Impresionante, o Xornal deste domingo antes das Letras trouxonos un vendaval Lois, cun completísimo suplemento:
Lois Pereiro. Contexto especial das Letras galegas (suplemento dominical do Xornal)
No que podemos destacar os artigos e entrevistas:
Iago Martínez: "Lois foi un autor máis reivindado que lido"
A reinvención do lector a través do poeta
O necesario vento dun poeta de culto
Un testamento literario inédito durante 15 anos
Un poeta da estirpe de Manuel Antonio
Manuel Rivas: "Hai máis autoridades no cocido de Lalín ca no Día das Letras"
O abecedario
O "planeta autónomo" da poesía dos oitenta
Modesta proposición para ler políticamente a Lois Pereiro
loispereiro.mp3
Pero aínda había máis, toda unha resta de artigos de opinión sobre Lois Pereiro e a celebración deste a no do Día das Letras:
Punto de inflexión nas Letras Galegas
En las noches más hermosas, por Gonzalo Canedo
Amado na terra, por Roberto Varela
Lois Pereiro, poeta popular, por Antón Lopo
Lois Pereiro e o soño eterno, por Jonathan Dunne
Todas as festas de mañá, por Daniel Salgado
Lancei un zapato en Berlín, por Alexandre Cancelo
Furia, rabia, desexo, dor,..., por Antón Patiño
Se García Sabell levantase a cabeza, por Antón Reixa
Ademais: Lois Pereiro en imaxes
http://www.xornal.com/artigo/2011/05/14/suplementos/contexto/necesario-vento-dun-poeta-culto/2011051321082400791.html
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Antón Lopo b>. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de maio de 2011
domingo, 15 de maio de 2011
Lois Pereiro, o poeta popular
por Antón Lopo, no Xornal:
Que ten Lois pereiro para que o seu Día das Letras Galegas se convirta nesta eclosión de proxectos insólitos, de romarías, de manifestacións rueiras,de contaxiosa alegría de estar vivos, de necesaria revisión dunha vertente dos anos 80 ignorada? A resposta non resulta fácil, pero é evidente que, dalgún xeito, estaría relacionada co seu carácter popular: o da súa obra e o da súa experiencia vital.
Popular no sentido desa cultura popular contemporánea que fixo de Lou Reed, de Allen Ginsberg, de David Bowie ou do punk unhas iconas xeracionais e que agora inviste a Lois Pereiro no símbolo dunha época expulsada da historia –a nosa propia historia– e recuperada polo efecto terapéutico –sanador, máxico– do 17 de maio, a verdadeira festa nacional de Galicia, a única que se celebra sen –significativas– desconfianzas partidistas, sen receos, sen pousos de autoodio: a Literatura engastando todas as pezas da identidade do país. O idioma na sintaxe auténtica da lingua.
Pero Lois Pereiro xa era un símbolo xeracional antes de que a Real Academia Galega, nun acto de audacia e valentía, o elixise en apretada votación para ser canonizado co Día das Letras Galegas. Érao previamente ou, do contrario, non se esgotarían os seus poemarios, nin a súa cara enchería as paredes das cidades nin o seu nome desabillaría os ollos de quen o pronunciaba como quen descifra un contrasinal máxico.
Foi popular –respectado e admirado– neses recitais que facía a contragusto, onde non se oía máis que o latexar dos corazóns acompasados polo ritmo abismal das súas palabras. Porque o abismo estaba tamén en nós –no pobo– e ninguén se atreveu a recoñecelo agás el, obsesionado por atrapar, no ruído das almas, a verdade dun destino en extinción.
Porque el levaba tracexado, no seu físico e nos seus poemas, o mapa dunha sociedade omnívora: os accidentes xeográficos da especulación –a colza, a sida, a adicción...–, os precipicios da marxinación laboral, as áreas lacustres do desamor –¡ata o nome do colectivo De amor e desamor parece, de repente, cortado pola cadencia das súas curvas de nivel– e a lipodistrofia dunha poética que se esgazaba nos poboados de chabolas, nos recunchos sementados polo lixo e o frío interior, no subconsciente dos dogmas
sábado, 11 de decembro de 2010
Ciencia-ficción
Tal e como comentabamos hai xa algún tempo, Antón Lopo foi galardoado co premio García Barros. Onte foille entregado na miña vila, na Estrada o premio García Barros pola súa novela "Obediencia", unha obra ambientada no século XXII e que se editará tamén en formato e-book.
Segundo o premiado "as grandes catástrofes e atrocidades da historia sempre foron por obediencia, nunca por rebelión". Toda unha mensaxe aos que lle entregaron o premio.
No acto interviron tamén o alcalde da Estrada, José Dono, o director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e o secretario xeral de política lingüística, Anxo Lorenzo. Este último desexoulle sorte a Antón Lopo cun xénero, o da ciencia-ficción, que cualificou de complicado. Son de agradecer os consellos e os ánimos de alguén especialista no tema.

sábado, 17 de xullo de 2010
Kurt Gödel versus Antón Lopo
Kurt Gödel (1906-1978) foi o matemático máis hipocondríaco da historia. Contan as súas biografías que polo medo a que a comida estivese envelenada, deixou de alimentarse e a acabou os seus días morrendo de fame. . Probablemente o retrato que aparece aquí sexa indicativo da súa personalidade.A pesar de todo foi un dos matemáticos máis importantes do século XX. Para entender algunha das súas aportacións cómpre un repaso xeral á historia das matemáticas.
A civilización grega puxo os alicerces tanto a teoría de magnitudes e proporcións como a xeometría, a ciencia do espazo. Os matemáticos medievais a foron construíndo no trancurso de varios séculos outra póla das matemáticas, a coñecida como álxebra. No Renacemento Descartes e Fermat farían o que parecía unha milagre científica, construir a xeometría analítica que demostraba que álxebra e xeometría eran dúas caras dunha mesma moeda. Deste xeito, problemas que levaban séculos sen poder ser resoltos, acababan reducidos a simples exercicios escolares; tal era o poder da xeometría analítica que permitiu reducir a ciencia xeométrica ás ecuacións alxébricas. Pero, así como co novo descubrimento, os dous pés sobre os que se asentaban as matemáticas se fundía nun só, este mesmo avance sería o que permitiría que se albiscara unha nova forma de traballar nesta ciencia, sería o cálculo diferencial creado por Newton e Leibniz. Este novo cálculo naceu con críticas sobre os seus fundamentos desde os seus primeiros tempos, no entanto foron tantos os seus éxitos que incluso se pode afirmar que é o cerne da física moderna.
No século XIX cambia a visión da ciencia. Ernst Match amosa como deducir o esencial da física a partir das matemáticas, e nestas, prodúcese un proceso de rigor que co tempo acabaría chamándose aritmetización do cálculo, pois foi visto en perspectiva foi isto o que sucedeu. Efectivamente, o cálculo podíase fundamentar na aritmética. Que pasa o mesmo coa álxebra, que non é máis que un proceso de xeneralización e abstracción da aritmética, podía entendelo calquera.
Con este panorama a principios do XX bastaba con atopar a rocha firme sobre a que se asentaba, por fin, a aritmética. Ese foi o traballo que desenvolveron fundamentalmente o nobel de literatura Bertand Russell e Alfred Whitehead, os autores do enorme Principia Mathematica, un tratado en tres tomos no que se explica paso a paso como os instrumentos da lóxica fundamentan a aritmética. Para comprender mellor ata que punto se desenvolvera o rigor nas matemáticas, moitas veces coméntase que nesta obra de Russell-Whitehead non se chega a demostrar que 1+1=2 ata a páxina 362.
O edificio da ciencia estaba rematado. A xeometría pódese explicar mediante a álxebra, ésta e o cálculo diferencial aséntanse sobre a aritmética e, por fin esta última ten os seus alicerces na lóxica que establece os cimentos da gran estrutura científica. Pero chegou Gödel e nun pequeno traballo do ano 1931 destroza todo o edificio anterior. Demostra que se dispoñemos dunha lóxica que nos permita usar os números, facer sumas e produtos, entón ou ben 1+1=3, ou ben nunca poderemos estar completamente seguros de que 1+1=2. A partir dese día a ciencia terá que vivir para sempre acompañada da incertidume.
E a que vén todo este discurso sobre Gödel? Pois o caso é que este foi o pseudónimo que usou Antón Lopo para asinar a novela gañadora do premio literario García Barros que concede o Concello da miña vila, A Estrada, en colaboración coa editorial Galaxia. Parabéns ao gañador, agardamos ter pronto a novela nos nosos andeis, ten boa pinta.
Segundo informa Galicia Hoxe, o título da obra é "Obediencia", unha novela de ciencia-ficción ambientada na Galicia do século XXII, o Premio García Barros, que concede o Concello da miña vila, A Estrada en colaboración coa editorial Galaxia. Parabéns ao gañador.
Galicia. Século XXII. Compostela é unha cidade-estado independente e republicana, a capital, controladora e orweliana, dun territorio desértico e desolador onde a resistencia lle fai fronte á tiranía da capital. Neste contexto futurista desenvólvese Obediencia, a imaxinativa e cativadora creación de Antón Lopo, que acaba de gañar, baixo o lema Gödel, o premio Manuel García Barros de novela, que convoca o Concello da Estrada. Con esta novela ciencia ficción o autor monfortino volve sorprender nun traballo marcadamente de xénero "e non excesivamente fácil", confesa emocionado logo de saber do recoñecemento. Igual que noutras novelas como Ganga ou O riso de Isabel Hill, Lopo tece un universo imaxinario con historias paralelas.
En Obediencia, na que o xurado destaca a súa habilidade para trasladar o lector a unha Galicia de futuro, usando a linguaxe das matemáticas ou do cinema, Lopo fala de conceptos como igualdade ou liberdade. "A novela transmite a frustración de futuro. Nestes momentos en que as mentes máis reticulares e mesmo os fascismos se apropian da palabra liberdade, cómpre reformulala", di Lopo, para quen se está a perder a solidariedade como valor. "A liberdade non é só elixir entre Woolite e Norit. Contra ese dogma que nos envolve, esa manipulación idelóxica e de control insidioso, é necesario accionar", engade.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)