Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta GalegoLab b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta GalegoLab b>. Amosar todas as publicacións
venres, 14 de setembro de 2012
No Béarla. 24 horas na lingua propia.
Calquera dos que procuramos usar o galego todos os momentos do día, en todos os lugares e en calquer circunstancia sabemos ata que punto está ferida a normalización. Pero Galicia non é o único lugar do mundo no que sucede isto.Un pode facer un paseo nun autobús turístico por Dublín coa posibilidade de recibir información en sete linguas, porén ningunha delas é o irlandés. Isto non é máis que o principio deste capítulo de No Béarla (Non en Inglés) un programa da TG4 no que se documenta a viaxe de Machán Magan, que intenta percorrer Irlanda falando únicamente en irlandés, unha lingua que é oficial nese país, mesmo con obrigatoriedade de coñecemento para o acceso á función pública ou á universidade.
Pero a situación social do irlandés non está para bortar foguetes e demostráse decote neste programa. Machán Magan é expulsado de locais, sérvenlle comida equivocada, roupa equivocada, fanlle cortes de pelo que non pedira, rinse del,... incluso chegan a ameazalo con que vai acabar no hospital se continúa a falar a súa lingua [1].
Sen dúbida a situación en Galicia aínda é moi distinta á de Irlanda, mais as características do proxecto trazado polo goberno galego nos últimos anos ten a vista posta nun horizonte como o que se presenta neste vídeo. Un horizonte cunha sociedade monolingüe en castelán e cuns guetos, ou reservas no mellor dos casos, nos que os mantedores da lingua B vivirían o castigo pola súa fidelidade á lingua do territorio. É isto o que queremos?
Polo momento xa hai un proxecto para a realización dun documental sobre o conflito lingüístico en Cataluña que se presenta co lema "Son bojos, aquests catalans!?" Sería un moi bo exercicio o de facer un programa deste estilo en Galicia. Polo de agora xa houbo un intento argallado na plataforma crowdsourcing Galegolab. Foi o proxecto "24 horas en galego", do que xurdiu o vídeo "Co galego... ata o inferno".
Grazas a Ollapáro, pois dalí obtiven a maior parte da información. Recomendo botarlle un ollo.
mércores, 30 de maio de 2012
“Fuerza Depor”
por Luis Couto, en Sermos Galiza:
Despois dunha tempada traballada pero resolta finalmente con brillantez, o Deportivo da Coruña acaba de confirmar a súa volta á primeira división. Aínda están recentes unhas celebracións nas que a galeguidade do Depor pasou case tan desapercibida coma se fose o Deportivo de Guadalajara.
mércores, 16 de maio de 2012
Doodle e Making Off
por Begoña Outeiro, no Praza:
Que este artigo ou similar comezase cun making of sería o normal, o desexábel. O lóxico dada a xente implicada, a cantidade de ilusións e esforzos existentes por m2. Máis aínda tendo en conta unha das receitas máxicas que adoitan mencionarse como claves para saírmos da crise: o tan cacarexado emprendedorismo. Claro que como aquí imos tentar explicar sen entrar en moitos detalles dos que poidan desvelar miserias mundanas próximas ao ridículo na proxección das grandes compañías globais globalizadas e globalizadoras; neste caso e porque sempre estamos a anovar até cando non é imos falar dun making off. A estas alturas xa imos afeitos, non? Outra luz que se apaga á dereita do fondo da saída do túnel.
xoves, 12 de xaneiro de 2012
Galegogoogle
luns, 5 de setembro de 2011
Ti es dos meus
Versión do tema "Ti es dos meus" realizado polos alumnos de música de 2º de Bacharelato do IES Salvaterra de Miño para participar na iniciativa do Galego Lab "Agasallo sincronizado para o mundo".
luns, 25 de abril de 2011
'Orgullosos do galego', un premio merecido
A campaña 'Orgullosos do galego' da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) foi premiada na edición deste ano dos Mestre Mateo.
Tal e como afirman desde a propia Coordinadora:
Con esta iniciativa, a CGENDL pretendeu transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da
sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á
marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén.
Este premio é o recoñecemento ao proxecto que representa a CGENDL coa súa liña na defensa e promoción do galego. A destacar que a Coordinadora fai todo o seu labor sen medios, contando únicamente co traballo dos seus membros. Outros con medios, recursos e posibilidades, dilapidan a súa posición en trangalladas, cando non se adican a atacar directamente a lingua da que se supón deberían ser os primeiros e principais guardiáns.
Tamén se recoñeceu u o activismo social a prol da lingua galega ao premiar como Mellor Obra Interactiva a web da asociación GalegoLab.

sábado, 26 de febreiro de 2011
Co galego.... ata o inferno
Vídeo de Roberto Conde para o concurso 24 horas full screen, argallado por GalegoLab en colaboración con EuFalo.TV.
É o segundo vídeo publicado que se presenta ao concurso. O primeiro tamén se pode ver nesa plataforma documental e leva o título Queres unha casa?
É o segundo vídeo publicado que se presenta ao concurso. O primeiro tamén se pode ver nesa plataforma documental e leva o título Queres unha casa?
xoves, 17 de febreiro de 2011
Feijóo descubriu ‘O divino ferrete’
por Cris Moss, no Xornal:
O pasado 2010 xurdía no seo do colectivo GalegoLab un proxecto novidoso. Esta plataforma a prol da lingua galega promovía a realización do “primeiro filme pornográfico feito en lingua galega en todas e cada unha das súas etapas”, produción que actualmente se atopa en pleno proceso de realización.

O filme, que será distribuído por Internet con licenza libre, está a ser financiado en boa medida a través de aportacións individuais co chamado “kit do produtor”, un conxunto de camisolas, chapas e o guión –no que participan varios premios Xerais– do filme que é posible adquirir a través da Rede.
Onte, o presidente da Xunta participaba nunha entrevista no programa Hoy por Hoy da Cadena SER e o seu condutor, Carles Francino, descubríalle a existencia do filme, que levará por título O divino ferrete. “¿Qué me dice?”, respostou Alberto Núñez Feijóo ao coñecer a existencia deste proxecto.
“¿Tendrá subvención o no?”, ironizou Francino, “que yo sepa, no”, retrucou Feijóo, que compartía tertulia co estremeño Guillermo Fernández Vara, quen, á súa vez, cuestionou ao galego polo significado de “ferrete”. “Tú que estás cerca de Portugal deberías... cuando lo llame, se lo comentaré”, resolveu Feijóo
venres, 11 de febreiro de 2011
De amantes para amantes
Estase poñendo complicado isto da defensa do galego. Os de GalegoLab lanzaron a idea de facer unha película porno (en galego) que parece que vai materializarse baixo o título do Divino ferrete. Eu non me vexo á altura.
Menos mal que desde a Mesa nos poñen as cousas máis fáciles pois na súa inciativa da bicada polo galego, convocando unha solta de bicos indiscriminada na praza do Toural de Santiago o vindeiro 14 de febreiro ás 17:00, non solicitan máis que dez minutos de efusións amorosas. Un non está para estes foguetes, porén a iniciativa de seguro será outra pedra no muro contra os ataques á lingua.
E a cousa non acaba aquí. Para que ninguén poida poñer desculpas hai toda unha resta de actividades argalladas coa desculpa do San Valentín e que foron recompiladas pola CTNL. Entre elas hai cartas de amor, poesías, SMS, declaracións, lecturas...
Mil cousas para todos aqueles que aman a lingua, mil cousas daqueles que a aman.

martes, 8 de febreiro de 2011
Lectura en You Tube das Memorias dun neno labrego
Unha nova idea da plataforma GalegoLab
Trataríase de gravar vídeos, de xeito organizado, dunha obra literaria galega e subilos a unha canle de YouTube, que se crearía para tal fin, até completar a obra.
Temos dúas conmemoracións este ano: 125 anos do nacemento de Castelao, e 50 aniversario de Memorias dun Neno Labrego.
Unha vez posto a andar o proxecto a idea é que a xente vaia participando de xeito voluntario.
Ocórrenseme dúas versións do proxecto:
1. Facer a lectura só en galego
2. Facer a lectura maioritariamente en galego e incorporar colaboracións das versións traducidas noutros idiomas con lendas en galego. (neste caso habería que contar cunha obra traducida a moitos idiomas, como é o caso de Memorias dun Neno Labrego)

martes, 6 de xullo de 2010
24 horas en galego
O proxecto GalegoLab debe saber todo o mundo en que consiste a estas alturas. Basta con premer na ligazón e remexer un pouco pola súa web para ver por onde respiran.
Unha das actividades máis avanzadas é o proxecto "24 horas en galego", consistente en realizar un vídeo de 5 minutos como máximo no se resuman as 24 horas de conduta lingüística dun falante de Galicia.
Neste caso Galegolab colabora con Eufalo.TV para convocar un concurso audiovisual. Trátase facer un vídeo de 5 minutos como máximo no se resuman as 24 horas de conduta lingüística dun falante de Galicia. En cada imaxe irá referenciada a hora exacta (ou período horario) no que foi gravada a imaxe.
O premio terá unha contía de 300 euros. Ese premio será o concedido por un xurado de expertos elixido por Galegolab.
Traemos aquí a nova porque acabamos de atopar no blogue proxecto-Q ao autor do cartel do proxecto quen comenta:
O cartel está feito en a penas 10 minutos (con algunhas modificacións posteriores) polo que ten o suficiente de inmediatez para que me poida sentir algo orgulloso del. Quen queira descargalo pode facelo na ligazón que deixo abaixo, sempre e cando adquira o compromiso de imprimir un par de copias e deixalas nos seus locais máis habituais.
.: Cartel 24 horas galego fullscreen :

xoves, 10 de xuño de 2010
O crowdsourcing Galegolab
O crowdsourcing é a combinación de traballo e recursos dunha gran cantidade de persoas a través dunha web e cun fin determinado.O obxectivo da web de GalegoLab é promover novas ideas de actuación a prol da lingua galega, coordinar recursos para esas actuacións, e executar e diseminar os resultados das mesmas.
Se a Secretaría Xeral de Política Lingüística non realiza ningunha campaña a prol do galego, máis aínda, se está disposta a realizar campañas en contra, a sociedade ten que responder e ocupar ese espazo.

No Xornal de Galicia destacan as principais iniciativas desta nova plataforma:
Deste xeito, GalegoLab promove unha ferramenta informática do mesmo nome, a xeito de rede social ou instrumento de crowdsourcing, semellante á que, por exemplo, empregou Barack Obama no seu asalto á Casa Branca. Neste espazo web, preténdese promover e coordinar achegas de medios humanos, materiais e monetarios para levar adiante esas accións positivas, así como para colaborar en calquera outra que sirva tamén para a promoción do idioma propio.Galegolab comenzou hoxe a funcionar e xa ten varias propostas de acción que explican con claridade os seus obxectivos. A primeira delas, que realizará con medios propios ou mediante achegas vehiculadas a través da plataforma, consistirá nunha serie de concertos na Coruña e Vigo de grupos que empregan o galego, e que se complementarán con actividades paralelas en ambas as dúas cidades. Este proxecto, chamado Galego de Ida e Volta, xúntase a outro, 24 horas full screen, un concurso de vídeos de cinco minutos que “documenten a experiencia persoal de falar galego 24 horas diarias”. Ademais, outra idea máis, Galego Gym, pretende unha edición de músicas de difusión libre pensadas para todo tipo de disciplinas ximnásticas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)