O alumnado de Artes Escénicas do IES A Basella (Vilanova de Arousa) realizou este traballo, "25 N: Testemuñas do malatrato", baseado no libro "invisibles" de Montse Fajardo. A música, de Ángel Paz, tamén está inspirada neste libro
Este vídeo é obra do alumnado de FP Básica de Administración e Ciclo Medio de Automoción do IES de Vilalonga (Sanxenxo), gañadoras do 1º Premio do "Concurso 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero" convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia.
No CPI Mosteiro-Meis (Meis) elaboraron dúas pezas audiovisuais para o 25 N. Son dúas curtas cheas de mensaxes para afrontar os prexuízos de xénero e tamén son vídeos moi ben coidados, cunha realización de premio.
É o momento de ver o audiovisual premiado no concurso de imaxes gráficas e audiovisuais convocado pola Xunta con motivo do 25N, “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”,
O pasado 25N celebrouse o Día contra a violencia machista. Tamén se fixo nos centros de ensino (aplausos para todos os que programaron algunha actividade de concienciación nesta data) pero, e agora vén a crítica, sei de non poucos casos nos que o galego estivo ausente. Elaboraron carteis, realizaron vídeos, ensaiaron cancións, programaron conferencias... pero en castelán. Noutras palabras, aproveitouse o Día contra a violencia machista para aplicar a violencia lingüicida.
Xa teño comentado nalgunha outra ocasión que se pode establecer un paralelismo entre a situación da muller e o da lingua galega. Nos dous casos hai discriminación e nos dous casos podemos escoitar discursos compensatorios dos supremacistas establecendo idealizacións (da muller/do galego) mentres que, a un tempo, xustifican actitudes marxinadoras.
O vídeo desta entrada representa a boa forma de facer as cousas. Foi o pasado 25N, no meu centro, o IES Antó Losada (A Estrada). A idea partiu de Ruth, a titora de 2º ESO B, quen elaborou a letra para a música de Guadi Galego. O Coro do centro e todo o alumnado que quixo sumarse, xuntouse no vestíbulo e cantou así de ben esta marabilla. Non canso de oíla.