Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta acoso lingüístico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta acoso lingüístico. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de febreiro de 2018

Eu non son neofalante

por Olga Brañas, no Sermos Galiza:

É curioso, a maioría de xente que me coñece pensa que son neofalante. Certo é que na fala (e nas publicacións de facebook, que vén sendo o mesmo) tendo a castelanizar toda palabra que se me pon por diante, pero a miña impresión é a contraria: as persoas neofalantes teñen un vocabulario moito máis normativo -chamémoslle correcto- que as que temos o galego como lingua materna. Estou xeralizando, por suposto.