Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Domingo Fontán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Domingo Fontán. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de outubro de 2018

Recursos sobre Domingo Fontán



Coa designación de Domingo Fontán como Científico Galego 2018 por parte da Real Academia das Ciencias de Galicia (RAGC), incrementouse a divulgación e o interese por este matemático do XIX. Ademais da revista da RAGC especialmente centrada na figura de Fontán, (portal, PDF) e o vídeo que abre esta entrada, o Consello da Cultura Galega publicou unha unidade didáctica.
Todas estas achegas súmanse ao diverso material que podemos recoller pola arañeira da rede. Velaquí se recollen algúns deses recursos.


Xeral

Artigos


Blogues


Vídeos


Libros
  • Pensamento matemático en Galicia, Edicións do Castro (1992), autor: Ricardo Moreno Castillo. Ten un capítulo adicado a Domingo Fontán.
  • 13 matemáticos galegos, Grupo Anaya (2004), autor: Ricardo Moreno Castillo. Ten un capítulo adicado a Domingo Fontán.
  • Fontán, Editorial Galaxia 2015, autor: Marcos Calveiro. IX Premio Narrativa Breve Repsol 2015. Novela biográfica con moita información, case podería pasar por un ensaio sobre a vida de Domingo Fontán.
  • A parroquia galega a partir da “Carta Geométrica de Galicia”, Minerva (repositorio institucional da USC) (2015), tese de doutoramento de María del Carmen Álvarez Monterroso
  • Carta Geométrica de Galicia 1817-2017, Teófilo comunicación (2017)
Revistas

Carta Xeométrica

martes, 5 de decembro de 2017

A Carta Xeométrica da EEI Barrionovo de Arteixo



O alumnado da EEI Barrionovo, da Pastoriza (Arteixo) cóntanos quen foi Domingo Fontán e como elaborou a chamada Carta Xeométrica, o primeiro mapa elaborado cun método matemático en Galicia, e un dos primeiros de Europa.
Parabéns aos rapaciños, e ao seu profesorado, que tivo que traballar non pouco para montar o vídeo.

venres, 27 de outubro de 2017

Domingo Fontán e a Carta Xeométrica. Recursos

Tumba de Domingo Fontán
no Panteón de Galegos Ilustres
Para poñer en evidencia o furibundo ataque ao galego que se deriva do funesto decreto do plurilingüismo celébrase todos os anos o Día da Ciencia en Galego. Desafortunadamente imos pola VIII edición, neste caso adicada ás viaxes científicas, nomeadamente a viaxe de Darwin no Beagle e a do matemático galego Domingo Fontán para elaborar o seu mapa de Galicia. Como mostra paradigmática do seu cinismo, os mesmos que manteñen a secundarización da lingua galega e fan gala decote do desprezo pola mesma, foron os promotores o pasado mes de abril dunha resolución parlamentaria para difundir a vida e obra de Domingo Fontán. Tomando este blogue o nome da Carta Xeométrica,  non precisamos deste tipo de foguetería impostada para honrar a memoria dun galego que co mapa da súa terra ocupa un lugar relevante no noso tesouro colectivo do sermos galegos. As razóns de que poidamos prescindir de disfraces está en que asumimos e practicamos acotío o compromiso sen condicionamentos coa lingua.
Únicamente coa forza do sentimento da terra pode explicarse o enorme traballo que fixo Domingo Fontán pois el sen axuda foi quen de facer un mapa científico debuxando a face de Galicia.
Cada quen ten a súa patria, e o primeiro paso para non renegar dun mesmo é poñer os pés no chan e non renegar dela. E se hoxe padecemos o mal da galegofobia debemos procurar a súa orixe no desprezo e descoñecemento da nosa xeografía, pois aquel que non sinte a terra, non fai outra cousa que odiala en todas as súas formas.

Velaquí, xa que logo, unha recompilación de material sobre Domingo Fontán e a Carta Xeométrica.

Xeral


Artigos


Blogues


Vídeos


Libros
  • Pensamento matemático en Galicia, Edicións do Castro (1992), autor: Ricardo Moreno Castillo. Ten un capítulo adicado a Domingo Fontán.
  • 13 matemáticos galegos, Grupo Anaya (2004), autor: Ricardo Moreno Castillo. Ten un capítulo adicado a Domingo Fontán.
  • Fontán, Editorial Galaxia 2015, autor: Marcos Calveiro. IX Premio Narrativa Breve Repsol 2015. Novela biográfica con moita información, case podería pasar por un ensaio sobre a vida de Domingo Fontán.
  • A parroquia galega a partir da “Carta Geométrica de Galicia”, Minerva (repositorio institucional da USC) (2015), tese de doutoramento de María del Carmen Álvarez Monterroso
  • Carta Geométrica de Galicia 1817-2017, Teófilo comunicación (2017)
Carta Xeométrica
Post Scriptum

xoves, 6 de xullo de 2017

Galicia, ante o seu espello cartográfico

por Xesús Fraga, en La Voz de Galicia:


Hai mapas que ademais de representar un territorio chegan a erixirse nun dos seus símbolos. Un caso paradigmático é a Carta Geométrica de Galicia que en 1834, tras 17 anos de traballo, rematou o xeógrafo e matemático Domingo Fontán. Non só foi un traballo pioneiro que marcou un fito cartográfico e sobre o que se basearon dende estradas ata o ferrocarril, senón que o seu encontro situou a non poucas persoas ante o espello de Galicia. Cunqueiro atopouno de mozo no Instituto de Lugo: «Allí estaba mi tierra, la tierra de mi vocación y mis días, la tierra temporal y la eterna, la tierra que mi lengua -la tierra de mi oscuro acento labrego- necesitaba para soñar». Case dez anos despois, Ramón Otero Pedrayo publicaba Arredor de si, a gran novela da Xeración Nós, e na que o seu protagonista, Adrián Solovio, leva o mapa de Fontán ao leito de morte dun parente. Unha fascinación que se mantén hoxe: Miguel-Anxo Murado emprega como fío condutor do ensaio Otra idea de Galicia a Fontán, de quen Marcos Calveiro escribiu unha biografía novelada.

domingo, 7 de setembro de 2014

Que o mapa de Fontán nos ilumine

por Manuel López Foxo, no Sermos Galiza:

Andamos perdidos, desorientados, sen brúxula, sen saber se estamos en Tagen Ata ou imos cara a Terra Ancha. De verdade, creo que nunca tan necesario nos foi o mapa de Domingo Fontán, a Carta Geométrica de Galicia daquel sabio e humanista galego que se adiantou ás imaxes de satélite e á maioría dos países europeos máis desenvolvidos da súa época, situándose na vangarda científica de Europa, e ao que, por certo, ninguén lle vai pór nunca unha soa flor na súa tumba, nin sequera unha queiroga en flor de calquera dos montes aos que el subiu para levar a cabo esta descomunal tarefa. Somos así.

sábado, 24 de marzo de 2012

Domingo Fontán

Documental do ano 1996 sobre Domingo Fontán, autor da Carta Xeométrica de Galicia. Primeira parte:



Segunda parte: sobre a confección do seu mapa de Galicia


Terceira parte: actividade política e os seus últimos anos de vida


Vía Fundación Domingo Fontán

xoves, 14 de abril de 2011

A miña patria

Non é a primeira vez que escapo do tema da lingua neste blogue, e se o fago é únicamente para falar precisamente deste blogue, en concreto do seu nome.
A 'Carta Xeométrica' foi elaborada polo matemático Domingo Fontán. Acabo de ver aquí e aquí unha nova aplicación informática que nola achega con moi boa resolución, trátase dos fondos cartográficos do IGN. Unha boa mostra disto é esta captura de pantalla que puxen aquí, na que aparece un anaquiño do mapa de Fontán, precisamente o da aldea da que el era natural: Porta do Conde, do concello pontevedrés de Portas, próximo a Caldas de Reis. Pódese comprobar que Fontán, lonxe de renegar das súas orixes, explicitou na súa mellor obra  a  reivindicación da autoría da Carta Xeométrica que lle levou dezasete anos da súa vida. Así, Fontán asina o traballo precisamente indicando que a aldea de Porta do Conde era a Patria do Autor.
Únicamente coa forza do sentimento da terra pode explicarse o enorme traballo que fixo Domingo Fontán pois el sen axuda foi quen de facer un mapa científico debuxando a face de Galicia cando na altura a única referencia que había era
Cada quen ten a súa patria, e o primeiro paso para non renegar dun mesmo é poñer os pés no chan e non renegar dela. E se hoxe padecemos o mal da galegofobia debemos procurar a súa orixe no desprezo e descoñecemento da nosa xeografía, pois aquel que non sinte a terra, non fai outra cousa que odiala en todas as súas formas.

Máis información sobre Domingo Fontán: Fundación Domingo Fontán, e Domingo Fontán, Domingo Fontán, matemático sublime (artigo en El País o 1/04/2011) Porta do Conde, capital da cartografía de Galicia (artigo en Lecer do 10/04/2011), Domingo Fontán na actualidade (artigo en Lecer do 11/04/2010),