Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Fraguas Fraguas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Antonio Fraguas Fraguas. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de decembro de 2019

Por amor á nosa terra



O alumnado do Obradoiro de Audiovisuais de 4º de primaria do CEIP do Carballal (Marín) fixo esta increíble peza musical a partir dunha coñecida declaración de Antón Fraguas.Non poderiamos imaxinar mellor ramo para o ano adicado a este ilustre mestre e escritor. 
A melodía composta polo alumnado de Valores de 6º de primaria do curso 2018/2019. Toda a parte técnica é obra de Víctor Alfonso Castro Martínez.
As imaxes de dron foron gravadas por Yeray González López o Día das Letras Galegas 2019 coa colocación, por parte de todo o alumnado e profesorado do colexio, de paneis confeccionados por Charo Martínez Epifanio.

domingo, 23 de xuño de 2019

Antón Fraguas no Xavedes!


Guapísimo (na miña terra dirían ghopísimo) documental sobre Antonio Fraguas. Unha nova achega arredor do Días das Letras deste ano. Vén asinado polo ENDL do IES Lestonnac (Ferrol)

venres, 17 de maio de 2019

Antonio Fraguas e os seus mestres



Desde o IES de Cotdobade chéganos esta fermosa peza audiovisual feita a partir da obra de Carlos Morgade Mártinez e das ilustracións e deseño de Beatriz Pérez Espiña e do seu alumnado. Trátase dunha perspectiva de Antonio Fraguas que recolle as súas vivencias como alumno.

luns, 13 de maio de 2019

Telexornal Antonio Fraguas



O clásico Telexornal do CPI Dices (Rois) sustentado no bo facer de Luís Aldegunde, sobre o personaxe do Día das Letras. Nesta ocasión tócalle a Antonio Fraguas Fraguas.
Participan Malores Villanueva, X. M. González Reboredo, Clodio González, Xusto Beramendi, Rosa Mª Méndez, Héctor Cajaraville e  Rosario Álvarez.

mércores, 8 de maio de 2019

Unha clase de trigonometría

Estes días compartín polo twitter algunhas ideas do desenvolvemento dunha clase de trigonometría que se poden seguir neste fío (premendo sobre el pódese ver completo)



sábado, 27 de abril de 2019

Amantes da terra




"Ser galeguista non é máis que ser amante da terra", con estas palabras de Antonio Fraguas comenza o documental "Amantes da Terra"  que repasa a traxectoria do ilustre galguista ao que se lle adica este ano do Día das Letras.
A compañía teatral Queiman e Pousa estreou tamén unha obra de teatro do mesmo título.

luns, 25 de febreiro de 2019

Fraguas

por Xoán Carlos Garrido Couceiro, no Terra e Tempo:

Dicir Fraguas na comarca de Tabeirós-Terra de Montes pode que xa non diga nada para a maior parte da xente. Morreu a case totalidade do seu alumnado daquel Instituto de Segunda Ensinanza da República na que el exerceu de mestre na Estrada. Non hai moito dicir Fraguas era motivo de vergoña colectiva de toda aquela xeración. Unha xeración que tratou de resarcir a súa pasividade atemorizada coa homenaxe que lle tributou anos despois en 1960 (vodas de prata do Instituto) e 1984 (vodas de ouro). Dicir Fraguas era lembrar o agarimo polas nosas cousas, a investigación pola nosa historia e cultura, a divulgación das nosas tradicións e un ensino innovador que rachaba os límites das aulas, saía dos balados do instituto para percorrer co alumnado os castros da bisbarra na procura dos rastros do que nalgún tempo fomos. Pero o pago que tivo foi a humillación pública logo do 36 pola súa militancia galeguista.