Dúas intervencións de Ana Pontón no pleno do Parlamento. Na primeira, en menos de 3 minutos, faise un bo repaso dos máis graves agravios á lingua galega perpetrados polos sucesivos gobernos liderados por Núñez Feijóo. Na segunda intervención destaca que o galego é a única lingua do estado que perde falantes e fixo referencia a un informe da RAG no que se establece que a presenza do galego favoreceu o seu uso pero que esta tendencia se crebou coa aplicación do funesto decreto contra o galego. Finalmente, e a pesar das interrupcións dalgún maleducado e do mal labor de Santalices, destacou un dato do IGE: hai un 22% de rapaces que afirman non saber falar en galego.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Ana Pontón b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ana Pontón b>. Amosar todas as publicacións
venres, 10 de maio de 2019
Ana Pontón aposta por unha política de defensa da lingua galega
Dúas intervencións de Ana Pontón no pleno do Parlamento. Na primeira, en menos de 3 minutos, faise un bo repaso dos máis graves agravios á lingua galega perpetrados polos sucesivos gobernos liderados por Núñez Feijóo. Na segunda intervención destaca que o galego é a única lingua do estado que perde falantes e fixo referencia a un informe da RAG no que se establece que a presenza do galego favoreceu o seu uso pero que esta tendencia se crebou coa aplicación do funesto decreto contra o galego. Finalmente, e a pesar das interrupcións dalgún maleducado e do mal labor de Santalices, destacou un dato do IGE: hai un 22% de rapaces que afirman non saber falar en galego.
venres, 15 de marzo de 2019
O Ku Kux Klan contra a lingua galega
Esta mesma semana o PP rexeitou a Lei de Memoria Histórica Galega a pesar da emocionante defensa que fixo dela o deputado nacionalista Luís Bará. Dito en positivo: o PP é o garante da defensa das esencias da dictadura franquista e hai un forte e contínuo fío que conecta esta defensa coa negación da normalización lingüística. Se hoxe sofrimos as consecuencias da discriminación da lingua galega é porque nunca se cortaron as ataduras coa dictadura.
Todo isto puidémolo comprobar por duplicado nas últimas sesións parlamentarias. O goberno está tomado por uns radicais supremacistas que someten á lingua galega. Neste vídeo Ana Pontón denuncia esta situación, agravada pola argallada do PP de prescindir do galego no acceso aos empregos públicos galegos. Fixéronlle algún caso? O Ku Kux Klan non atende a razóns.
luns, 5 de marzo de 2018
Ana Pontón denuncia o decreto de plurilingüismo
Nótase ben que este vídeo foi gravado nunha mañán de intenso frío. Ese mesmo frío que senten os Equipos de Normalización cando reclaman o apoio da Administración para desenvolver con acerto o seu labor. O mesmo frío xélido dos que zoa cando os profesores de ciencias que entramos cada día na aula coa ameaza do funesto decreto do plurilingüismo. Esa xiada que entra na casa dos que teñen que mandar os nenos á escola, e saben que os mandan falando en galego pero que van volver latricando en español (cando van, van como rosas, cando vén, vén como negros). Contra todo isto a bafarada que acompaña a voz de Ana Pontón vai brindo o camiño da primavera.
mércores, 23 de setembro de 2015
A clarificadora resposta dun conselleiro de educación
O pasado 16 de setembro, no pleno do Parlamento, a deputada do BNG Ana Pontón, preguntáballe ao conselleiro de Educación sobre o caso da humillación por falar galego sofrida por unha nena no centro hípico Casas Novas.
Lembremos as frases coas que vexaron á rapaza:
Claro que se non é en Galicia, pode recibir maltrato, que ao conselleiro non lle importa. E non estou sendo irónico coa frase: as cousas son exactamente así. Se rapaza sofrira ese maltrato fóra de Galicia o conselleiro diría que non é competencia súa, e derivaría o asunto ás autoridades competentes. Isto é: os galegos non son cousa do goberno galego.
Cando se está tratando un tema moi particular, un caso de humillación dunha nena por falar en galego, ao conselleiro o que lle preocupa son os inexistentes casos de maltrato polo feito de falar en castelán. A función do goberno galego é garantir a prevalencia das leis que secundarizan a lingua galega e de sobregarantir os dereitos xa garantidos desde o estado dos español falantes. Isto é: o galego só é cousa do goberno galego se non entra en conflito co castelán.
Pois este conselleiro de edución é o que se gaba de que vivimos o momento histórico no que hai máis coñecemento do galego. Claro que isto oculta o realmente importante: que é que estamos no momento histórico no que hai menos galego falantes, e que isto é consecuencia dunha agresiva política lingüística contra a lingua galega, argallada e posta en marcha polo partido que case en completa hexemonía gobernou Galicia nas últimas décadas; política que recruou na funesta era Feijóo.
Sobre o caso da humillación da nena en Casas Novas:
“Yo si te hablo castellano tu obligación es hablarme en castellano”, no Sermos Galiza
“O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego”, no Sermos Galiza
Convocan mobilización diante de Casas Novas pola humillación a unha nena por falar galego, no Sermos Galiza
O Centro Hípico de Casas Novas nega “discriminación ou menosprezo”, no Sermos Galiza
A Mesa esíxelle á Xunta que actúe contra Casas Novas pola discriminación da nena galegofalante de dez anos, no Sermos Galiza
A Xunta non tomará medidas no caso da humillación a unha nena por falar galego no campamento hípico de Casas Novas, A Mesa
O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego, A Mesa
Carta da nena de Casas Novas, A Mesa
Lembremos as frases coas que vexaron á rapaza:
"Es que a ti no te entiendo como hablas. Te explicas tan mal así”
“Yo si te hablo castellano tu obligación es hablarme en castellano”A resposta do Conselleiro de Educación foi: "a nosa responsabilidade é que ningunha persoa en Galicia, sufra maltrato de ningún tipo por falar en galego nin por falar en castelán" (o subliñado é meu, pero as palabras son de Román Rodríguez).
Claro que se non é en Galicia, pode recibir maltrato, que ao conselleiro non lle importa. E non estou sendo irónico coa frase: as cousas son exactamente así. Se rapaza sofrira ese maltrato fóra de Galicia o conselleiro diría que non é competencia súa, e derivaría o asunto ás autoridades competentes. Isto é: os galegos non son cousa do goberno galego.
Cando se está tratando un tema moi particular, un caso de humillación dunha nena por falar en galego, ao conselleiro o que lle preocupa son os inexistentes casos de maltrato polo feito de falar en castelán. A función do goberno galego é garantir a prevalencia das leis que secundarizan a lingua galega e de sobregarantir os dereitos xa garantidos desde o estado dos español falantes. Isto é: o galego só é cousa do goberno galego se non entra en conflito co castelán.
Pois este conselleiro de edución é o que se gaba de que vivimos o momento histórico no que hai máis coñecemento do galego. Claro que isto oculta o realmente importante: que é que estamos no momento histórico no que hai menos galego falantes, e que isto é consecuencia dunha agresiva política lingüística contra a lingua galega, argallada e posta en marcha polo partido que case en completa hexemonía gobernou Galicia nas últimas décadas; política que recruou na funesta era Feijóo.
Sobre o caso da humillación da nena en Casas Novas:
“Yo si te hablo castellano tu obligación es hablarme en castellano”, no Sermos Galiza
“O que pide a miña nena é que non se humille a ninguén máis en Casas Novas por falar galego”, no Sermos Galiza
Convocan mobilización diante de Casas Novas pola humillación a unha nena por falar galego, no Sermos Galiza
O Centro Hípico de Casas Novas nega “discriminación ou menosprezo”, no Sermos Galiza
A Mesa esíxelle á Xunta que actúe contra Casas Novas pola discriminación da nena galegofalante de dez anos, no Sermos Galiza
A Xunta non tomará medidas no caso da humillación a unha nena por falar galego no campamento hípico de Casas Novas, A Mesa
O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego, A Mesa
Carta da nena de Casas Novas, A Mesa
martes, 12 de maio de 2015
Algúns datos sobre o plurinligüismo de Feijóo
por Ana Pontón, en Terra e tempo:
Observo con preocupación a situación social da lingua galega. Non é pesimismo, é constatación dunha realidade complexa e difícil. Sei ben que tamén existe pulso social a prol do idioma: voces que trunfan cantando en galego, teatreiras que nos fan soñar na nosa lingua, libros que contan contos en galego, investigadores que escriben teses en galego, mesmo din que hai un xulgado que leva décadas funcionando con normalidade na nosa lingua nacional. En todo caso, existe unha tendencia que acentúa a asimetría entre galego e castelán; o galego está sendo engulido, mentres a Xunta do PP abandona calquera intención e acción normalizadora.
domingo, 10 de maio de 2015
Sen Plan
No ano 2004 todo o parlamento ofrecera o seu apoio ao Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL), un proxecto de consenso que debería ser a guía da política lingüística da Xunta de Galicia. Esta semana o BNG propuxo elevar a rango de lei ese PXNL. A proposta foi rexeitada polo PP co argumento de querer rachar o consenso sobre a lingua. Un xa comenza a dubidar do significado da palabra consenso.
Con este rexeitamento na man poderemos avaliar con mellor coñecemento e perspectiva cal vai ser o resultado do novo invento da SXPL, o chamado Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020. Se pasamos o traballo de o consultar o anuncio do que se pretende con esta inicitiva veremos que non é outra cousa que a reedición das medidas do sector 4 (económico) do PXNL. Visto que o PP no parlamento se negou a asumir a elevación a rango de lei o propio PXNL, podemos entender en que vai consistir ese presunto Plan de dinamización no tecido económico. Trátase únicamente de dar unha imaxe de apoio á lingua galega por parte do partido de goberno. Veremos como se divulga e publicita o Plan pero non chegaremos a ver unha aposta efectiva no camiño da normalización. Se en máis de dez anos a Xunta non materializou ningunha proposta decidida para que o galego aumentara a súa presenza no ámbito económico, se nos últimos seis anos non se fixo outro cousa que provomer desde as Administracións a exclusión das linguas minorizadas en todos os ámbitos, se agora o PP rexeita que a letra do PXNL se volva lei, non podemos esperar que comence a chover o maná onde nunca caeu unha pinga de auga. Seguimos sen Plan, e seguiremos ermos tamén no eido económico. Só os radicais e os idiotas poden acreditar noutra cousa.
NOTA: os medios con máis implantación apenas trataron a noticia.
Máis información sobre o tema
Nos webs doutros partidos non atopei información sobre este tema.

- Pleno do día 05/05/15, web do Parlamento
- O PP repudia dar rango de lei á normalización do galego, 05/05/15, Sermos Galiza
- O PP excúlpase da ruptura do consenso lingüístico, 05/05/15, Praza Pública
- O BNG pide elevar a rango de Lei o Plan de Normalización da Lingua galega, web do BNG
- 5 de Maio, Día do Fariseísmo, 06/05/15, artigo de Ana Pontón no Sermos Galiza
- Intervención de Ana Pontón (BNG) no debate da proposta para facer lei da letra do consensuado PXNL:
- Intervención nese mesmo pleno de Chelo Martínez (Anova Irmandade Nacionalista)
Nos webs doutros partidos non atopei información sobre este tema.
sábado, 9 de maio de 2015
5 de Maio, Día do Fariseísmo
por Ana Pontón, no Sermos Galiza:
O 5 de Maio debía instituírse como Día do Fariseísmo. Nesta data, no Parlamento de Galiza debateuse unha proposición do BNG que só pretendía dotar de rango de lei ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Un plan -que con todas as súas virtudes de defectos – constitúe un punto de encontro para avanzar fronte a desfeita do galego. Un Plan, que unha década antes fora aprobado por un Consello da Xunta presidido por Fraga e vicepresidido por Feijóo e, posteriormente, tramitado e aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza. Entendíamos no BNG que era un bo punto de partida. O PP que tanto acode ao consenso, tiña oportunidade de retomar o consenso que, por certo, eles sós racharon. Mais rexeitaron a posibilidade de renovar este acordo e votaron en contra non só do Plan, senón de si mesmos.
venres, 24 de abril de 2015
Nin consenso nin normalización
Nestes últimos días destacábase nos medios a noticia de que a Xunta presentou un plan para a normalización lingüística de diversos sectores, especialmente o comercial e o empresarial. Ao facerse primeiro a presentación do plante ante o Consello da Cultura e a RAG, e despois no Parlamento, a iniciativa multiplicou a súa presenza nos medios.
Pola contra é prácticamente imposible achar nos medios algunha referencia ás dúas mocións presentadas a semana pasada no Parlamento. A primeira delas foi presentada nun plenario polo deputado socialista Francisco Caamaño. Foi unha mágoa que o parlamentario non se puidera despedir da súa actividade política con esta proposta no seu haber xa que foi rexeitada polo PP.
A moción de Caamaño pretendía unha volta ao consenso sobre a política lingüística. Propoñíase a creación dunha comisión para avaliar a situación do galego apelando ao espíritu co que se elaborara o PXNL. A idea era avalialo e reelaboralo atendendo a unha nova análise que debería facer esta comisión. Tal e como adiantaba hai unhas semanas a CGENDL, ao goberno non lle interesa máis que dar imaxe de diálogo, o propio diálogo e a normalización lingüística non entran dentro do seu proxecto. Francisco Caamaño concluía acertadamente que o trato da Xunta á lingua galego pasaban pola indignidade e o desprezo. Velaí a negación do consenso.
A deputada do BNG Ana Pontón presentou na Comisión de Xustiza unha proposición non de lei na que se instaba ao goberno establecer o requisito do dominio da lingua galega ao funcionariado da administración de xustiza que desenvolva a súas funcións en Galicia. Na proposición figuraban tamén outros aspectos tendentes á normalización no ámbito xudicial como o da dispoñibilidade en galego do programa Minerva (programa que desde hai uns anos imposibilita a tramitación dos expedientes en galego) ou creación dunha base de datos referencial e actualizada que conteña a lexislación na nosa lingua. A pesar da razonabilidade (incluso da necesidade) da proposta, ésta foi rexeitada polo Partido Popular. Ana Pontón volveu a demostrar, unha vez máis, que o goberno actúa en contra do PXNL. Velaí que á negación do consenso se uniu a da normalización.
Ligazóns:
- Cultura e Educación entrega no Parlamento o Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020, 21/04/15, nota da SXPL
- A Xunta suma á RAG e ao Consello da Cultura na tarefa de impulsar o galego no tecido económico, 19/04/15, en La Voz de Galicia
- A Xunta presenta as bases para dinamizar o galego no sector socioeconómico e busca consenso, 22/04/15, no Galicia Hoxe
- La Xunta impulsará el etiquetado en gallego para abrir nuevos mercados, 19/04/15, no Faro de Vigo
- Sesión do pleno do Parlamento na que Francisco Caamaño presentou a moción do PSOE sobre a creación dunha comisión para a avalición da situación do galego, 14/04/15, web do Parlamento
- Indignidade e desprezo contra a lingua dende o goberno galego, 15/04/15, no web do PSdeG-PSOE
- Sesión da Comisión de Xustiza na que Ana Pontón presentou a proposición non de lei para a normalización da xustiza, 17/04/15, web do Parlamento
- "O PP está absolutamente so no seu acoso e derribo á lingua galega", 16/04/15, intervención do deputado de AGE Ramón Vázquez no debate parlamentario sobre a proposta de Francisco Caamaño canle de You Tube 'Hai alternativa'
- Sesión da Comisión de Xustiza na que Ana Pontón presentou a proposta do BNG para a normalización do tecido xudicial, 17/04/15, no web do Parlamento
- O PP rexeita a prosposta do BNG para impulsar o uso do Galego na Xustiza, 17/04/15, web do BNG
mércores, 28 de xaneiro de 2015
Renunciar ao idioma é morrer
por Ana Pontón, no Sermos Galiza:
Os últimos datos do IGE sobre o uso do galego poñen cifras a un desastre anunciado e denunciado. Desastre inducido por unha política centralista, que precisa destruír linguas e culturas para manter o seu proxecto económico, social e político. Por desgraza, falar da desaparición do galego non é alarmismo ou esaxeración. Mesmo, expertas do Consello da Cultura vaticinan o velorio pola lingua para dentro de corenta anos. Mentres algúns preparan gustosos as exequias para a lingua, moitas e moitos de nós non nos resignamos e pensamos que é preciso facer algo. O noso destino non pode ser a desaparición forzada. Queremos seguir aportando a nosa célula de universalidade.
sábado, 6 de setembro de 2014
Outro debate parlamentario sobre o defenestramento dos Celga
Neste vídeo podemos seguir o desenvolvemento da Comisión 4ª de educación e cultura que se celebrou o pasado 04/09/14 no Parlamento de Galicia na que se discutiu unha proposición non de lei do BNG presentada por Ana Pontón sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reparar os dereitos laborais do profesorado que viña impartindo os cursos Celga despois que que as catro sentenzas xudiciais emitidas sobre estes casos resultaran todas desfavorables ás teses da Xunta.
Tanto parlamentaria que presentou a proposición, Ana Pontón, como Carmen Iglesias, do grupo mixto, Ramón Vázquez, de AGE ou Francisco Caamaño, do PSOE se viron na necesidade de pedir o cese do secretario xeral de política lingüística, Valentín García, pola nefasta forma de actuación que xenerou todo este conflito co despedimento, polo que se ve ilegal, do profesorado Celga. O caso é dobremente grave pois Valentín García, por ter sido no seu día dirixente da CTNL, debería coñecer con profundidade o problema que se viña repetindo ano tras ano derivada da inestabilidade do profesorado que impartía estes cursos. Precisamente fora a mesma CTNL quen no 2012 presentara unha proposta para poñer fin á irregular situación na que se se encontraba este grupo de profesores. Valentín García non quixo nin sentarse a falar pois o seu único cometido dentro da SXPL é a de desmontar toda a aparataxe normalizadora que aínda existía dentro do organigrama da Xunta. Os resultados son ben visibles: unha sentenza tras outra confírmase que o que o proceder da SXPL atentaba contra os dereitos dos traballadores, a Xunta terá que pagar importantes sumas derivada desta mala práctica e todos nós teremos que pagar a desfeita da Xunta. Valentín García seguirá no seu cargo porque está aí para iso, destrozar a normalización lingüística con cargo aos presupostos da Xunta.
Finalmente podemos ver neste mesmo vídeo (a partir do minuto 52) como os deputados do PP non sabían que debían votar e no que se ve como fraudulentamente o presidente da comisión Antonio Muriño inicia o perído de votacións dúas veces, despois de que na primeira o deputados popular Román Rodríguez, que debía indicar o sentido do voto, estaba ausentes. Pois así nos vai.
Máis información en Lingua precaria, no seu perfil de facebook, ou no seu twitter
Etiquetas:
Ana Pontón,
Carmen García,
CELGA,
CTNL,
Francisco Caamaño,
laboral,
parlamento,
Política,
Política lingüística,
Ramón Vázquez,
SXPL,
Valentín García Gómez,
vídeo
sábado, 17 de maio de 2014
Bilingüismo cordial e exterminio
por Ana Pontón no Sermos Galiza:
Confésome entusiasta da palabra de Eduardo Galeano. A súas letras agasállannos textos fermosos e cargados de crítica, reivindicación e sensibilidade social. Gosto especialmente da súa denuncia sobre a perversión da linguaxe, a apropiación e deturpación do poder de conceptos: “O capitalismo loce o nome artístico de economía de mercado, o imperialismo chamase globalización. Chámase Convivir algunha das bandas que asasinan xente en Colombia, á sombra da protección militar. Dignidade era o nome dun dos campos de concentración da ditadura chilena e Liberdade a maior cárcere da ditadura uruguaia.” Na Galiza tamén vivimos a nosa particular manipulación da realidade e a linguaxe: “Chámanlle Bilingüismo Cordial á política de exterminio e asfixia da lingua galega”.
xoves, 15 de maio de 2014
Ana Pontón defende a lingua no parlamento. O PP rexeita o Plan Xeral de Normalización.
O Parlamento rexeitou cos votos do PP unha iniciativa do BNG sobre a lingua galega, apoiada polos grupos da oposición. A deputada do BNG Ana Pontón denunciou a situación de discriminación que padece a lingua galega e defendeu que a posición do seu grupo é simplemente reclamar que se cumpra o Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade nos ano 2003.
Ao BNG non lle queda outra que colgar vídeos na arañeira da rede porque a clausura informativa é total. Na semana da celebración das Letras Galegas os medios esconden unha iniciativa de impulso do uso do galego que pasa necesariamente por unha denuncia da política de negación e secundarización da lingua que se está a levar por parte do goberno de Feijóo.
Aquí non pasa nada porque ninguén o conta. Será que nunca se aprobou un Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, será que o goberno actual non implantou ningunha medida deste Plan, será que despois de votar a favor del agora o PP non o rexeita radicalmente, será que a política lingüística da Xunta non tomou unha dirección radical de imposición do español. Se é así, o mellor será mellor que non miredes estes vídeos. Quizais, despois de todo, Ana Pontón tampouco existe.
E eu sen enterarme.
A noticia vía Galicia Confidencial

BNG,
parlamento,
Política,
SXPL
sábado, 5 de abril de 2014
Ana Pontón vs. Valentín García. As contratacións do profesorado Celga 2014
Grazas á canle de vídeos O Hóreo do BNG, podemos seguir completa a intervención do pasado 03/04/14 da deputada do BNG Ana Pontón así como as respostas dadas polo secretario xeral de política lingüística sobre a polémica e escurantista contratación de profesorado para impartir os cursos Celga deste ano.
Na primeira intervención do secretario xeral podemos ver únicamente unha penosa lectura dun guión. Porén na segunda podemos ver como despreza o problema por ser "laboral", e non "lingüístico" cun argumentario que claramente parte de disociar a lingua da sociedade cando, por moito que se manipule desde o poder, é ben evidente que a cuestión social da lingua ten enraizados os seus problemas (e as súas solucións) na política que se realice. Valentín García, nunha actitude prepotente chegou a ameazar con privatizar os cursos Celga.
Hai xa dous anos a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) xa denunciara a precariedade dos traballadores que impartían os cursos e as eivas que tiña a (falta) de planificación destes cursos. Para solucionar estes problemas remitíralle un plan de mellora á SXPL que foi absolutamente desprezado.
Este mesmo ano a CTNL volvera a denunciar a falta de planificación, solicitando a anulación da convocatoria 2014. Desde a SXPL non volveron a facer caso.
Agora o problema rebentou por mor dunha sentenza que ditamina que se estaba facer unha contratación sen garantías laborais. A resposta da SXPL foi a represión sindical. Para rematala, empeñáronse en continuar cos cursos Celga contratando de forma nepotista e escurantista ao profesorado deste ano. Precisamente esta forma de contratación caciquil é do que evita falar nesta nota de prensa a Consellería de Educación nun novo ataque ao traballo sindical.
A 1ª resposta de Valentín García
A 2ª intervención de Ana Pontón
A 2ª resposta de Valentín García
Máis información:
Lingua precaria
Profesorado colaborador
Etiquetas:
Ana Pontón,
blogues,
BNG,
CELGA,
cousas,
CTNL,
laboral,
parlamento,
Política lingüística,
Sindicatos,
SXPL,
Valentín García Gómez,
versus,
vídeo
sábado, 28 de setembro de 2013
Deixemos morrer en paz ao galego!
por Ana Pontón, no Sermos Galiza:
Son unha nena de aldea. Na miña casa falábase galego. Era o normal. Na escola, na igrexa, no médico falábase en español. Dicían que era normal, mais para min había algo que non encaixaba. Inxenuamente pensaba: “se somos galegos, por que non falamos a nosa lingua?” Lembro a confusión que me xeraba escoitar que o galego era unha lingua “bruta”, “un atraso”, que “non valía para nada”. Tardei en comprender a situación. Eu, como tantas nenas e nenos, vivín en carne propia a represión e o menosprezo cara o galego (“a mí háblame bien, háblame en castellano!”). Era a época dourada do bilingüismo harmónico. Fálase moito do acoso escolar, mais é clamoroso o desamparo ante este tipo de discriminacións, que lamentabelmente non forman parte do pasado. A liberdade de elección é unha quimera para moitos galegos e galegas.
martes, 5 de xullo de 2011
Galiza e o Panteón
por Ana Pontón, n´A Nosa Terra:
Os símbolos son importantes para calquera pobo. Moito máis para aqueles negados e sen institucións soberanas que actúen de marco referencial e protector da identidade colectiva, como é o caso galego. Hai quen intenta destruílos e debilitalos baixo argumento de seren creacións humanas, forzadas por conceptos políticos. Mais son postulados que caen polo seu propio peso, xa que estas son condicións inherentes á nosa propia natureza. Non hai símbolo de ningún Estado ou nación que non teña tras de si esa condición de ser un feito social.
Galiza conta cunha Lei de Símbolos que recoñeceu himno, bandeira e escudo. Porén, hai outros símbolos que non teñen recoñecemento legal, mais si social, formando parte do noso imaxinario colectivo. O máis relevante, o Panteón de Galegos Ilustres. Un espazo que desde o ano 2010, após unha insólita e inexplicábel sentenza xudicial, é titularidade da Igrexa Católica.
Desde entón, o nacionalismo promoveu diversos actos e actividades a favor de restituír a súa titularidade pública e preservar o seu carácter laico e civil. A última, o 29 de xuño no parlamento, a través da presentación dunha proposición non de lei que basicamente, reclamaba a implicación da Xunta de Galiza neste obxectivo e a declaración como “símbolo nacional” e “Panteón histórico”.
Porén, PP e PSOE rexeitaron apoiar esta iniciativa, nunha mostra da escasa vontade por restituír a nosa dignidade, expresiva da consideración subordinada que teñen do noso país. Escapan do debate, porque non consideran relevante devolver a titularidade deste espazo ao pobo galego. Demostran desinterese mais tamén subordinación ao poder eclesiástico. Os poderes públicos –nomeadamente a Xunta– teñen instrumentos do punto de vista legal e político que poderían usar, mais semellan cómodos na actual situación do panteón. Seguramente, pola incomodade que lle xeran figuras tan senlleiras como Rosalía e Castelao, que lles lembran que Galiza existe como pobo e que ten dereito a súa liberdade.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)