Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Rois b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rois b>. Amosar todas as publicacións
venres, 8 de abril de 2022
venres, 18 de febreiro de 2022
Nomes, de Florencio Delgado Gurriarán
Madrugaron este ano no CPi dos Dices (Rois). Sempre nos agasallan co seu Telexornal das Letras. Desta vez fan un adianto con este recitado de Miro Villar dun poema de Florencio Delgado Gurriarán, a quen lle adican o Día das Letras deste ano
venres, 16 de abril de 2021
Telexornal Xela Arias
Outro ano máis chéganos o Telexornal das Letras desde o CPI dos Dices (Rois). Desta vez as novas céntranse en Xela Arias. Entrevistan a Manuel Bragado, Chus Nogueira, Ana Romaní, Fran Alonso, Celia Torres, Iria Taibo, Yolanda Castaño e Laura Romero.
Excelente traballo no se se enxerga que a alumna Sara Barreiro será unha excelente presentadora da TVG
venres, 17 de abril de 2020
Telexornal Carvalho Calero
A pesar das circunstancias, outro ano máis, o Departamento de Lingua e Literatura Galega do CPI dos Dices (Rois), achéganos a figura do Día das Letras nun Telexornal. Poderemos ver entrevistas a Xosé Luís Axeitos, Alfonso Vázquez Monxardín, Xulio Xiz, Araceli Herrero, Paulo Fernández Mirás, Miro Vilar, Eduardo Maragoto, Laura Tato Fontaíña e Ramona Giráldez
xoves, 30 de maio de 2019
Paseo matemático e xeolóxico por Santiago
Julio Rodríguez Taboada explica moi ben en que consite un paseo matemático. Trátase de ir pola rúa observando os elementos matemáticos que hai polo percorrido que se realice. Javier Santiago Caamaño fai o mesmo, pero agora usando as gafas da xeoloxía nese paseo. Os dous acompañan ao alumnado do CPI Os Dices (Rois) e nós podemos facelo tamén mediante esta admirable peza audiovisual.
Simetrías, elipses, círculos, traxectorias dos planetas, catenarias, determinación da altitude sobre o nivel do mar, GPS, cantidade de persoas nunha manifestación na Quintana, o cadrado dunha suma, calendarios, espirais,... Todo iso respecto das matemáticas polo que hai que temos que engadirlle as rochas graníticas, o Pórtico da Gloria e a orixe das pedras que o forman, a construción en pedra, o efecto da auga e o sal no granito, as anfibolitas, o gas radón,...
Estou seguro de que o alumnado que participou da xornada aínda non é quen de apreciar en que medida son afortunados por poderen disfrutar desta xornada. Pero tamén teño a certeza de que, cando dentro duns poucos anos, volvan a remexer neste vídeo, fagan memoria do acontecido ou simplemente vexan outra vez as elipses polas rúas compostelanas, lembrarán con agradecemento todo canto aprenderon.
luns, 13 de maio de 2019
Telexornal Antonio Fraguas
O clásico Telexornal do CPI Dices (Rois) sustentado no bo facer de Luís Aldegunde, sobre o personaxe do Día das Letras. Nesta ocasión tócalle a Antonio Fraguas Fraguas.
Participan Malores Villanueva, X. M. González Reboredo, Clodio González, Xusto Beramendi, Rosa Mª Méndez, Héctor Cajaraville e Rosario Álvarez.
sábado, 7 de abril de 2018
Telexornal María Victoria Moreno
Un ano máis chega desde o CPI dos Dices (Rois) o telexornal da figura homenaxeada no Día das Letras, dirixido por Luís Aldegunde. Un gran equipo e un gran resultado.
Supoño que a RAG non tardará en facerlles un contrato indefinido.
Nesta ocasión contan coa intervención dos escritores Xosé Antón Neira Cruz, Montse Pena Presas, Xesús Rábade Paredes, Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Susana Sánchez Arines, a profesora da USC Blanca Ana Roig Rechou, e o tradutor Xavier Senín. Non se pode perder.
sábado, 13 de maio de 2017
Telexornal Carlos Casares
Un ano máis chegou o telexornal das Letras desde co CPI de Rois. Ademais, desta volta trae outro agasallo audiovisual, a reportaxe "A miña obra favorita de Carlos Casares"
sábado, 2 de abril de 2016
Telexornal Manuel María do CPI Os Dices
Cando hai un par de semanas nos chegou o anuncio deste Telexonal, xa se enxergaba o que agora xa podemos disfrutar. Unha peza audiovisual de visión obrigada nos centros de ensino, que asombrosamente, mellora cada ano. Vailles dar envexa aos profesionais da TVG,
Poderíamos asegurar que este é o telexornal case-ofical do Día das Letras. Chéganos, coma sempre, do CPI Os Dices (Rois). Moi dinámico con conexións en directo en distintos lugares tales como a rúa Tabernas ou na casa-museo de Manuel María; entrevistando a toda unha serie de personaxes que teñen moito que contar sobre a vida e a obra do poeta outeirao: Darío Xohán Cabana, Fran Rei, Alberte Ansede, Dolores Vilavedra, Alfonso Blanco, Lois Diéguez, Felipe Senén, Miguel Anxo Fernán Vello, Inma López Silva, Saleta Goi, Uxía Senlle, Mero Iglesias, José Martínez... ( e creo que se me despistou algún).
Unha peza audiovisual de visión obrigada nos centros de ensino, que asombrosamente (parece imposible), mellora cada ano. Lembremos o Telexornal Díaz Castro (+ 7 poemas de Xosé María Díaz Castro + A obra de Díaz Castro , o adicado a Roberto Vidal Bolaño (+ a obra de Vidal Bolaño), e a Valentín Paz Andrade (+ compromiso con Galiza, + supervivente).
Grazas, un ano máis ao CPI Os Dices.
Grazas, un ano máis ao CPI Os Dices.
mércores, 2 de marzo de 2016
Ciencia divertida
Os de Éche así van ter un problema. Saíronlle uns competidores que veñen pegando duro. Trátase do alumnado de 3º da ESO co CPI dos Dices (Rois). Que ben e con que facilidade explican a ciencia! E que ben montado está o vídeo!
O mellor de todo é ver como esta rapazada goza remexendo e explicando aos seus compañeiros algúns fundamentos da química e a físca.... e todo en galego.
martes, 22 de abril de 2014
Telexornal Díaz Castro. Recitado. Documental.
Neste vídeo podemos reproducir a emisión que o pasado 10 de abril realizou o CPI dos Dices (Rois). Foi un paso máis na elaboración dos programas que anualmente nos chegan desde este centro. Lembremos os telexornais adicados a Roberto Vidal Bolaño (+ a obra de Vidal Bolaño), e a Valentín Paz Andrade (+ compromiso con Galiza, + supervivente).
Nesta ocasión, ademais do telexornal, os rapaces de Rois mergulláronse nun par de audiovisuais máis. Nun deles Darío Xohán Cabana, Alfonso Blanco, Mero Iglesias, Mini, Margarita Ledo Andión e Xaquín Campo Freire recitan cadanseu poema de Nimbos.
O outro proxecto é o seguinte documental no que contamos con entrevistas a Alonso Montero, Alfonso Blanco, Armando Requeixo, Darío Xohán Cabana, Xaquín Campo Freire, Margarita Ledo Andión, Rosa Aneiros, Mero Iglesias e Mini.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)