Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Daniel Landesa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Daniel Landesa. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de marzo de 2013

A RAG e a teoría dos cueiros

por Daniel Landesa en Praza Pública, cunha particular visión do conflito xurdido arredor da demisión de Ferrín:

Hai uns poucos meses fun pai. Si, xa sei que non me canso de anuncialo publicamente sempre que teño ocasión, pero é que se trata dunha aventura tan enriquecedora e divertida e que ocupa o cento por cento do meu tempo que non podo evitar que a miña filla pase a formar parte do meu discurso ideolóxico. Se ben antes deste evento tan importante para a nación era afeccionado as teorías da conspiración, agora teño a teima de explicar todo o que acontece neste país con símiles e/ou analoxías relacionadas coas cousas lindas e marabillosas dos coidados cotiáns que require unha crianciña.