Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Asturias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asturias. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de xullo de 2025

40 anos de placebo normalizador?


 por Xosé-Henrique Costas, no Nós Diario:

En 2024, Alberte Facal realizou 367 enquisas sociolingüísticas nos 18 concellos galegófonos do Eo-Navia para analizar alí a situación do noso idioma. Hai poucos días presentou os resultados nun congreso internacional en Ovedo.

xoves, 25 de abril de 2024

Paremos o exterminio do galego de Asturias


Comunicado de Prolingua:

A asociación Axuntar do Eo-Navia solicita axuda económica para acudir aos tribunais co obxecto de denunciar e tentar parar o intento indisimulado da Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) e do Goberno do Principado de Asturias de eliminar o glotónimo oficial e legal galego-asturiano ou galego/asturiano (así desde a Lei 1/1998, de 23 de marzo, de uso e promoción do bable/asturiano, BOPA de 28 de marzo) e substituílo polo ilegal “eonaviego”, para eliminar así toda conexión co galego e facilitar a súa absorción polo asturiano pola vía dos feitos consumados.

 

https://axuntar.eu/pararlles-os-pes-campana-de-axuda-al-gallego-de-asturias/

 

venres, 24 de marzo de 2023

Axuntar estrea web

 


Onte, que o profesor Xosé-Henrique Costas publicaba este artigo sobre as estratexias de exterminio do galego en Asturias, a asociación Axuntar esteaba espazo web. Nela destacamos varios apartados.

Como é habitual neste tipo de xanelas ao público, explícase que é Axuntar;

asociación prá normalización del galego de Asturias, é úa iniciativa que ten como obxectivo a conservación e promoción del uso da lingua propia da comarca asturiana del Eo-Navia que, dende ámbitos filolóxicos, responde al xeotipo galego e forma parte claramente del bloque oriental del antedito idioma, diferenciando que úa cousa é a lingua e otra a política e a frontera administrativa.

Tamén teñen un apartado sobre as actividades que desenvolven, un novo formato para a bitácora que viñan mantendo ata o momento, así como un espazo para os socios, outro de contacto e un último de afiliación

Ademais deste portal manteñen un perfil activo en varias redes sociais que se poden ligar desde o mesmo portal.

martes, 16 de agosto de 2022

A fronteira do Eo

 


por Luís Manuel García Mañá en La Región:

Veño de pasar uns días nesoutra fronteira astur-galega, unha fronteira entre Comunidades veciñas. Unha raia que se entende mal, que non se explica a razón pola que foi marcada -onde está- por Javier de Burgos, aló polo ano de 1833, xa que a paisaxe é a mesma, as persoas teñen semellante cultura antropolóxica e a fala non se distingue da doutro lado. 
 

domingo, 23 de xaneiro de 2022

Galegofalantes nas Asturies

 


por Xoán-Antón Pérez Lema en Nós Diario:

É unha realidade case tautolóxica que o uso das diversas linguas non se axusta con exactitude ás fronteiras administrativas. É unha evidencia científica, ratificada dende os tempos de Dámaso Alonso nos anos 40 do século XX por todos os dialectólogos, que o galego que falan uns 40.000 cidadáns asturianos (5% da poboación das Asturies) dos 19 concellos do oeste do Principado é unha variante dialectal do galego, o galego oriental, que partillan tamén os galegofalantes do Berzo e da Seara (administrativamente en Castela-León) e os galegos da parte máis ao leste da Galicia administrativa.

 

A prol do galego de Asturias

 por Víctor F. Freixanes en La Voz de Galicia:

No ano 2002, a Real Academia Galega celebrou o Días das Letras en Vilafranca do Bierzo. Lembrabamos a figura e a obra do Padre Martín Sarmiento, que naceu naquela vila en 1695. As autoridades de Vilafranca agasallaron a súa memoria, acolleron os actos que programou a RAG, complementáronos con outras iniciativas e, dende entón, todos os anos compartimos algunha actividade naquelas terras, que politicamente pertencen á comunidade de Castela e León, mais que saben que forman parte dunha irmandade común. En total son quince concellos maioritariamente galegofalantes (Barxas, Cacabelos, Carracedelo, Corullón, Ponte de Domingos Flores…) e outros oito nos que o galego ten algún menor uso. En 1976, os autores do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) percorreron aquela comarca documentando as falas en cinco concellos. Igual se fixo no occidente de Asturias, entre os ríos Eo e Navia, territorio no que o galego ten tamén expresión propia en 18 concellos, algo do que xa falaba Manuel Murguía no século XIX e que Dámaso Alonso en 1943 identificou como «gallego de la Asturias occidental», tamén galego-asturiano, denominación acuñada en toda a lingüística hispánica. O glotónimo eonaviego é un neoloxismo creado a finais dos anos 90 dende o galeguismo lingüístico e promovido despois dende a Academia da Llingua Asturiana, nun afán por distanciarse da memoria común e afirmar unha especie de lingua autónoma entre o galego e o asturiano.

 

domingo, 31 de outubro de 2021

Glotofaxa


Falso documental que, mediante un cambio de papeis, mostra espidos os argumentos dos negacionistas da normalización. O vídeo foi realizado nun curso da UABRA (Universidá Asturiana de Branu) no ano 2015. 
Chegoume a través dun dos seu protagonistas, Damián Barreiro

sábado, 12 de outubro de 2019

¡Préstame pola vida!



Reciella, Families pol Asturianu organiza o VII Dia de la Reciella, que se celebrará o vindeiro día 13/10/19 no Muséu del Pueblu d’Asturies (Xixón). ¡Préstame pola vida! é o tema oficial desta VII edición.
Préstame pola vida dicítelo n’asturianu 
Voi garrate de la mano y falate a la oreyina.

mércores, 9 de xaneiro de 2019

A consideración ofcial do galego en Asturias

por Xosé-Henrique Costas, nas Voces de ProLingua:

1.- TIPOLOXÍA LINGÜÍSTICA



Desde sempre, a lingüística e a filoloxía románicas estableceran que as variedades lingüísticas empregadas en Asturias entre os ríos Eo e Navia eran de filiación galega, continuidade natural do galego nororiental de Lugo [véxanse as páxinas 29-40 do Informe lingüístico sobre a nosa Terra Eo-Navia, da Asociación Abertal (2007) https://anl.uvigo.gal/opencms/export/sites/anl/anl_gl/documentos/E_INFORME_EONAVIEGO.pdf]. Isto foi algo que nunca se discutira.


sábado, 30 de xaneiro de 2016

A nova marxinación do galego de Asturias

por Xosé-Henrique Costas González e Francisco Fernández Rei, Membros da Cerna de ProLingua:

O pasado 22 de xaneiro estivemos en Oviedo para xulgar unha tese de doutoramento. Ese mesmo día fomos sabedores da publicación (por fin) do IV Informe do Comité de Expertos do Consello de Europa sobre o cumprimento en España da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Real Academia Galega e Academia de la Llingua Asturiana. Cuestións ortográficas e escolares

por Xoán Babarro González, no web da RAG:

Un neno da Uttar Pradesh alfabetizado unicamente en hindi non pode ler o que escribe outro que utilice para a expresión escrita o urdu, por máis que nada lles impida entendérense nos xogos. Unha revista escolar da Transnistria resulta hoxe escura no resto das escolas de fala romanesa de Moldavia e Romanía ao utilizar para a lingua moldava (лимба молдовеняскэ / limba moldovenească) caracteres cirílicos en lugar de latinos. E nos nosos dominios, sen chegarmos a tales extremos, un neno asturiano de Taramundi ou Santiso de Abres pode aprender na escola unha regra ortográfica contraria á que utiliza un primo seu da Pontenova ou Trabada.

sábado, 17 de xaneiro de 2015

El cantar del vasu



Non se trata dunha adaptación máis do popular tema Cup Song, ten un valor engadido, tal e como o tiña esa outra adaptación que fixeran no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz). É un proxecto didáctico feito con todo o cariño pola tradición e transmisión da mesma. Iso é o que representa precisamente esa coreografía do vaso pasando dunhas mans a outras.
A iniciativa tivo os seus precedentes noutras semellantes reivindicando o gaélico e o eúskaro. Nesta ocasión a un vídeo magníficamente realizado súmase unha plataforma dixital creada ex profeso. Nela podemos atopar desde unha coidada explicación do proxecto ata un vistoso e atractivo logo creado para adornar os vasos que protagonizan a acción.
Colaboran no proxecto cantantes e xogadores dos equipos de fútbol asturianos.Tamén dispoñen de contas nas distintas plataformas dixitais e un apartado de noticias no que se recollen traballos de distintos centros escolares. Unha alfaia, feita con cariño, ilusión e profesionalidade.

Vía Damián Barreiro

xoves, 12 de decembro de 2013

'Fronteiras', un documental, dous documentais, tres documentais.



Non é a primeira vez que recollo este documental realizado no 2007 por Rubén Pardiñas, Fronteiras. Se repito é por varias razóns. Unha, que veño de ver recollido un apunte sobre el no blogue Trafegando Ronseis. Outra, que ao fío desta achega fun remexer no caixón desta Carta Xeométrica onde hai xa 42 meses falaba deste mesmo marabilloso documental e resulta que o vídeo desaparecera por completo. Cousas da ultrarápida obsolescencia tecnolóxica.
Hai outro, tamén marabilloso, documental realizado no 2006 titulado Fronteiras que trata dos problemas territoriais e identitarios da zona asturiana.
Para continuar co tema, hai ben bouco deixei por aquí A terceira póla, outro traballo de Rubén Pardiñas. Neste caso datado no 2008 e como indica no subtítulo, un recanto da fala galega en Extremadura.