Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Xusto Rodríguez Río. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xusto Rodríguez Río. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xullo de 2019

Os secretos matemáticos do triángulo de Pascal


Velaquí o famoso vídeo de TEDed sobre o triángulo de Pascal con subtítulos en galego.
A cousa empezou nos XXI Encontros para a normalización lingüística organizados polo Consello da Cultura Galega. Alí Xusto Rodríguez explicou como funcionaba o proxecto de tradución de vídeos TED.
O proceso de aprendizaxe de uso da plataforma de tradución é simple. Basta con seguir os pasos indicados nesta serie de vídeos.
A ventaxa principal deste tipo de traballo, penso eu, é a simplicidade de todo o proceso. O peor é que para que se publique unha tradución é que hai que agardar a que outro tradutor, nun principio máis experto, che revise o traballo e non sempre vai haber alguén do outro lado da arañeira de internet mirando a ver o que fas. Cumpriría ter un grupo de traballo organizado para sacar adiante tanto as traducións feitas e sen publicar, como as que vaian chegando.
Unha dificultade engadida, segundo me pareceu ver, é que na primeira tradución gozas dunha serie de ventaxas que xa non se dan nas seguintes (agás que soltes a xarda). Ademais de facer a tradución, hai que colocar cada secuencia dentro dun intervalo de tempo. A primeira vez podes usar a temporalización doutro idioma. Non poder seguir facéndoo nas seguintes é unha carga de traballo engadida, e non pequena.
Con todo, no momento da publiación desta entrada, xa hai unhas 300 traducións ao galego.

mércores, 9 de maio de 2018

Dío en inglés, que queda máis moderno: o caso dos ‘badges’

por Xusto Rodríguez, no GCiencia:

Se algunha vez cursastes un MOOC, estaredes familiarizados cunha palabra coa que eu batín hai unhas poucas semanas, ao rematar a miña primeira experiencia de formación por esta vía. Xa comezara algún outro, pero… ai, a falta de constancia!

domingo, 21 de novembro de 2010

Un idioma preciso

Como debemos chamarlle a isto que estás lendo? Blog, blogue, bitácora?
Xusto Rodríguez Río (Cangas/Foz, 1970), que aquí presenta a obra do título editada por 2.0editora, desenvolve o seu traballo no Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e dedica os seus labores de investigación a traballos sobre terminoloxía e lingua galega.
Cun discurso coherente, claro, achegado á realidade social e moi ben estruturado explica como as achegas terminolóxicas contribúen á normalización  e de paso desmonta algúns prexuízos sobre o galego.


Conversando sobre "Un idioma preciso" from 20editora on Vimeo.