando entraba na Praza da Quintana, completamente ateigada de xente, Mini e Mero comenzaban a tocar O carro. Toda esa masa de xente, cunha soa voz, cantaba a letra da canción. Manuel María había de estar orgulloso de todos os que alí estabamos.