Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Vedra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vedra. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de novembro de 2019

O maltrato á lingua no concello de Vedra no 25N



Recorte da primeira versión dun díptico que pretendía difundir o Concello de Vedra polo 25N, día da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Saqueino dunha denuncia que fixo o BNG desa localidade na que se queixan que na relación de postos de traballo planificada pola alcaldía do PP "esquecéronse" da normalización e acusan a actitude de "soberbia". Ademais engaden que isto só lles pode traer aos veciños "vergoña e humillación. Porque Concello somos todos"
O concello xa rectificou e o díptico que agora se pode descargar é unha nova versión corrixida, pero aínda con algunha incorrección, feito este que nos indica a necesidade dun SNL ou do establecemento duns estándares que sexan mínimamente dignos para os veciños de Vedra e a súa lingua.



martes, 23 de xaneiro de 2018

Vindevídeos de primaria



Onte soubemos do fallo dos premios aos vídeos do certame Vindevídeos sobre a lírica medieval galega que convocou a SXPL.
O de arriba é o gañador na categoría de centros de infantil e primaria. Foi a obra coa que participou o CEIP O Carballal, de Marín (Pontevedra), co título “Fals’e traedor”




O segundo premio desta categoría foi para  o CEIP Ortigueira, de Vedra (A Coruña), polo vídeo “Galicia: referente da cultura medieval”.
Parabéns aos dous grupos  por un traballo fermoso e de calidade.
Se pola banda de Laíño debemos felicitar á SXPL por promover unha iniciativa coma esta, cando falamos da SXPL, desafortunadamente sempre hai unha banda de Lestrove. Que no anuncio dos premios aos Vindevídeos non se nos achege unha ligazón aos vídeos premiados indica unha falta de compromiso coa normalización un desleixo imperdoable así como un desprezo ao labor feito por todos os participantes no concurso. Era tan complicado? Insistindo neste tema, xa que non o fai a SXPL, presento aquí os gañadores do Vindevídeos de primaria, pero, ...e os de secundaria?


martes, 26 de febreiro de 2013

'A xustiza pola man', lipdub do CPI de Vedra



Lipdub dos alumnos de 4º de ESO do CPI de Vedra para un proxecto de TIE dirixido polo profesor Davide Loimil. Gravado case sen ensaios previos e nun só plano secuencia coa participación de todos os integrantes do centro.
Cantan o poema de Follas Novas en versión de NAO.
Vía Trafegando Ronseis