Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Cangas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cangas b>. Amosar todas as publicacións
venres, 14 de xuño de 2019
Contaxia a ciencia en galego
experimento galego from lingualiza on Vimeo.
No IES de Rodeira (Cangas) desenvolveron no pasado mes de abril unha Semana da Ciencia cunha pintaza. Un xa non sabe a onde mirar ou o que recoller para intentar enxergar o que viviron entre o 8 e o 11 do pasado mes de abril. Podemos comenzar por ver o anterior vídeo, pero isto non é máis que un punto de partida xa que teñen máis experimentos sorprendentes. Podemos continuar co cartel qlue anuncia estas actividades; cartel que, por certo saquei de aquí, onde podemos observar tamén un mural sobre a táboa periódica.
Centos, miles de aplausos para os promotores e.... como non! tamén aos participantes.
xoves, 22 de novembro de 2018
É o momento
É o momento de ver o audiovisual premiado no concurso de imaxes gráficas e audiovisuais convocado pola Xunta con motivo do 25N, “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”,
mércores, 11 de xullo de 2018
Fina Casalderrey e Alonso Montero falan de Mª Victoria Moreno
O alumnado de 3º ESO PMAR do IES María Soliño (Cangas) entrevistou a Fina Casalderrey e a Xesús Alonso Montero e comparten neste vídeo o que nos din sobre a figura de María Victoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras deste ano.
xoves, 29 de outubro de 2015
'O lápis do carpinteiro'. Falando da novela e a película no IES de Rodeira
Cantas veces escoitamos dicir que a mocidade está botada a perder, que os seus intereses están lonxe do mundo da cultura e do coñecemento.... Este vídeo é a demostración de que isto non é así. Dá gusto oir a estas tres rapazas comentando o libro de Manuel Rivas ou escenas das película que Antón Reixa fixera sobre ese texto. O alumnado de 4º da ESO do curso pasado tiveron un obradoiro de cine e literatura no IES de Rodeira (Cangas). Como parte deste traballo tres alumnas fixeron este vídeo, digno de calquera programa cultural da TVG. O audiovisual serviría como punto de partida dun debate arredor.
Desexo que todo este traballo e coñecemento teña o recoñecemento que merece.
luns, 30 de marzo de 2015
O galego é de todos
Vídeo gañador da edición 2015 do Correlingua. Os autores son do CPR Sagrada Familia de Aldán. Un rap e un vídeo moi traballados. Parabéns!
Pódense consultar moitos outros vídos que participaron nesta edición.
mércores, 11 de febreiro de 2015
Presume de galego
venres, 28 de febreiro de 2014
Alborada desde Bueu, Vilaboa, Cangas, Moaña e Marín
Alborada from josean paz on Vimeo.
Un enorme traballo de colaboración entre unha manchea de centros: Bueu, Vilaboa, Cangas, Moaña, Marín.
Visto por primeira vez neste blogue de Bueu
mércores, 28 de agosto de 2013
Lingua e mocidade
Entrevistas ao alumnado e ao profesorado sobre a situación da lingua galega e o Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Destácase sobre todo a importancia e a dificultade de atopar espazos de uso para o galego.
Non é a primeira vez que recollemos aquí un vídeo do IES Rodeira , lembremos o cariño de Carmiña, a profesora de matemáticas canaria e o seu cariño ao galego.
luns, 29 de xullo de 2013
Galega desde o cariño
Encantoume o título desta entrada, "Galega desde o cariño" que vin no blogue lingualiza do Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Disfrutei escoitando esta entrevista, feita nun ambiente relaxado, moi distinta do que esperamos dun vídeo que nos chega dun centro de ensino. Desde o principio o salón que vemos neste audiovisual convértese no salón na nosa casa. Gocei infinitamente cando ao escoitar que a entrevistada, a profesora de matemáticas de orixe canaria, Carmen de las Casas, respondía ao nome de Carmiña.
Ana, Nerea e Luís son os que lle fan as preguntas as preguntas a Carmiña sobre como foi o proceso de descubrimento de Galicia, un descubrimento que segundo a profesora comprobou con sorpresa, mesmo lle é alleo a moitos galegos. Carmiña fala da nosa cultura, especialmente da nosa lingua, da impartición das clases de matemáticas en galego, e sobre todo do cariño que sinte polo galego, sentimento que non achamos entre as autoridades da Consellería de Educación, cousa que se fai ben evidente ao premer o play deste vídeo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
