Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta defuntos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta defuntos. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de novembro de 2019

Os mortos non falavan castelao

por Iolanda Teixeiro, na Praza Pública:

Na Galiza acontecen cousas que non se dan en ningunha outra terra do mundo. Estou certa que en ningures son quen de normalizar unha lingua nun cemiterio. Porén a noite dos mortos deste ano a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o concello de Paradela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, descubrirán unha placa no cemiterio parroquial de San Facundo de Ribas de Miño para celebrar a estrana circunstancia de que este sexa o único cemiterio de Galiza con todas as lápidas en galego.

domingo, 3 de novembro de 2019

venres, 1 de novembro de 2019

As mortes e sepulturas d@s ilustres galeg@s



Velaquí a particular visión de Aquel-e das tumbas dos máis ilustres defuntos galegos. Desde Boisaca, Santo Amaro, ao seu Rianxo ou o inevitable Panteón de Galeg@s Ilustres. 

venres, 2 de decembro de 2016

A lingua das tumbas

por Xosé Antón Jardón, no Praza Pública:

"As campás da catedral iniciaron o toque da agonía, o laio funeral por unha alma a punto de render contas” (Ilustrisima, Carlos Casares).

venres, 21 de outubro de 2016

Na lingua dos defuntos

por Xosé Rodríguez, no Galicia Confidencial:

A memoria lingüística dos veciños da parroquia de San Facundo de Ribas de Miño do Concello da Paradela (Lugo) está correctamente reflectida no seu cemiterio. É un exemplo que non debera pasar desapercibido. Tomouse esta coherente decisión en 1997 cando a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia dicidíu levantar os enterramentos do adro da igrexa do século XII co gallo da súa restauración; trasladou os restos a un novo cemiterio, pero tivo o bo acordo de galeguizar as lápidas.

domingo, 26 de outubro de 2014

Alcaldes que dignifican a lingua

por Xosé gonzález Martínez, en La Región


O que lles conto aconteceu non hai aínda moito tempo na parroquia de San Facundo do Concello de Paradela (Lugo). Para facer unha rehabilitación do exterior dunha igrexa románica exhumaron os restos mortais soterrados no adro e trasladáronos a un novo cemiterio construido noutro lugar. A comisión parroquial decidíu algo que deica hoxe era insólito: puxeron nos respectivos nichos cadansúa lápida cunha inscrición en lingua galega. Este feito non foi comentado en ningún medio de comunicación. Eu quero renderlle a esa comunidade parroquial o merecido recoñecemento por ter restaurado a memoria lingüística da parroquia.

luns, 4 de novembro de 2013

Morrer en galego. Vivir en galego

por Francisco Castro en Praza Pública:


Como a vida é así, tocoume hai unha semana a morte da miña nai. Tiven que facerme cargo de toda a loxística asociada ao seu pasamento.

domingo, 3 de novembro de 2013

Eu fago voto de fidelidade, aínda outra volta, á lingua galega

por Xaquín Campo Freire, no Sermos Galiza:


Amigos: Acabo de ler nun xornal dixital un artigo: Galegos para sempre, do que che recomendo a lectura: “Galegos e en galego tamén despois da morte. O galego é a lingua maioritaria no país, pero a penas existe nos camposantos. Contra esta eiva, hoxe lánzase a campaña "Galegos para sempre", na que colaboran varias funerarias e unha parroquia de Carballo. Por Galicia Confidencial | Carballo | 30/10/2013”.

martes, 22 de outubro de 2013

Día da restauración da memoria lingüística de Galicia

por Xosé González Martínez, en La Región:


Os lugares máis evidentes da desmemoria lingüística de Galicia son os cemiterios. Por incomprensible que poida parecer a 'parroquia dos mortos' non fala a mesma lingua que a dos vivos.

luns, 24 de outubro de 2011

Últimas vontades

A Mesa anuncia que na tardiña do vindeiro 28 de outubro, no pontevedrés Pazo da Pedreira desenvolverase un acto de sinatura colectiva de últimas vontades. Unha boa iniciativa. Polo menos, deixar este mundo con algo de dignidade.

Con motivo da proximidade da data de Santos, o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) desa cidade organizan, coa colaboración do colectivo "Galegos de por vida" e do notario de Pontevedra Luís Darrieux, un acto que se vai celebrar no Pazo da Pedreira, o vindeiro venres 28 de outubro, á tardiña.

O acto consistirá na sinatura ante notario do texto que vos achegamos a seguir. Se queredes participar no acto de sinatura pública, podedes enviarnos o voso nome completo xunto co número do DNI. Ese día teredes que levar o voso DNI, xunto cunha fotocopia para lle entregar ao notario.

Eis o texto proposto:

"Entendemos que a normalización lingüística debe abranguer todos os eidos da existencia das galegas e dos galegos sobre a terra, incluso aqueles arredor do intre da extinción da persoa. Entendemos que o exercicio da galeguidade e o noso compromiso individual ou colectivo coa terra e a lingua debe ser continuado e sen desfalecementos ata a mesma morte. Somos conscientes da enorme perda de identidade cultural e histórica, incluso das contradicións e incongruencias que acontecen en todo o relacionado cos actos fúnebres onde, paradoxalmente, a persoa xa desaparecida semella renegar da lingua nai que defendeu, empregou e aproveitou en vida.

Por iso, as persoas aquí presentes, abaixo asinantes, convocadas polo Concello de Pontevedra e pola Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) no Pazo da Pedreira da cidade de Pontevedra, o día vinte e oito de outubro de dous mil once, manifestamos o seguinte:

"Que a lingua galega é a miña lingua, a lingua do pobo ao que considero pertencer e a lingua que quero que me acompañe ata a morte.

Que achegada a hora do meu pasamento, quero que todo o relativo ao meu funeral e enterro sexa realizado exclusivamente en lingua galega e, polo tanto, pido á miña familia, ás autoridades relixiosas e civís e aos servizos funerarios que fagan en lingua galega canto teñan que facer, público ou privado, oral ou escrito.

Que, se terceiras persoas, sexan da familia ou autoridades relixiosas ou civís, tentasen impedir a realización desta miña derradeira vontade, pido a calquera outro familiar, amiga ou amigo que tivese coñecemento deste desexo meu, que tome todas as medidas  para facelo cumprir e, en caso de absoluta imposibilidade, que faga que se me enterre en silencio."