Este vídeo é obra do alumnado de FP Básica de Administración e Ciclo Medio de Automoción do IES de Vilalonga (Sanxenxo), gañadoras do 1º Premio do "Concurso 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero" convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Sanxenxo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sanxenxo b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 25 de novembro de 2021
mércores, 27 de xuño de 2018
As grafías tradicionais do topónimo 'Sanxenxo'
por Luz Méndez no portal da RAG:
O nome da vila de Sanxenxo provén de SANCTUM GENESIUM, o acusativo do nome do santo a quen está dedicada a parroquia de Padriñán, á cal pertencen. Corresponde a Sanctus Genesius de Arlés, un santo francés, morto a principios do século IV e que tivo un culto temperán en Hispania.
Toponimia galega
por Mª Pilar García Negro, en La Voz de Galicia:
O único artigo prescritivo da Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983) é o que estabelece como única forma legal dos topónimos galegos a súa xenuína, isto é, a galega, xa que á lingua galega pertencen. É por isto deplorábel que, en pleno século XXI, se discuta ou deforme o que unha lei que cumpriu 35 anos de vixencia -que non de aplicación- estipula verbo dos nomes de lugar galegos, orixe, en tantos casos, dos antropónimos correspondentes. Que unha institución académica española, como a RAE, ditamine que tal principio básico poda ser vulnerado, apelando ao artificio dunha adaptación «grafofonolóxica» ao español (!) mostra ás claras até que ponto as mínimas verdades histórico-filolóxicas poden ser alteradas en nome do imperio do idioma oficial do Estado, o español, con capacidade auto-atribuída do «ordeno y mando» sobre as linguas diferentes que están baixo o xugo da mesma estrutura política. Os académicos da RAE -entre os que se contan significados galegos, a comezar polo seu director- semellan ignorar evidencias flagrantes: tan galegos son topónimos como Celanova, Pontevedra, Chantada, Pazos, Barallobre ou Faramontaos como Sanxenxo, Rianxo, Teixeiro ou Chandrexa de Queixa. Os primeiros mencionados sobreviveron á vaga españolizadora porque, aínda sendo exóticos, podían figurar como admisíbeis no español. Os segundos posúen un fonema inexistente neste idioma. O que se practicou con eles non foi unha tradución: foi a ortopedia forzosa de adaptación á lingua española, isto é, a súa barbarización, que os converte nun híbrido indixeríbel. Como é que, en nome desa suposta adaptación, a RAE non considera lexítimos chou (inglés show) ou Yeneralitá (catalán Generalitat), xa que esa é a fonética común dos español-falantes, meios de comunicación incluídos?
martes, 26 de xuño de 2018
Señores/as da RAE: Sangenjo nin é forma legal, nin lexítima, nin castelá
comunicado de ProLingua, no seu portal:
Os pasados días 5 e 6 de xuño, a Real Academia Española publicou uns chíos na súa conta cos que respondían a unha pregunta dunha usuaria sobre a forma correcta do topónimo correspondente ao concello galego situado entre Poio e O Grove: “La grafía es “Sanjenjo” (sic), mientras que “Sanxenxo” es la grafía en gallego”. Ante a falta de ortografía que cometera a propia RAE, o día 6 corrixía: “Este topónimo tiene en español la grafía “Sangenjo”.
sábado, 9 de xuño de 2018
A Xunta renega da defensa dos topónimos galegos
Hai uns días un chío (xa borrado) da RAE xenerou moita polémica:
A resposta foi múltiple e indignada. Pero como a zunia sempre ten que estar demostrando que o é, a resposta da Real Academia Española foi a de rectificar parcialmente, para insistir na deturpación
Se o 5 de xuño a grafía era *Sanjenjo, o 6 de xuño pasou a ser *Sangenjo. Son as cousas das linguas como o castelán, que cambian dun día para outro. Con esta inseguridade lingüística eu recomendaríalle aos que aínda falan nesa lingua, que comenzaran a valorar seriamente facer a súa vida en galego, xa que nesta nosa lingua non se dan eses bailes aleatorios.
Con todo, o empecinamento da RAE é de
Aunque hay documentación histórica de ambas grafías, la que ha quedado fijado como forma tradicional española es «Sangenjo».
Ante este agravio houbo varias institucións que responderon. A Deputación de Pontevedra consideraba que non se trataba dunha cuestión de grafía, senón de respecto, ao tempo que consideraba escandalosa a recomendación da RAE "fóra de usos oficiais". A Academia Galega tamén interveu establecendo que só recoñece a forma "Sanxenxo", e que éste é un topónimo galego e ésta é a única forma recoñecida.
Nin a Xunta, nin a Consellería de Cultura e Educación, nin a Secretaría Xeral de Política Lingüística interviñeron para defender a lingua galega. Isto é o máis terrible do episodio, mais tamén isto é o que ven sendo habitual pois parece que estes organismos están do lado dos agraviadores. As razóns de por que isto é así poden sacarse do seguinte vídeo, no que o ex-presidente do goberno español, Mariano Rajoy anunciaba que deixaba de dirixir o PP. Nun momento da rolda de prensa fai referencia a este partido:
"yo se lo he dao todo desde hace muchos años. Hace 40 yo pegaba carteles en el municipio pondevedrés de *Sanjenjo/*Sangenjo"
Se aqueles que nos gobernan son os que renegan da lingua, pouco importan leis e normas, os agravios ao galego están garantizados e serán defendidos por moitas razóns que se lles poñan por diante, sexan éstas lóxicas ou legais, non importará. Soldados e capitáns réxense todos por unha mesma ideoloxía, a do supremacismo lingüístico.
Para que despois digan que hai que deslindar a lingua da política. Ben se ve que é imposible.
martes, 14 de febreiro de 2017
Un programa de Radio Abrente
Onte foi o Día mundial da radio, o mellor momento para compartir estre programa radiofónico realizada polo alumnado do Colexio Abrente (Sanxenxo). Normal que a serie de programas de radio que realizan se chame Radio Abrente.
Teño a seguridade de que todo aquel que non se puxera a sacar adiante un programa de radio escolar, non é quen de imaxinar o traballo que ten que haber detrás. Preparación e mantemento dunha sala de gravación, elaboración dos contidos, a procura de momentos e persoas para entrevistar, a escolma de cortes musicais, o proceso de gravación e edición....
Foi grazas a un chío de Música en galego que me chegou a noticia deste programa que ben podería emitirse por calquera canle radiofónica, se non fose porque a maior parte do espazo radiofónico está tomado por emisoras que renegan da nosa lingua, unha constante no noso esquilmado panorama social. Esperemos que o futuro veña da man dos rapaces que podemos escoitar neste podcast que presentaban con estas palabras: "Queremos informar sobre a situación de risco que sofre, as causas e consecuencias. O mesmo tempo animar a profesorado, alumnado e familias a falar na lingua de Rosalía de Castro e mantela viva entre todos."

A escaleta do programa é a seguinte:
- 1º de primaria cantan "O Mercado" de María Fumaça.
- 2º de primaria din palabras bonitas en galego.
- 3º de primaria refráns e frases con retranca.
- 4º e 5º de primaria, frases para animar a falar a nosa lingua, eslogans.
- 6º rap da lingua.
- 1º da ESO, poema.
- 2º da ESO, poema.
- 3º da ESO, entrevista a Laura Sáez, da editorial Patas de Peixe.
- 3º e 4º da ESO, presentan o programa cunha reflexión sobre o galego.
Parabéns a todos os que fan posible este pequeno milagre.
venres, 12 de xullo de 2013
Playa Major en Sanxenxo
A conta de Twitter do Concello de Sanxenxo usa en exclusiva o español. Natural? Normal? A resposta de por que o fan así podédela ver aquí: "Sanxenxo es un municipio de turismo español, como nos indican los informes y estadísticas de las que disponemos"
Un par de horas despois desde a conta de Twitter rectificaron e botaron o seu primeiro chío en galego: "Xa que temos tantos seguidores galego-falantes a partires de agora tuitearemos nas dúas línguas oficiáis de Galicia e non só nunha delas" . Parecen sorprendidos de que, sendo a conta oficial dun concello galego, teñan tantos seguidores galegófonos. Esta redacción dános a medida dos prexuízos instalados na oficialidade dun concello que debería ser o primeiro promotor da lingua de noso. Esperemos que polo menos cumpran co prometido.
Pero resulta que na conta de facebook dese mesmo concello pasa exactamente o mesmo: todas as mensaxes aparecen exclusivamente en castelán...
Pero é que ademais o seu portal web fai exactamente o mesmo. Se clicamos na opción para ver o portal en galego aparécenos a seguinte mensaxe: en construcción [sic], a mesma que se intentamos visualizar a pantalla en alemán.
No súmmum do disparate, o web oficial do concello de Sanxenso ofrécennos información sobre lugares tales como a Playa Major, na parroquia de Noalla: "La playa de major se encuentra en el lugar del mismo nombre". Pódese comprobar que non é nada fácil pesquisar polo topónimo orixinal e o único que é oficial xa que, por exemplo, non se atopa no buscador de topónimos da Xunta. E se botamos man da información que sobre as parroquias nos dá o propio Concello, estamos aviados, porque volve aparecer o lugar de Major entre os da parroquia de Noalla.
Eu sospeito que, pola relación que vén na galipedia, o nome da praia será Magor.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)